A dorna é utilizada nas rías de Arousa e Pontevedra, tamén moi usada antigamante en Ons e en Sálvora.
É unha embarcación tradicional con orixes primitivas ás naves normandas que invadiron as costas de Galicia nos séculos X e XI. Hai varios modelos de dornas, unha moi semellante á das costas dos países nórdicos con similitudes en canto á estrutura e tipo de construción.