Os nenos e nenas de Educación Infantil, decidimos escoller a bolboreta arlequín como proxecto. Descubrimos un lote de cousas sobre o ciclo da bolboreta.
Tamén criamos eirugas da familia das bolboretas machaon para liberalas en canto saian do casulo.
Fixemos unha representación do ciclo das bolboretas baseandonos no conto da eiruga larpeira de Eric Carle, así como un proxecto en papel que veredes máis abaixo.
Traballamos en inglés tamén o mesmo conto e fixemos unhas manualidades moi chulas!
Despois da votación para escoller o animal en perigo de extinción que queríamos escoller (houbo moitas ideas:osos, paxaros, bolboretas, tigres, tartarugas...), fixemos unha chuvia de ideas para saber en que punto nos atopábamos: que sabemos, que queremos saber e cales son as fontes de información para atopar as nosas dúbidas.
Unha vez escollido o tema, solicitamos a axuda das familias, dos profes, dos amigos do cole para buscar información sobre este animal. Cada un dos alumnos/as trouxo información sobre o tema e tiveron que expoñerllo aos demais compañeiros. Tamén atopamos música e un montón de libros con contos e con información. O que máis nos gustou foi o da eiruga larpeira
Tamén fixemos unha eiruga larpeira que se movía reciclando rollos de papel
E criamos un montón de eirugas larpeiras. Este proceso interesounos moito, ao ver como comían e como ían engordando. Tivemos que buscar comida para traela ao cole. Darlles de comer e limparlles o habitáculo. Observar como facían o casulo.... e agora a esperar a que saían as bolboretas para poder deixalas libres e que deixen os ovos para seguir o ciclo.
E por fin sairon as nosas bolboretas!!!! e soltámolas para que voaran libres!!!!!
Aquí tedes a nosa exposición aos nosos compañeiros no festival de inverno: