Machada de talón
Érase unha vez…
A Illa de Ons foi ocupada xa a finais da Idade de Bronce, tal é como o atestiguan os restos das machadas de talón atopadas nela. Ademáis, presenta evidencias de minería, ligados ao seu asentamento castreño ou galaico-romano de Castelo dos Mouros ou da Cova do Lobo, situados ao sur e ao norte da Illa, respectivamente.
Xa na Idade Media, foi nomeada polos romanos como Aunios.
A primeira vez que Ons apareceu nun documento escrito foi no ano 889, coa doazón da Illa Aones ao Cabido compostelán por parte do Rei Alfonso III.
A finais do século XVI, comezou o asedio de piratas e corsarios ingleses, co temido Francis Drake ao mando, que rematou coa fuxida á costa dos poboadores.
En 1810 decidiuse fortificar a illa para o seu repoboamento e construíronse as fortalezas de Pereiró da que só quedan unhas poucas pedras, e Castelo da Roda, rodeada de singulares lendas.
A creación da fábrica de salgadura, durante cinco anos a finais do século XIX, atraeu ao arquipélago a xente das vilas costeiras, que fixeron da pesca a súa actividade económica principal.
En 1929 Manuel Riobó comprou o arquipiélago, ao longo destes séculos, os colonos da illa de Ons pagaban rentas ao arcebispo.
En 1955 a illa chegou a ter censados 530 habitantes. Na actualidade é a única das illas atlánticas con poboación estable (dous matrimonios habítana durante todo o ano).
A finais do século XX o arquipiélago de Ons pasou polas mans de varios organismos estatais, ata que, no 1982, foi transferida á Xunta de Galicia, e o 1 de xullo de 2002 integrouse dentro do Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia .