O mércores, 22 de abril, os alumnos de 3º e 4º curso, xunto cos seus profesores Angélica e Paco, foron visitar o obradoiro de pintura do pintor xovense, Xoán Guerreiro. Na visita tiveron a oportunidade de coñecer en persoa a Xoán e a súa obra.
Despois seguiron viaxe ata Foz para visitar no CENIMA a exposición que este ano lograron facer os organizadores da
SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA
O xoves, 23 de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, xunto cos seus profesores Antonio e Marta, fixeron unha saída cultural moi completa:
Obradoiro de Xoán Guerreiro
Obradoiro de Daniel Caxigueiro
Exposición no CENIMA: Artes Plásticas da Mariña