A súa extensión é de 5,5 Km de longo e unha anchura media de 800 metros.
A máxima altura sitúase no Alto do Cucorno (128 m), onde atopamos o faro (frecha laranxa).
A costa oriental está moito máis protexida do mar, é máis rectilínea, onde ten lugar a sedimentación e a formación de praias, como as de Melide (frecha negra) ou As Dornas.
A costa occidental e máis abrupta, aberta ao océano Atlántico, onde se formaron elevados acantilados e as furnas (covas), como a do Buraco do inferno (frecha vermella).