SUSO CUBEIRO

O pasado xoves, 30 de outubro, o afamado ilustrador coruñés Suso Cubeiro (1954) achegouse ao noso instituto co fin de realizar un taller co alumnado de 1º da ESO.

Aproveitando a súa visita, decidinme a facerlle unhas cantas preguntas, simplemente para entender mellor o seu traballo, e que el, moi amable e sinceramente, non reparou en responder.

P.- Ademais de ser ilustrador, teño lido que es tamén escritor, de feito hai que atribuÍrche a ti toda o labor do libro Larita, pero canto tempo levas traballando neste mundo?

R.- Pois se che digo a verdade creo que habería que remontarse moito tempo atrás, noa anos en que eu traballaba como mariñeiro telegrafista. Daquela eu debuxaba e pintaba, era o meu entretemento, ata que un día fun á voda dun amigo meu e se me ocorreu facerlle unhas caricaturas aos noivos; o noivo ,cando as víu, ofreceume traballar con el en publicidade. A partir deste momento vivín dos meus debuxos. Claro que a cousa non quedou aí. Tempo despois deuse a casualidade de que, ao mesmo tempo que eu gañaba un concurso por realizar un cómic, chamáronme dunha editorial para ilustrar un libro que trataba sobre Castelao. Supoño que nese momento o meu labor comezou a elevarse ata hoxe.

P.- Entón, pódese dicir que o teu gusto pola ilustración vén desde sempre.

R.- Pois efectivamente, si, así é. Aínda que tratándose do tema de escribir iso foi algo xa posterior.

P.- Neste días o tema do ferrocarril está moi presente na sociedade monfortina. De feito ti falas deste tema a través dunha locomotora no teu libro Larita. Podes dicirme en que te basaches para facelo?

R.- En primeiro lugar, eu son un afeccionado aos trens, xa dende que era neno me gustaba o mundo do ferrocarril: ver pasar ao tren, as locomotoras... E en segundo lugar, eu quería facer unha historia na que o tema do ferrocarril estivese presente, de modo que de aí sae Larita. Larita é unha locomotora cuxa historia e moi complicada e triste. Para facela inspireime nunha locomotora chamada Sarita, que se atopa no Museo de Camilo José Cela, en Padrón, de feito, a propia locomotora foi proiedade do avó de don Camilo. É un libro estupendo e pódeno ler tanto pequenos como maiores. A min, encántame.

P.- Falando agora da realización do taller cuns alumnos deste centro, teño lido que xa fixeras noutras ocasións este tipo de actividade. Que é o que che leva a facer esta obra? Por que o consideras importante?

R.- A verdade é que non me plantexo moito este tema; en realidade o que trato de facer neste taller-conferencia é achegar aos nenos ó mundo da ilustración e do debuxo, que non pensen que non é algo importante, pois hoxe hai xente que vive disto coma un entretemento. Máis que nada, é para que se decaten de que o feito de ilustar un libro require moito traballo e moito tempo.

P.- Rematando xa, que próximos proxectos ten tanto como escriotr coma ilustrador?

R.- Pois agora estou traballando nun libro que tratará sobre viaxes durante o século XIV, un conto que máis que infantil é xuvenil.

P.-Moitas grazas pola súa colaboración e polo seu tempo .

R.- Moitas grazas a ti e ao centro, e ata sempre.

POR MARÍA CARBALLO, 2º BAC