VOCABULARIO

1.-QUÉ É UN RIO.

2.-VOCABULARIO

CURSO ALTO: é a parte montañosa do río, onde as pendentes son máis pronunciadas. A auga circula a gran velocidade cun gran poder erosivo. Dá lugar a vales en V, con abas (ladeiras) moi inclinadas.

CURSO MEDIO: é o percorrido pola chaira. As augas descenden máis lentamente, arrastrando os materiais erosionados. O río pode formar meandros, adaptándose aos obstáculos. É a parte onde recibe a outros ríos (afluentes).

CURSO BAIXO: é a parte final do río, rematando na desembocadura. Normalmente remata no mar, sedimentando os materiais que foron arrastrados. A auga ten menor velocidade e a súa canle é máis ancha.

FONTE: é o lugar onde o río nace. O afluente é un río secundario que remata no principal.

CONCA: é a área atravesada polo río e os seus afluentes.

CAUDAL: cantidade de auga que o río leva é denominada caudal. É baixa no inicio do río e maior en final.

O caudal pode oscilar segundo as estacións. Algúns ríos están secos a maior parte do tempo, por exemplo nas áreas mediterránea ou nos desertos. Outros ríos van sempre repletos, por exemplo, na Amazonia e Sudamérica.

DELTA: terreo formado por material acumulado polo río en contacto co mar.

ESTEIRO: o lugar onde o río entra en contacto co mar, alí onde o mar penetra na desembocadura. Está sometido a fortes mareas.

MEANDRO: é unha curva sinuosa descrita polo curso dun río. Fórmanse con maior facilidade nos ríos das chairas aluviais con pendente moi escasa.