CURSO 2020-2021

A Real Academia Galega de Bela Artes decidiu prorrogar a 2021 as celebracións que ían ter lugar este ano con motivo do Día dás Artes Galegas, dedicado nesta edición ao arquitecto ceense Domingo de Andrade.

Nun comunicado, a entidade explicou que, #ante a situación creada pola pandemia da COVID-19, a xunta de goberno da Academia decidiu aprazar a celebración do Día dás Artes Galegas pola imposibilidade de seguir co seu programa de actividades e actos de celebración.

O presidente, Manuel Quintana Martelo, destacou que, dada a importancia da figura de Domingo de Andrade nos ámbitos internacional e galego do Barroco, e co fin de non deslucir a súa homenaxe e poder desenvolver toda a programación de forma correcta, a Academia acordou esta solución.

Ademais, sinala que o feito de haber xa aprazado o acto central de homenaxe do día 1 de abril e en previsión das dificultades para a elección dun novo homenaxeado en 2021, animaron á Academia para prorrogar un ano máis a Domingo de Andrade.

O presidente anunciou que o 12 de novembro, data que coincide co aniversario da morte de Andrade, a Real Academia Galega de Belas Artes celebrará un acto na Catedral de Santiago para lembrar a súa figura e o esplendor da súa obra.

Tamén entre o 16 e o 19 de novembro, celebraranse diversos actos en Cee (A Coruña), organizados polo Concello e aos que asistirá representación da Real Academia Galega de Belas Artes, e que xa estaban previstos con anterioridade.

Domingo Antonio de Andrade (Cee, 1639 - Santiago de Compostela, 1712) é autor de obras como o tabernáculo e a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela e a Casa dá Parra.