O tema elixido polo alumnado para o PDI proposto pola biblioteca foi o mundo natural, concretamente sobre os animais que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade como especie.
O proxecto que realizamos na clase de relixión levou por título Nós tamén queremos salvar os animais.
Traballamos a partir dos relatos bíblicos do libro da Xénese.
OBXECTIVOS:
Recoñecer a Biblia como libro sagrado para os cristiáns.
Coñecer os mitos da Creación do libro da Xénese: os dous relatos da Creación, a historia de Adán e Eva no Xardín do Edén, a expulsión do Paraíso e o relato do Diluvio Universal
Reflexionar sobre estas pasaxes, incidindo na historia da Arca de Noé.
Entender que estes relatos ensinan que as persoas non somos "propietarias" da natureza, que o universo é un todo estreitamente relacionado e que é necesario preservar o equilibrio que o sostén: debemos protexer o mundo natural.