CURSO 2016-2017

PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS traballados no colexio

"O IMPRESIONISMO"

MARUJA MALLO

AS NOSAS ACTIVIDADES

PRESENTACIÓN DE CARTEIS E DÍPTICOS DA EXPOSICIÓN “SER VISIBLES”. REIVINDICACIÓN DO CENIMA COMO SALA DAS EXPRESIÓNS CREATIVAS ARTÍSTICAS.

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA. "TA EN ARTES". FOZ.

Invitamos a todos e todas ( profesorado dos centros educativos, artistas, asociacións culturais, concellos, medios de comunicación e público en xeral) á presentación dos carteis, que subvencionados pola Deputación Provincial de Lugo, fixemos este ano con motivo da exposición que teremos no CENIMA de Foz, coa participación de 11 artistas da Mariña (ADRI PARDO, LALY SANTOS, PILAR REI,LUCÍA CATUXO, ZILÍ KATOVA, CRIS BASANTA, LUCÍA VILA, EVA RIVAS, ALICIA PUCHADES, CARMEN LLONÍN E RENATA OTERO.) entre o día 7 de abril inauguración e o 28 de abril peche. Arredor da cal contaremos ademais cunha serie de actividades relacionadas, entre as que se contan, charlas debate organizadas pola Pomba do Arco, actividade de “Tá en Artes” para os nenos e nenas, conferencia de Rosario Sarmiento o 28 de abril “Arte+Muller na Galicia contemporánea” en colaboración co Observatorio da Mariña pola Igualdade…

A presentación terá lugar no CENIMA de Foz, o SÁBADO 1 de abril, ás 13,30 horase aproveitaremos para distribuír alí un lote de carteis e dípticos con propostas didácticas para cada centro educativo, para que se poida empezar a traballar con eles a futura visita a exposición e ao mesmo tempo pediremos que nos axudedes a repartir os carteis polas vosas localidades.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “SER VISIBLES.Escoitar Imaxes, retratar palabras”

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA. TA EN ARTES. FOZ.

Invitamos a todos e todas, profesorado dos centros educativos, artistas, asociacións culturais, concellos, medios de comunicación e público en xeral

O vindeiro venres 7 de abril ás 20.30 horas no CENIMA de Foz, á inauguración da mostra plástica de 11 artistas da Mariña (ADRI PARDO, LALY SANTOS, PILAR REI,LUCÍA CATUXO, ZILÍ KATOVA, CRIS BASANTA, LUCÍA VILA, EVA RIVAS, ALICIA PUCHADES, CARMEN LLONÍN E RENATA OTERO) como colofón dun ano de traballo para achegar a Arte Plástica á educación. Esta exposición é o epicentro dunha proposta que dende os Centros educativos da Mariña, ramifícase nunha rede que abranguerá actividades moi variadas como as seguintes: nos centros o proxecto caixas, con actividades creativas en colaboración profesorado e artistas, actividade de Ta en Artes con nenos e nenas, charlas debate sobre arte da Pomba do Arco dende o 18 ata o 21 de abril, estamos iniciando unha colaboración coa Fcam sobre o proxecto caixas e os comercios, está tamén en marcha unha homenaxe ao artista mindoniense Juán Puchades, sumámonos ao homenaxe a Maruja Mallo con exposición en Viveiro, teremos visitas escolares guiadas por artistas dende o 18 ata 28 de abril, e pecharemos o 28 cunha conferencia de Rosa Sarmiento sobre a muller na arte galega coa que colabora o Observatorio da Mariña pola Igualdade.