Os alumn@s de 1º e 2º de Educación Primaria, logo de buscar animais en perigo de extinción en Internet, no ordenador da nosa aula, decidimos traballar sobre "O TIGRE"
Buscamos información, primeiro na nosa casa en Internet e en libros e logo completamos con outra recollida en libros da Biblioteca Escolar.
A continuación decidimos escribir unha canción e facer a coreografía para poder presentala no festival de inverno. Tamén preparamos a presentación para o festival.
Para todo esto pedimos colaboración tanto á nosa titora como as especialistas de Educación Artística (música e plástica).
Aprendimos moitas cousas sobre a vida deste animal e ao longo das xornadas fomos traballando os estándares de aprendizaxe de:
CIENCIAS NATURAIS: animais mamíferos, carnívoros, hábitat...
LINGUA GALEGA: escribir a letra dunha canción, escribir unha presentación, expresión oral...
LINGUA CASTELÁ: casi toda a información que atopamos estaba en castelán, clasificala y traducila.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA: de Música, traballar o ritmo e acompañar con instrumentos de pequena percusión, facer unha melodía e interpretala; de Plástica, preparar o vestiario, as orellas, a pintura para a cara.
Tamén aprendimos a traballar en grupo e a respectar as opinións e os traballos d@s compañeir@s.
A continuación podedes ver o video da nosa actuación no Festival de Inverno.
Os estándares de aprendizaxe, das diferentes materias, que traballamos coa realización deste proxecto foron: