Os alumnos de 3º curso eleximos como animal en perigo de extinción o Arao.
Comezamos o noso proxecto facendo reunións co resto dos compañeiros no Espazo Maker do noso colexio, e facendo votacións para tomar decisións.
Despois decidimos facer como producto final, unha obra de teatro na cal aparecese dito animal e outros moitos. A continuación traballamos sobre os personaxes que ían aparecer na nosa obra, repartimos as esceas da obra e cada grupo escribíu unha parte.
A continuación fomos á aula de informática a pasar os textos a limpo.
As nosas familias axudáronnos cos traxes dos personaxes e coa ambulancia.
A profe de música, cos sons e música da obra de teatro.
Tamén fixemos unha lista coas cousas que necesitábamos para facer o decorado, e os últimos días fixemos un mural grande para poñer no salón de actos e unha rocha.
Foi unha gran experiencia facer unha obra de teatro, feita por nós sós. Non sabiamos que facer unha obra era tan complicado. A obra titulámola : " Unha desgraza no mar".
Por último vos deixamos o documento da obra de teatro, esperamos que vos guste.
Os alumnos de 3º curso: Inés, Daniela, Pedro, Ada, Mario, Samuel, Toni, Daniel, Manuel y Santiago.
Aquí tedes un video da obra de teatro.
Os estándares de aprendizaxe, das diferentes materias, que traballamos coa realización deste proxecto foron: