OBRADOIRO CON XOÁN GUERREIRO

O venres, 8 de maio, tivemos a sorte de contar co pintor xovense, XOÁN GUERREIRO, quen impartiu unhas nocións básicas de debuxo para todo o alumnado do colexio, dende infantil ata 6º curso.

Durante toda a mañá os alumnos foron pasando pola aula habilitada para este obradoiro onde escoitaron as explicacións de Xoán e levaron á práctica o aprendido.

Agradecemos a Xoán a súa labor e atención e esperamos que noutra ocasión podamos disfrutar das súas ensinanzas.

Tamén os alumnos e alumnas de 5º curso tiveron a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista que queda recollida no seguinte vídeo.

MOITAS GRAZAS XOÁN.

Tamén podemos ver o vídeo do obradoiro

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS REALIZADOS

NO OBRADOIRO CON XOÁN GUERREIRO

E BODEGÓNS REALIZADOS POLOS

ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º CURSO