SAÍDAS E ACTIVIDADES

COMUNICADO PARA AS FAMILIAS

Queremos informarvos que para despois da Semana Santa, concretamente o venres, 23 de abril, (SE O TEMPO O PERMITE) temos programadas unhas actividades (DENTRO DO HORARIO ESCOLAR) relacionadas co PROXECTO RÍOS:

· TODO INFANTIL, 1º e 2º curso, saída ao SOUTA DA RETORTA.

Ese día traerán roupa cómoda para camiñar e a bolsiña ou mochila coa merenda.

· 3º e 4º curso, saída ao NACEMENTO DO RÍO LANDRO.

Deben traer calzado e roupa para camiñar, a merenda e tamén poden levar cámaras de fotos.

· 5º e 6º curso, levarán a cabo unha INSPECCIÓN NO RÍO LANDRO, concretamente a partir da explanada onde se leva a cabo a Romaría do Naseiro. Esta actividade estará guiada por un monitor (Paco Bañobre da Asociación ADEGA, colaboradores da Consellería de Educación para o Proxecto Ríos).

Tamén deben vir con calzado e roupa axeitada, a merenda e tamén poden levar cámaras de fotos, así como un caderno e bolígrafo para as anotación necesarias.

SAÍDA AO SOUTO DA RETORTA

(Infantil e 1º ciclo de primaria)

SAÍDA AO NACEMENTO DO RÍO LANDRO

(2º ciclo de primaria)

INSPECCIÓN DO RÍO LANDRO

(3º ciclo de primaria)