EMPEZOU TODO cunha carta de Mica Bigotes, como case sempre. Despois reunímonos para decidir sobre o tema que nos gustaría investigar e poder facer unha proposta ao resto do cole.
Tivemos uns días para ver as propostas das outras clases e despois reunímonos en asemblea e cada clase explicou o que escollera e intentou convencer ao resto, explicando as razóns da súa proposta. E votamos.
O tema seleccionado foi: Animais en perigo de extinción.
Entón, nós escollimos traballar sobre o feneco, o demo de Tasmania, a píntega e o perezoso. Tamén pensamos cal sería o formato no que presentar o noso traballo. Eliximos facer curtas.
Investigamos, escribimos guións, deseñamos personaxes e escenarios... Para asesorarnos ben, chamamos a duas mamás moi "manitas" (propuxéronnos moi boas ideas, ademais de fáciles e rápidas).
Fixemos os story boards, buscamos exteriores, construímos escenarios, deseñamos carteis para os títulos es os créditos...
Tamén pedimos axuda a algunha profe para que nos aprendera a usar un programa que nos facilitara o traballo.
Non esquecimos nin o camerino!!!
E, por suposto, a bibliografía tampouco.
Non resultou nada fácil... Traballamos moiiiiiitiiiiisimo. Pero foi un traballo apasionante e co que aprendimos
MOITO
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE 5º/6º