TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA

Os nenos e nenas de Infantil, xunto coas súas profesoras, fixeron un mural sobre o Río Landro, dende o seu nacemento no Concello de Mural, pasando por Ourol e as diferentes localidades do Concello de Viveiro.

Fixemos un vídeo do mesmo e puxémoslle a música da canción que compuxemos con letra de Rosalía de Castro. Tamén fixeron unhas fichas para completar o mural sobre a canción "Pola beira do Río", cantada por Luis Prego.

Ámbalas dúas cancións tamén as aprenderon e cantaron o día da celebración das Letras Galegas no colexio.