A xesta de Ons
A maior parte da superficie do espazo natural está cuberta por matogueira, sendo escasos os bosques autóctonos.
Nome común: A xesta de Ons
Nome científico: Cytisus insularis
Características: Arbusto leñoso que pode alcanzar os 2 metros de altura e se instala en zonas de cantís. Considera en perigo de extinción. Confundida con Cytisus striatus, da que se diferenza por ter todas as follas unifoliadas e a legume é plana e cuberta de pelos por toda a superficie.
Distribución: unha das plantas emblemáticas do Parque Nacional, exclusiva de Ons e Sálvora.
Nome común: Paxariños
Nome científico: Linaria arenaria
Características: considerada pola Unión Mundial para a Conservación da Natureza coa categoría de en perigo crítico de extinción. Vive sobre dunas e areas asentadas. O seu hábitat está moi alterado en Ons, debido as pisadas dos paseantes.
Distribución: costa occidental de Francia, e Galicia (Illa de Arousa, de Ons e Sálvora).