O RÍO LANDRO

CLICA NA IMAXE PARA VER A FOTO DENDE GOOGLE MAPS

https://maps.google.es/maps/ms?msa=0&msid=211992068445216080872.0004b3e3d7587ad32c2da&ie=UTF8&t=h&vpsrc=6&ll=43.651603,-7.603226&spn=0.043472,0.072956&z=13&source=embed

O río Landro nace na Serra do Xistral, a uns 1.000 metros de altitude, e logo de percorrer os concellos lucenses de Muras, Ourol e Viveiro, pertencentes á comarca da Mariña Occidental, desemboca no mar cantábrico, entre a praia de Covas e o porto de Celeiro, formando a ría de Viveiro.Algúns dos seus principais afluentes son os ríos A Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. O Landro nace na Serra do Xistral, que forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño e é un dos espazos naturais máis destacables de Galicia. Na sua parte baixa, o río convértese nunha sucesión de meandros e forma un pequeno humidal que foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), cunha grande riqueza de fauna e vexetación, principalmente masas de eucaliptos, entre as que destaca o Souto da Retorta (Monumento Natural). No seu percorrido polos concellos de Viveiro e Ourol, o Landro atravesa o Val do Naseiro, famoso pola romaría que acolle a finais do mes de agosto, coñecida como “Romaxe do Bo Xantar” e declarada festa de Interese Turístico Nacional.

A troita, o reo e o salmón son as principais especies fluviais do Landro, que ten varios coutos de pesca como o de Viveiró (pertencente aos municipios de Ourol e Viveiro), dividido en cinco lotes, e onde a pesca de reo e troita é a dominante. Ademais, ten outro couto troiteiro no concello de Ourol, o de Xerdiz, compartido cun dos seus afluentes, o Xanceda.

VÍDEO SOBRE O NACEMENTO DO RÍO LANDRO (Autoría: AQUELA NOITE)