Ons, xunto co arquipélago das Cíes, está catalogado como zona ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves) según as directrices da Directiva Aves 79/409/CEE.
Nome científico: Larus michahellis
Nome común: Gaivota patiamarela
Características: existen na illa 20.000 parellas reproductoras. A abrupta costa occidental favorece a anidación desta ave e a plumaxe gris e marrón dos exemplares xuvenís permite que pasen desapercibidos entre as rochas graníticas. O punto vermello do pico é recoñecido visualmente polas crías, onde lle pican para pedir alimento.
Nome científico: Phalacrocorax aristotelis
Nome común: Cormorán moñudo
Características: a súa plumaxe non é de todo impermeable, xa que necesitan empaparse de auga para gañar peso, diminuir a súa flotabilidade e poder así mergullarse e bucear. Por iso, é habitual velos secando as ás, pousados en illotes e rochas con elas despregadas.
Nas comunidades rochosas do intermareal, destacan os mexilóns, que ocupan unha gran extensión de supeficie; os percebes ou as lapas.
Pollicipes pollicipes
Saccorhiza polyschides
No submareal destacan grandes bosques submarinos de algas pardas, que poden chegar a superar os dous metros de altura.