CEIP DE CELEIRO. VIVEIRO-LUGO

A idea desta celebración xurde no CEIP de Cervo despois de traballar durante os últimos anos, a través da reflexión no grupo da biblioteca escolar, sobre a arte nas súas diferentes vertentes: pintura, volume, arquitectura,... e avaliar a experiencia coma un gran enriquecemento  na  escola.
Recoñécese como data principal da celebración o día 1 de xuño en memoria de Luis Seoane, pero tamén se terán en conta o calendario lectivo de cada ano.
Esta proposta, dende fai dous anos, é compartida por moitos centros da Mariña, polo que no curso académico 2013-2014 estase xa a celebrar a

 "III SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS NA MARIÑA"

Despois de poder contar coa visita de Xerardo López Enríquez (representante desta organización) quen nos fixo unha ampla exposición do proxecto e de convidarnos a participar do mesmo, o Claustro de Profesores acorda formar parte desta gran familia.

Nos seguintes enlaces podemos ver as experiencias en varios centros da Mariña: