Tamén hai xente boa!
...e EpdLab
Enquisas
Cuestionarios para alumnado
Cuestionario - postest: https://forms.gle/pqPVjZNeSwfzH7Ps7
Enquisa de valoración: https://forms.gle/184NYMPS2bc9Y39P8
Enquisa 2030
Curso 13-14. Buscamos noticias que demostran que no mundo tamén hai xente boa:
Comezamos a 3ª avaliación cun artigo:
http://arturoperez-reverte.blogspot.com.es/2011/09/gallegos.html
-Persoalmente, a min este artículo prodúceme unha mestura de emocións. Por un lado sinto tristeza, e por outro un gran orgullo de ser galega. Galicia, esa terra que para o resto do mundo parece estar tan apartada, e que para nós é o noso berce. Eu tamén vin as láminas de Castelao, e non puiden conter as lágrimas. Por qué os galegos sempre tivemos que calar? Quizas porque os poucos que se atreveron a falar foron tratados por tolos. Xa era hora! O do Prestige involucrounos a todos dunha forma ou outra, e fíxonos falar, protestar. Non sei si valería de algo...porque os porcos que tiveron a culpa seguen por ahí tan tranquilos. Pero polo menos fixémonos oír, fixemos saber que os galegos xa non calamos; e sobre todo, que actuamos. Son feliz de nacer neste recuncho chamado Galicia, e morrería de pena se me tivese que alonxar dela. Por todos eses galegos que loitaron antes de que eu nacera e polos que seguirán loitando...Gracias Galicia.
-Eu teño que dicir que de política non sei moito, pero si noto que neses asuntos aos galegos sempre se nos deixa algo de lado e se nos toma por tontos. E este señor ten moita razón cando di que os galegos loitamos, e loitamos sos pois non é nosa costume queixarnos, pedir axuda ou gritar. Nós soiños apañámonos, e en ocasións gustaríame que nos reindivicáramos máis, que non foramos tan sumisos e esixíramos que nos deixaran de tomar o pelo. Pero, achacamos e calamos. Porén ninguén nos pode quitar mérito pois, somos un pobo traballor e admito que me gustou o lema que di o señor Reverte que temos os galegos: En Galicia non se pide nada. Lóitase! E eu animo a que sigamos loitando polo noso, por coidar esta marabilla de terreo que temos e a nosa cultura. (Esperanza)
-Galicia ha estado y sigue estando, como muchos otros lugares, incluso países enteros, bajo el mandato de personas cuyo interés no va más allá del propio. Como bien dice el texto, hace ya unos cuantos años, la gente, sobre todo campesinos, se encontraba dominar ante aquellos conocidos como caciques; prácticamente a nadie le importaba la situación del pueblo, el modo de vida de estas personas. Hoy las cosas han cambiado, pero no tanto; sigue habiendo mandamases cuya preocupación se dirige al bolsillo y no al bien común. La explotación sigue presente, quizás no van patente o quizás no somos quienes de verla, pero son muchos los que cumplen una jornada laboral superior a la que indican sus contratos, si es que los tiene.
También está el tema de la emigración, la cual ha vuelto debido a la crisis económicas; nuevas generaciones tienen que ver a sus hijos marchar para conseguir empleo, una vida mejor. La diferencia de esta época, de este siglo, recae en que la gente ya no se deja avasallar, sino que lucha por lo que merece, por sus creencias, por la justicia, aunque esta, no exista. (Rebeca)
-Galicia e o idioma galego é algo que forma parte de nós. Non creo que as outras comunidades autónomas veciñas nin de máis ao sur se impliquen tanto en manter o seu patrimonio nin a súa lingua como o facemos nós aquí, e xa non fai falta que nos digan nada , porque sen máis, tomamos a decisión pola nosa conta.
Non sei como nin cando se deu o mito de que esta terra é de xente "tonta" por así dicilo. Pero bueno, que se lle vai facer se en todas partes existen os estereotipos, e por exemplo, non por mal, nós aquí tamén pensamos que os de Cádiz son xente vaga , que non traballa, que se toma a súa paella e logo durme toda a tarde. E seguramente moitos non sexan así, e igual me equivoco , tal como o fan eles con nós.
Igual non somos tan "cul" como os de Madrid e tiramos máis a monte , igual para eles é mellor un (vamos tía ou osea) que un (carallo). E poden dicir o que queiran , pero eu son feliz de vivir onde vivo, de como me educaron nesta pequena aldea que nunha cidade , de que a xente se esforce e se volque tanto nas cousas como foi o do prestix. E si , a xente embadurnouse naquela cousa negra que era o mar , xente que merecía ouro polo traballo que fixo para saír desa e tirar cara adiante.
Oxalá moitos puidesen gozar das praias de aquí , das comidas , das festas , do Apóstolo e todo o resto que forma Galicia.
Quizais moitos galegos emigraron coa esperanza dunha vida mellor noutro país, e quizais tamén voltaron para vivir o que lles quedaba neste lugar tranquilo. Agora é o tempo doutros , das descendencias dos anteriores, moitos marchan porque queren , pero a outros que remedio lles queda que apartarse das súas familias e da súa terriña para aprender a desenvolverse. E non todo é marcharse, de vez en cando, como ben se dixo no texto, hai que loitar polo que un quere e non rendirse!! (Antía)
Despois de lido este artigo estou totalmente dacordo co que dí Pérez Reberte. Paréceme que todo o artigo se resume na última frase “En Galicia non se pide nada, loitase”. Galicia sempre foi un lugar afastado, lexos de todo, pero a xente de Galicia sempre foi forte, cando tocou emigrar emigrou e foi polo mundo traballando para axudar a levantar outros países, onde o apelativo “Gallego” era como algo malo. E cando toca loitar aquí, loitamos , soios, sen axuda, e vencemos e seguiremos vencendo as adversidades, por que os galegos somos fortes e estamos acostumados a vivir con pouco.(María)
Yo no soy gallego pero en gran parte, estoy orgulloso de vivir aquí rodeado de gente tan buena y luchadora. Con situaciones como las del artículo, en otros lugares esperarían a la ayuda del gobierno, pero aquí no. Cosas así, hacen a esta gente muy grande. Las cosas las dijeron como debían decirlas, a quien debían decírselas y sin pelos en la lengua. Yo creo que Galicia no pide ayuda porque la gente tiene manos y cabeza, pero también pienso que es porque para recibir ayuda mala es mejor no recibirla. Para esto. los gobiernos deberían tener gente tan luchadora como muchos gallegos y así, en ocasiones así no se quedarían en bragas porque unas madres sean más valientes que todos los políticos o resto de personas. (Manuel)
Para rematar a 2ª avaliación, comenta o artigo do xornalista Aníbal Malvar:
http://blogs.publico.es/rosa-espinas/2014/03/15/6147/
- Agora mesmo , diría , que ata me resulta vergoñento vivir neste país. Realmente, pensei que as cousas eran máis pacíficas. Sempre comparei España con outros países como Irak e dicía : !Que sorte teño de vivir onde vivo! , pero nos últimos días, e meses xa, as miñas ideas cambiaron e non para ben. Vendo o de Venezuela , Ucrania e agora España, xa non digo en que país vivo, senón en que mundo.
O asunto deste artículo, xa leva varios días saíndo na televisión, e dende o primeiro día que o vin quedei asustada. A miña pregunta é: Os policías en realidade, están para facer o ben, ou actuar a segun lles conveña a eles? Non sei tampouco se a palabra xustiza se cambiou por corrupta en algún momento, se estas persoas que actuaron son xente de pedra sen sentimentos, que os inmigrantes non lles dean nin a máis mínima pena. ¿Non son persoas coma nós? Pero coma sempre, están os estereotipos que nos diferencian, están as razas, está a cantidade de poder, as influencias que un teña, etc. E isto seguirá sempre, e seguirán cometéndose inxustizas, que según moitos é o mellor para nós.(Antía)
-Prácticamente cada semana vemos noticias referidas aos intentos, frustados ou certeiros, de inmigrantes que queren entrar nas nosas fronteiras. Isto lévame a pensar o mal que deben de estar estas persoas nos seus países para arriscar a vida deste modo tan perigoso. Eu non aprobo tal violencia e crueldade ca que se defenden as fronteiras españolas, que provocan incluso nalgúns casos, a perda de moitas vidas humanas. O propio pobo español nos seus días foi unha gran fábrica de inmigrantes, e en certo modo nos tempos que corren volvemos a esas veñas tendencias. Como nos parecería que cando intentáramos entrar en Alemaña, Holanda ou algún outro país, nos recibiran a balazos e arrincándonos os ollos en carne viva? Porque iso é o que lles pasa por desgraza a moitos inmigrantes desesperados, que polo mero feito de ser pobres o único que reciben é miseria e hostilidade. Eu apoio a Aníbal e quero que isto se enseñe e se debata nas aulas, e que os rapaces observen o lado menos dulce da realidade. Isto debería ser doutra forma, pois son seres humanos igual que todos os demais. Pero en todo o mundo o que manda é o rico podrido! (Esperanza)
-La situación de los países de los que vienen los inmigrantes debe ser muy pobre para que arriesguen de esta manera su vida para venir y ser asesinados o heridos por un tiroteo. Es totalmente inhumano que pase esto en la actualidad ya que se mata a la gente que viene a nuestro país para escapar de la pobreza. Realmente esto viola los derechos humanos. No creo que haga falta investigar quienes son los asesinos, desde mi punto de vista está muy claro...
Es muy injusto que pase esto porque no creo que a esos policías les gustase ser tiroteados por escapar a otro país de la pobreza. De una manera o de otra, pocos países en el mundo son justos, ya sea porque hay guerras o situaciones como la tratada en el artículo. Una cosa es que devuelvan a los inmigrantes a su país y otra muy diferente que los maten, es inhumano. (Manuel)
O que pasou en El Tarajal paréceme algo vergonzoso, creo que no século XXI no que vivimos debería haber outras maneiras de arreglar as cousas. Se ben e certo que dalgún xeito hai que controlar a entrada de inmigrantes, por que senon virian tantos que o final acabarán poñendo en perigo a supervivencia deste país, que xa non está nunha situación demasido boa. Pero ten que haber outra maneira, as forzas da orde están para eso, para facer cumprir a regras, pero sen chegar o punto de cometer semellantes barbaridades. (María)
-El artículo escrito por Aníbal Malvar es claramente crítico con ciertos toques irónicos, en mi opinión. La barbarie a la que llegan los países subdesenvolvidos contra la inmigración es inaudita. Los medios que las autoridades utilizan para que estas personas no crucen de un territorio a otro son inadmisibles en la mayoría de los casos, por no hablar de la forma en que se les trata a aquellos que consiguen llegar aquí tras una lucha tormentosa.
Considero que salir a leer un documento tal, como ese, al aire libre como si fuese una lectura cotidiana, aunque tristemente puede serlo, no es apropiado. En cuanto a si se ha cometido un crimen, para mi esta claro, para las autoridades sólo existe una orden, frenar/evitar la llegada de más inmigrantes, que sólo desean una vida mejor; así sea mediante formas que poco respetan los derechos humanos.(Rebeca)
-Non entendo como hai xente que fai estas atrocidades. Son persoas que escapan dos problemas e ainda por riba tópanse con otros maiores. Non hai dereito a que alguén que se arrisca por buscar mellores oportunidades sexa asasinado. Entendo que para España, a inmigración ilegal é un problema, pero a solución non é matalos. Deberían de ter máis control nas fronteiras, pero non recurrir a violencia. Queixámonos das situacións de guerra doutros países, protestamos ante as inxustizas alleas...e isto? Miremos o que fai a propia España e falemos por quen non ten voz, independientemente de cal sexa a cor da súa pel.(Fátima)
Coñeces a alguén que viva en Venezuela. Que está pasando?
- As tensións políticas baixo o Goberno de Maduro, é unha das principais consecuencias desta inestabilidade que se está a producir en Venezuela, por non dicir a que máis. Algúns ata creen que é o regreso dunha " Gerra Civil" baixo a "ditadura" deste individuo ( por non chamalo doutra forma).
É incrible que no mundo en que vivimos, haxa xente aínda tan inmadura e déspota , que só pense no seu propio ben e en facer dano aos demáis para poder alcanzalo.
Miro as imaxes, e recórdanme ás clases de historia falando das mobilizacións , das gerras, as crises dos diferentes períodos,etc . E é certo que a historia continúa, que estamos volvendo aos vellos tempos , e non só aquí, senon que neste momento , Ucrania tamén está a pasar por moitos enfrontamentos , que se están a levar milleiros de vidas por diante.
Seguramente a moita xente lle resulte complicado comunicarse e saber o que está a pasar polas rúas xa que algunhas cadeas de televisión ata foron suprimidas en Venezuela. Outros intentarán marcharse do país cos recursos que teñan ata que todo isto remate dunha vez, e oxalá que sexa pronto!! ( Antía)
-Paréceme moi triste que un país tan rico coma Venezuela que posee petróleo, materias primas e que produce máis dunha cosecha anual estea nestas condicións, e todo por culpa duns poucos e malos gobernantes que empobrecen o país. Vexo normal que a xente se rebele contra o goberno de Nicolás Maduro, pois o seu mandato só serviu para deteriorar o país. Moitos venezolanos xa perderon a vida defendendo os seus dereitos por mor da forte represión exercida polo goberno. E témome que a cousa vai ir a peor pois, nin o goberno cederá , nin o pobo parará de pedir xustiza. Espero sinceramente que o bando gañador sexa o da voz da rúa e non o dos corruptos e déspotas que teñen coma políticos.(Esperanza)
-Paréceme tan dificil a situación que están vivindo os venezolanos! É un país que non debería de ter pobreza porque conta con moitos recursos, pero por desgracia, ten un presidente (mellor dito dictador) que sólo se preocupa polo seu benestar, igual que xa facía Chavez. Meus tíos viven en Venezuela e din que o están pasando realmente mal, non hai nin suficiente comida nos mercados. Viven con medo cada día e vendo como todo o que conseguiron en anos de traballo se lles desmorona. Ademais os viaxes en avión están cortadas e non poden voltar a España. A única solución que teñen é ir ata Colombia e coller alí o avión, pero é perigoso viaxar de todas formas. Oxalá pronto se arranxe todo e Venezuela poida ser libre dunha vez, ainda que se ve bastante complicado. (Fátima)
-A situación é vergonzosa xa que Venezuela, un país tan rico en recursos, sexa gobernada por xente tan incompetente que vai levar a este país á guerra. A xente vive con medo porque calquera día un policía pode acabar ca súa vida porque os policías son uns corruptos e non temen matar a xente inocente. Moita xente estase a armar nas súas casas por medo a que lles entren e os maten. Están nunha situación na que ata que haxa unha guerra ou unha gran revolución, non vai a cambiar nada. Estase a quitar a liberdade da xente e imos volver a tempos das grandes dictaduras a este paso... A solución e acabar co goberno de Nicolás Maduro. (Manuel)
-Paréceme vergonzoso o que está pasando en Venezuela ademáis tamén me da verdadeiramente pena cando me poño no lugar deses venozalanos, moitos deles galego, porque todos temos familiares ou coñecemos a alguén que estea alá. O que non entendo e como pode haber tanta xente que apoia a ese goberno tan violento e desvergonzado vendo a situación que os levan, porque o votou tanta xente gañando Maduro por maioria absoluta?. Ese país clama un cambio, unha saida que non será nada fácil pero e necesario para que ese gobernó non acabe con un país tan rico como era Venezuela.( María)
-Lo único en si que conozco de la situación en Venezuela es lo que todos nosotros podemos hallar en las noticias, en los periódicos y por Internet. Las personas que conozco que están allí, se limitan a ir a trabajar y volver a casa, salen a la calle si es preciso, de lo contrario prefieren permanecer en sus hogares; ya no se reúnen con sus amigos y conocidos por temor de encontrarse en medio de una trifulca. A mi me parece sumamente horrible la situación en la que se halla el país, al extremo que han llegado de marcar a la gente para ir a comprar. (Rebeca)
Crónica negra: En Lamela, na Estrada, hai...
Redacta, co mesmo estilo literario desta autora, un suceso similar que ti coñezas:
- Retorna o temor a Moalde:
O feito tivo lugar o 22 de Agosto do 2000 na parroquia de Moalde, situada máis ou menos a 10 km do Concello de Silleda.
Os habitantes, comezaban a prepararse para os festexos que se levarían a cabo nos seguintes días en honra ao" San Sebastián". Co dúo "Punto Cero " contratado e as ameixas xa encargadas na pescadería , tiveron que ser cancelados os encargos debido a un tráxico suceso que ninguén se esperaba.
Manolo, veciño de toda unha vida, acabou coa vida de catro membros dunha familia moi querida por todos.
As hipóteses apuntan a que Xosé (falecido), casado e con dous fillos (tamén mortos) , lle debía 3.000 € a Manolo, que lle roubaba leña que tiña no cuberto e se apropiara dun prado para dar de comer ao seu ganado.
O asasino, canso xa de tantas burlas e pasar por alto os acontecementos, decidiu tomar a xustiza pola súa man, xa que tras diversas denuncias ninguén o axudaba.
Tras catorce anos no cárcere, hoxe , 22 de Febreiro de 2014 , soltan a Manolo, xa que este está a vivir os seus últimos días por mor dunha enfermidade. Este, nunha roda de prensa, afirmou que todo tivo lugar nun momento de arrebato e que durante os últimos anos moita xente o axudara a reformarse e a pensar sobre o que pasara .Vendo que os seus días estaban contados, pediu pasar os seus últimos momentos coa familia e aproveitar para pedir perdón a todos aqueles aos que lles fixera dano.
Os veciños, sen embargo, están atemorizados pola súa volta , temen que volva facer dano e que as palabras que pronunciara na televisión fosen unha mentira e así causar pena aproveitándose da enfermidade.
(Antía)
-Un entroido marcado por unha serie de catastróficos sucesos.
Impactantes e sobreacolledores os sucesos que azotaron o entroido de Bandeira este ano. Uns din que foron causa dunha madición ou dun mal de ollo, outros din que estes sucesos foron unha proba divina de que este ano o entroido debía ser suspendido , e tamén están os que din que “Veña o que veña, pa´diante”
Todo se remonta ós días anteriores ó gran día do entroido Bandeirés. Chovía ás 24 horas do día provocando uns charcazos inmensos nas rúas, desteñimento de varias fachadas das casas quedando a ladrillo puro, a proliferación de peixes de auga doce en pequenos campos inundados…E incluso temos a pequena declaración dun veciño que afirma ter saído á rúa en chancletas e traxe de baño. Outro problema ó que se enfrontaron os veciños bandeirenses foi o vento. Rachas que sacudían brutalmente e sen piedade na zona, chegando aos 100km/h. Moitos laiábanse por mor disto pois o vento levou consigo moitos obxectos preciados coma paraugas e ata árbores derribou. Pero nin a gran inundación, nin os tornados e nen sequera a perda de obxectos puido co espírito de celebración do pobo. É entón cando chegamos ó sábado 1 de marzo, cunha climatoloxía desafortunada e con todo un pobo de valentes guerreiros que saíu igualmente á calle para festexar esta data tan recoñecida, e así poder ver o desfile dos encomiables participantes que desfilaron coma grandes. A estas mulleres e homes nen sequera lles preocupaba cazar unha pulmonía! Porén, no medio do desfile un trastornado atropelou sen clemencia ningunha e con alevosía ao semafóro da rúa xeral. A súa intención era impedir o entroido, pero non o conseguiu, pois o desfile celebrouse pola Rúa da Feira e puido continuar. Pero isto non é o final das degrazas, pois unha vez ramatado o desfile, a piques de comezar o “Alto dos xerais”( actuación covizada e desexada polo pobo bandeirés), os cabalos resultaron envelenados cunha pócema do sono. Recentes investigacións concretaron que o responsábel fora o cómplice do asasino do semáforo, e ámbolos dous no presente esperan sentencia, e seguro han de estar rabiosos pois o entroido continuou. Ante o imprevisto, unha pastora que se atopaba no lugar acudiu para colaborar co Alto ofrecendo as súas ovellas. E así foi como Lupita, Ortensia, Petunia, e Laniñas salvaron o Alto dos xerais, que este ano foi máis ovino ca nunca. E para finalizar, o último desastre ocorreu no pavillón á noite. No medio da festa e antes de que deran os premios do desfile, un grupo de revolucionarios baixo o grito de “Bandeira Ceibe”, apoderáronse do palco e comezaron a tocar unha canción moi pegadiza na que demandaban a liberación de Bandeira da parroquia de Manduas. Logo de tras varias negociacións cos activistas locais, estes acodaron que non resultaría ninguén ferido a cambio dos cartos dos premios do desfile. Despois da súa partida do devandito lugar, os ánimos continuaron e a festa alargouse durante dous días. Bandeira mostrou que son unha gran raza e que rendirse nunha é a solución. Dende ese día o imno do pobo bandeirense foron as palabras “ Bandeira guerreira do entroido e das ovellas” (Esperanza)
Cruzamento de declaracións...
O doble crimen de Dornela, Silleda, apunta a dous dos acusados xa que as súas declaracións culpan ao outro. O terceiro acusado ten cuartada xa que no momento do asasinato atopábase xogando a unha interesantísima partida a 35 kilómetros do lugar pero di que un deles, chamouno para dicir que Bértolo "los aniquiló".
Bértolo di que Rey despois de cometer este terrible doble crime, acercouse ó seu taller a darlle a arma coa que se levou a cabo este asasinato a sangue fría e tamén para dicirlle que xa están mortos. A declaración de Rey apunta a Bértolo coma o verdadeiro criminal.
Parece ser que despois do desgaste do crime, estes foron pasar o resto da tarde a un club de alterne ata que foron ata tres veces á escea do crime ata que na terceira foron sorprendidos pola Garda Civil, que acordoaba a zona.
As versións seguen a marear na maratoniana Audiencia de Pontevedra. O que os acusados non sabían e que todos tiñan restos do fulminante nalgunha parte do corpo pola razón de estar presente cando a pistola se accionou para matar.
Din que volveron á escea do crime tres veces para validar se o asasinato se cometera verdadeiramente.
Un dos acusados, Montouto, queda descartado e o móvil do crime puido ser as contínuas transicións de dorgas entre as víctimas e os criminais, que deixaron moitas e perigosas débedas.
Os acusados foron declarados insolventes e a súa pena foi reducida.
Despois da cara de horror deste crime, queda unha parte de tristeza tamén xa que un dos asasinados tiña unha filla pequena. A nena, que agora ten uns nove anos, tiña tan só un ano cando o seu pai foi brutalmente abatido a tiros na pista de Dornelas. (Manuel)
-Robo a un bar de Silleda
Se desconoce aún la identidad de los atracadores del bar O Refuxio en la calle Avenida Estación de Silleda. Dicho local fue atracado dos noches consecutivas en la cual no hubo testigos, los dueños ya he han puesto en contacto con un nuevo servicio de alarmas para intentar prevenir con mejores resultados cualquier futuro intento de robo.
Los vecinos que viven en el mismo edificio, en cuyo bajo se encuentra el local en cuestión, niegan haber oído a los ladronesal igual que la ya antigua alarma del bar. Se encuentran profundamente sorprendidos ante dicho asunto, algunos de ellos afirman temer por su seguridad y sentirse consternados frente al hecho de no oír nada las pasadas noches en los momentos en que ocurrían los atracos.
La policía ha comenzado ya la búsqueda de sospechosos hasta ahora sin ningún resultado afortunado. (Rebeca)
Rouban a unha octoxenaria na parroquia de Parada, Silleda
Na tarde do domingo día 9 de marzo, a vida transcurría con normalidade na pequena parroquia de Parada, os nenos andaban coas bicicletas, un grupo de rapazas daban un paseo polo lugar. De repente un veciño veu unha furgoneta branca a toda velocidade por una pista, pareceulle algo extraño, uns intres despois una veciña berrou: – roubaron a señora María, os veciños acudiron rápidamente, ela atopabase ben pero moi asustada, pois atopara a un home no seu cuarto, ó vela a ela saltou pola fiestra, un coche esperabao fora, era una furgoneta branca. A señora María era maior e vivía soa. Os veciños chamaron a garda civil que non tardou moito, preguntaronlle á señora se lle levaran algo e esta díxo que non botaba nada en falta, así que fixeronlle unhas recomendacións dicindolle que non debía vivir soa e tiña que poñer unhas reixas nas fiestras.
Á tardiña, o mesmo veciño que vira a furgoneta, foi buscar millo para as vacas, e cal sería a sua sorpresa cando entre o millo empezou a topar bolsos, carteiras, papeis ciscados, co nome da Sra María. Volveu chamar a Garda Civil e estes dixeronlle que estaban moi ocupados, que recollera todo e o levara a casa dá Señora. E así rematou a historia sucedida na parroquia de Parada, ¡dos ladróns nada se soupo! ¡se levaran algo tampouco! (María)
-O roubo na tenda de lás
Unha noite de inverno, arredor das doce de madrugada, un suceso terrible tivo lugar na cidade fermosa da Coruña. Ninguén o esperaba, ningunha das señoras xubiladas que frecuentaban o lugar, ningún paseante nocturno...e moito menos miña nai, a dona da tenda. Sí, naquela humilde tenda de lás, no medio da penumbra e cas rúas silenciosas...tan só se podían ver alumbrar o par de focos do escaparate e a luz das farolas. De súpeto, un rapaz con malas intencións, rompeu o cristal
E tamén hai boas pezas!
É vergonzoso. Estamos no século XXI ou na Idade Media? Aquí que un se mate a estudiar durante anos parece que é o de menos. Calquer político pode meter a súa prima terceira, que só ten a EGB, nun bo posto do concello. Qué máis da sinon ten nin idea do seu traballo! Aquí todo é liso e llano. Os cargos públicos deberían de ir exclusivamente para as persoas que se esforzaron en conseguilo e prepararon unhas oposicións. Si queren meter a un familiar nun posto de traballo páreceme estupendo, pero primeiro que o ganen cunha preparación. Así estan as cousas e España, chea de ineptos que non valen para nada máis que para roubar (Fátima)
-Nesta noticia fálase do problema que ven carrexando a sociedade española, e sobre todo a galega, dende hai moito tempo: O caciquismo. O malo destas novas é que aínda que pasen os anos seguirán aparecendo, porque tristemente temos moi arraigado na nosa cultura o caciquismo e máis concretamente o enchufismo ( que é do que trata maioritariamente a noticia) Pénsase que a solución para atopar traballo é ter algún familiar metido en política, e íso é o que pasa na realidade , pois o enchufismo está moi presente. Deberíamos cambiar este mal hábito e deixar que as persoas obteñan traballo por méritos propios e non por cuestións de sangue! ( Esperanza )
-Canta crítica vexo aquí. Pero, ¿ en verdade pensades, que se un de nós non tivese un posto "alto" na sociedade , e algún familiar estivese a pasar por un mal momento económico non o faría tamén? Eu non o teño tan claro. Falamos moito destes persoaxes, pero se estivésemos nalgunha destas situacións, asegúrovos que moitos nin o pensarían.
Si sei que non está ben , que non é legal , o que me parece todo moi ben.¿ Pero en que mundo vivimos? ¿ Cantas cousas se conseguen no día de hoxe ilegalmente? ¿ Cantos parados hai no país? Senon podes conseguir un traballo estudiando e esforzandote e o podes facer a través dos teus contactos, ¿ porqué non? . Se á fin e ao cabo, o importante é ter cartos , que é o que nos leva a todas partes. ( Antía)
-Es vergonzoso que sucedan cosas así cuando millones de personas estan en paro. Muchos jóvenes tienen que irse del país porque aquí no hay trabajo, aún teniendo una muy buena preparación. Todos estos enchufados no merecen los puestos que tienen pero más culpa tienen los que los enchufan. Así funciona de bien la política en este país, con la mitad de los políticos que no tienen ni la mínima idea de hacer el trabajo que tienen. No niego que si estuviera en un caso parecido enchufaría a un familiar o amigo, pero pensándolo ahora es vergonzoso. Esto hasta que se tomen medidas duras seguirá pasando y el país caerá más y más. (Manuel)
-No se como comentar esta publicación, no encuentro nada interesante en ella. La situación economía de España es la que hay,el numero de personas el el paro aumenta con el paso del tiempo y hoy en día los trabajos se consiguen así, con enchufes. A caso tú no "ayudarías" aun ser querido o conocido pudiendo darle un trabajo? Es conocido que en estos puestos del estado, tanto los más bajos como los más altos, hay enchufados; por lo que no veo el interés de esta publicación. Qué es un a acción que no esta bien? Pues si. Qué va a cambiar? En absoluto, destituirán a la persona o personas en cuestión y pondrán a otro/otros que terminarán haciendo lo mismo. (Rebeca)
É vergonzoso que hoxe en día sigan existindo feitos coma este, concantidade de xente que se prepara no noso país con moito esforzo e traballo, os cales moitos deles se ven obrigados a emigrar por non encontrar traballo aquí despois de buscar e buscar. Pareceme verdadeiramente penoso que chegue un calquera, en moitos caso sen ningún tipo de formación e tope traballo así sen maior esforzo.( María)
Hai xente que comparte o pouco que ten:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/01/28/vida-estar-tirado/0003_201401G28P12992.htm
- A actitude deste cego pareceume moi boa e digna de admirar xa que oxe en día hai moi pouca xente que faga por outras persoas o que el fíxo por este home que non podía durmir baixo un teito, a pesar da sua mala situación económica, o feito de compartir o pouco que ten faino ser unha persoa moi grande. Nunca se sabe as circunstancia nas que se pode chegar a topar calquera e máis agora con esta crise económica, creo que por agora moitos de nos tampouco nos podemos queixar e debemos poñernos no lugar desta xente que o pasa verdadeiramente e darlle polo menos unha pequena axuda a cal non vai supoñer ningun cambio na nosa situación.(María)
- ¿Un cego compartindo a súa vivenda con un antigo preso que vivía debaixo dunha ponte? Estrano a verdade, pero non na sociedade de hoxe, supoño que é entendible entre eles que saben o que é pasar un día sen comer ou sen un refuxio donde resgardarse da auga.
Moitos dedícanse a mirar por enriba do hombro á xente que ve polas rúas, sen deixar unha misera limosna, pero que lle imos pedir... se ultimamente os dunha "clase más alta" ata están a afrontar problemas económicos por esta gran crise interminable e por motivos diversos nós tamén entre outros deixamos de colaborar cos máis necesitados. É agradable que quede xente coma este cego que se preocupan máis ca do seu propio ben. (Antía)
-Está claro que no mundo tamén hai xente boa como este cego que a pesar de que a súa situación económica non era a mellor acoulleu na súa "casa" a un home apodado Basilio o cal dormía baixo unha ponte sobre uns cartóns e agora dorme baixo un teito e nun fogar.
É moi triste que cada vez sexan máis as persoas as que quedan sen fogar e teñan que vivir baixo unha ponte ou calquera outro sitio a pesar de que o artículo 47 da Carga Magna garantiza o dereito a vivir nun lugar digno. Isto non é máis que un conto chino.
Grazas a deus no mundo queda xente boa que comparte o que ten ou o pouco que ten, pero tamén hai persoas moi racanas! Debemos pensar que quizais algún día nos necesitemos a axuda de alguén e polo tanto debemos poñernos no seu lugar, xa que tal e como está indo esta situación non sabemos a donde imos ir parar... (Yolanda)
-Este cego é un bo home e ademais un exemplo a seguir. O noso protagonista Jose Luís ,un exconvicto, foi acollido por dito invidente na súa humilde morada, ofrecéndolle así un refuxio da choiva e outros fenómenos meteorolóxicos, que sufría debaixo da ponte onde vivía antes. Moitas persoas neste país están na calle na mesma situación que Jose Luis, pero, se houbera máis persoas coma o noso heroe cego tal vez este país volveríase mellor porque, senón facemos o ben os cidadáns de a pé, dende logo que os políticos e os máis adiñerados non o van facer!
Sinceramente moita xente na situación do noso protagonista delinquiría de novo para volver ao cárcere e gozar de comida e un teito. Porén, el asegura que é feliz e que se rouba é so algún alimento de vez en cando, polo que deduzo que aínda que estivo preso é unha boa persoa.
Conclúo dicindo que este tipo de noticias de persoas altruístas coma o noso invidente alégranme bastante. (Esperanza)
-Ser un ex-presidiario debe de ser duro para aquellos que quieren dejar sus actos del pasado atrás, es difícil confiar en ellos y lo que hayan hecho cuenta mucho en el presente; aún así, dejar a un ser humano en la calle de tal manera esta claro que es inhumano. Hoy en día existen determinados lugares donde se acoge a gente sin hogar, y dadas las circunstancias del país, se debería invertir más en estas instalaciones. Estas personas no piden lujos sino lo mínimo para subsistir. Es horrible como millones de personas ven a diario a otras en estas circunstancias y no hacen nada, aquellos interesados en que esto cambie no tienen el poder, al menos no el suficiente. Este hombre, en cierto modo, ha tenido suerte, un amigo lo ha acogido con lo poco que tenía, y eso es mucho. Debo añadir que viendo la fotografía publicada no comprendo porque no duermen ambos en la cama, pero algo es mejor que nada. (Rebeca)
-A xenerosidade do cego (compartindo o pouco que ten) co outro home paréceme algo increíble, un exemplo que poucos seguen. Que en España nos siga preocupando máis que non podemos mercar roupa de marca...ou que os políticos necesitan máis Mercedes... aínda é máis incréible, e sobre todo, penoso. Oxalá estas boas persoas recibisen apoio e axuda, as que realmente o necesitan. Mentres sigamos chamándolle a España "Estado de benestar" e non nos paremos a mirar máis alá da nosa sombra, a situación non mellorará. Os pobres seguirán axudando aos pobres. (Fátima)
-La generosidad de ese ciego es enorme ya que teniendo poco para él decide compartirlo con un exconvicto, que por ser eso mucha gente ni le abriría la puerta. Es inhumano que una persona esté viviendo debajo de un puente y que no tenga una vivienda digna, como dice la Constitución. A los que gobiernan se les debería caer la cara de vergüenza de ver situaciones en las que alguien con poco lo comparte todo y gente con mucho no suelta ni un céntimo. Deberíamos tomar ejemplo de este ciego porque se puede decir que le salvó la vida a ese hombre. (Manuel)
Vídeo-polémica. Este vídeo encende as redes sociais.. con razón?
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/07/actualidad/1389123380_154193.html
- La verdad es que el vídeo es machista y para nada hay que hacer caso del mensaje. Si tu novia es infiel... no es razón para matarla. Videoclips así ya deberían estar censurados por lo menos para que no haya gente que gane dinero con mensajes de machismo. El caso de Luis Tosar me parece del todo normal porque es un actor. En una misma situación podría hacer de asesino y no ser juzgado por eso, es su trabajo simplemente. Está claro que el vídeo es contra la mujer totalmente pero no quiere decir que Luis Tosar sea un criminal...(Manuel)
-
-É un vídeo misóxino e machista cunha letra que da noxo!
A mensaxe está ben clara : "Se a túa moza che é infiel ou te abandona, MATAA" E iso non é o peor senón que aquí a víctima é o home!!
O pobre do home non tivo máis remedio ca facelo porque a súa noiva lle obrigou por non obedecerlle e serlle infiel a un capullo coma el...Pobre , pobre capullo!
Na miña posición de muller vexo esto coma burla cara o noso xénero e se os autores do vídeo declaran que hai ironía nalgún sitio, ou se refiren ao feito de que o cadáver da muller se poña a bailar ou eu non vexo nada de irónico. Máis ben creo que é bastante directo.
E no que respecta a Luís Tosar, é o seu traballo. É un actor e aceptou un papel pero...Porén, se eu son el pensaríame seriamente participar nun proxecto promovido por un grupo chileno machista no que matan a tódalas mulleres que saen no vídeo. E máis aínda sendo dende o 2008 un membro dunha asociación pola igualdade de xénero.
En fin, el se aceptou sería por algo pero deixo a dúbida de se o que fixo está ben ou non. Na miña opinión, el non foi o que fomentou o vídeo pero puido rechazar o papel. (Esperanza)
- Antía : Sinceramente, non sei se a miña opinión deste video é positiva ou negativa xa que son dúas perspectivas as que se me presentan. Unha dende muller e a outra hacia o "teatro" que realizan . Porque é certo, Luis Tosar, para min un bo actor, non merece as críticas que recibiu, o que el fai é actuar ante un público, é teatro, é o seu traballo e é do que vive , porque isto non é a realidade , é un video no que uns músicos tocan e uns actores participan . Outra cousa é a letra da canción ou o papel que teñen as mozas. Todo en si parece un tanto violento, pero vanme dicir os que criticaron isto , que non existen milleiros de videos musicais con letras e imaxes machistas no mundo, para que teñan que vir a falar mal do traballo desta persoa?
-Yolanda: Eu dende a miña perspectiva non estou a favor de unha cousa nin de outra. O actor Luis Tosar so está a realizar o seu traballo como actor e reprensentar este videoclip que como ben decía a miña compañeira Esperanza é un vídeo machista, unha burla máis cara o noso xénero. Este videoclip dende a miña opinión deberían estar totalmente prohibidos!
Por outra banda Luis Tosar a parte de que só está realizando o seu traballo, tamén debería darse de conta de que non é un videoclip como outro calquera polo que el mesmo deberia non haber participado no videoclip tal e como están as cousas agora mesmo co tema da violencia de xénero ¡unha auténtica vergoña!
-Na miña opinión pareceme que se está esaxerando bastante nas reaccións con respecto a actuación de Luis Tosar, peso que el se limitou a facer o seu traballo rodando unhas esceas que lle foron propostas para facer o vidioclip da canción, a letra de dita canción si que e algo violenta pero quizais el non pensou que estivera facendo algo tan malo como para ter tanta repercusión, agora xa pediu perdón e considero que é perdoable.(María)
-O video ten unha mensaxe claramente machista, e bastante violenta. Deberían de pedirlles explicacións ao grupo, pero non ao actor. Luis Tosar é eso, un actor que actúa. E verdade, non debería de ter aceptado o proxecto sin pensalo un pouco mellor antes, pero todos cometemos erros. De todas formas, está claro que por facer un video sobre este asunto, non se convirte nun machista ou nun maltratador; segue sendo o gran actor de sempre.
-Ser juzgado por actuar, en mi opinión, es algo irracional. Bien, hay que tener cuidado con que trabajos escoges siendo actor ya que algunos podrían ser perjudiciales, como este; quizás Luis Tosar no piense lo que la canción exprese, podría haberse negado a participar en el vídeo pero no se le puede adjudicar un pensamiento por un personaje que ha interpretado, no tiene sentido, eso no es real, no tiene porque serlo. Considero que antes de impedir su colaboración en el festival IMPLICATE,en el cual ha participado desde hace años, debieron habla con él y comentárselo, llegar a un acuerdo. En cierto modo es como juzgar a alguien por algo cuando no lo conoces en absoluto, la canción se me hizo pegadiza; que habla de un tema polémico y así? Si pero es una canción y él no es su compositor (Rebeca)
Hai xente boa polo mundo:
El sacrificio de un hombre:
Hombre despedido por socorrer a un individuo en el incendio de su coche. Ser buen ciudadanos hoy en día sale caro...
http://www.20minutos.com/noticia/9762/0/despedido/tienda-meije/sofocar-incendio/ (Rebeca)
Un hombre le hace una fiesta de cumpleaños a una indigente en la calle, en una improvisada celebración. Está protagonizado por el fotógrafo colombiano Emilio Aparicio Rodríguez que desea darle una sorpresa a Andrea Chaparro, una mujer sin hogar.Andrea es una de las viejas conocidas de Emilio en sus reportajes, por lo que decidió darle una sorpresa con motivo de su cumpleaños. (Manuel)
¿É lícito cobrar por unha entrada a un parque ou monumento cultural? (Colmenero)
11. "Hay al menos 1.200 casos anuales de eutanasia que no se registran, y en mil de ellos no se cuenta con el consentimiento del paciente". Este caso se produce en Holanda, aunque hay muchos paises del mundo donde ocurre.(Calviño)
http://encuentra.com/sin-categoria/eutanasia_articulos_de_prensa_para_pensar_y_discutir12918/
12. "De los 2.000 artículos de biomedicina y ciencias de la vida retirados en el último año, el 21% fueron anulados por errores y el resto por "mala conducta"
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/03/actualidad/1349269725_027784.html
(Raquel F.)
13.“Cuando yo era adolescente, hippie, melenudo y travieso, acostumbraba a proferir “policía asesina” y esa costumbre me reportó muchos porrazos que valían la pena, todo tenía sentido. Ahora, lo de defender al Estado, por encima del pueblo, les suena cada vez peor. Quizá deberían pensar en cambiar de bando. Policía y pueblo. Y alguien empezaría a gritar en las manifestaciones: policía amiga.” http://blogs.publico.es/rosa-espinas/2012/12/29/policia-asesina/ (Laura Gómez)
Actualidade: "FÓISENOS DAS MANS"
Citamos e comentamos sucesos que ocorren no mundo porque ás veces non se miden as consecuencias das propias decisións.
1) Uns rapaces do equipo xuvenil matan a un linier nos Países Baixos:
http://deportes.elpais.com/deportes/2012/12/04/actualidad/1354623455_824879.html
Outra vez o "deporte" como detonante da violencia sen sentido.
2)``200 Euros´´
A droga e o diñeiro por encima da vida dunha persoa.Que calen as navallas e fale o sentido da razón.(Tomigan G.R.)
3) Suicidio dunha enfermeira por mor dunha broma dunha radio australiana:
http://www.diariocritico.com/internacional/kate-middleton/jacintha-saldanha/broma-telefonica/424517
En múltiples ocasións os medios de comunicación non entenden de límites á hora de conseguir a exclusiva. (Rita)
4) Se pega un tiro en la boda de sus amigos jugando a la ruleta rusa:
http://www.20minutos.es/noticia/658913/0/boda/ruleta/rusa/
Definitivamente, as armas só sirven para causar desgracias. (Raquel B.)
5) Saúdos fascistas antes dun partido de fútbol nun colexio:
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/12/10/valencia/1355148702.html#comentarios
Unha vez máis a política manchando a imaxe do fútbol. O fútbol é unha diversión non un acto para reivindicar as túas ideoloxías. (Xan)
6) Un adolescente morre por un despiste do seu amigo:
Unha vez máis o que empeza como un xogo remata nunha desas traxedias difíciles de esquecer. (Laura F.)
7) O exceso de aforo posible causa da traxedia do Madrid Arena:
http://politica.elpais.com/politica/2012/12/05/actualidad/1354742860_884038.html
O que podería haber sido unha festa divertida convirtese en en traxedia pola avaricia de uns poucos. (Rebeca Sesto)
8)«Nunca vi algo como esto», afirma el forense
-Como siguen existindo persoas capaces de matar a nenos a sangue fría, coma quen lle regala un caramelo. (Nerea)
9)«Libre con cargos tras embestir drogado a dos coches patrulla» http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2013/02/15/libre-cargos-tras-embestir-drogado-dos-coches-patrulla/0003_2013021360934323656163.htm (Checha)
10)El alcalde de Catoira denuncia a un menor por insultarlo en Twitter
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/02/15/alcalde-catoira-denuncia-menor-insultarlo-twitter/0003_201302G15P10993.htm (Colmenero)
11) Morren dous delfíns drogados por uns individuos durante unha festa en Suíza. (Calviño)
12.Muere un joven en Lalín tras sufrir una descarga eléctrica.
"O que comeza como un xogo remata..."(Raquel F.)
13. Un excesivo traballo pode ocasionar a morte.
http://elpais.com/diario/1991/02/12/sociedad/666313204_850215.html
"É necesario traballar para vivir pero non vivir para traballar" (Laura Gómez)
Non sei se estudiar filosofía.
Leer más: http://www.lavanguardia.com/vida/20100522/53931675876/el-ser-vivo-creado-por-ordenador-abre-un-debate-etico.html#ixzz2KzQmq7mk (Checha)
10. La entrada al park Güell costará entre 7 y 8 euros para los turistas.
http://www.huffingtonpost.es/2012/12/24/la-celebracion-del-cumpleanos-indigente_n_2357988.html
Os heroes de Angrois: In the news there is not just bad people, there are also people who will try and help others as this guy only 15 years he has lived a very strong experience in angrois accident. There were many bodies were lifeless or wounded, but was working with people and helping people like a mother looking for her son and that unfortunately was dead. Jose Ramon has lived but very tragic things keep going as if nothing happened after the trauma that has lived, a true hero.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/07/28/heroe-solo-15-anos/0003_201307G28P12992.htm (Yolanda)
Un café con gotas..de solidariedade:
A idea é sinxela, un cliente vai a un bar toma o seu café e deixa pago outro para que o poida tomar outra persoa sen recursos. ( María)
http://pontevedraviva.com/xeral/8279/cafes-pendientes-iniciativa-cafeteria-pontevedra/
Menganno, o heroe arxentino:
Un home que vai polas rúas cunha vestimenta estilo "Batman"...está tolo? Pois non, dedica a súa vida a axudar aos necesitados e resolver conflictos, simplemente unha boa persoa. Podedes ver de quen se trata neste blog. (Fátima)
O altruísta:
Enrique García viaxaba de Sarria a Duarría, parroquia practicamente pegada a Castro de Ribeiras de Lea, e o seu coche patinó, saíuse da estrada e acabou no río; alertado pola súa filla, Arcadio Ares achegouse á beira do Lea, viu o que pasaba, pediu unha corda nun bar próximo, e logrou sacalo da auga en algo menos de 15 minutos. (Máis información en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/12/10/agora-xa-teno-irman-mais-vello-ca-min/0003_201312G10P12994.htm?idioma=galego )
A túa personalidade é o que te fai guapo:
Se vedes o seguinte video comprenderes o título. Recoméndovos que lle botedes unha ollada porque paga a pena ver que hai tanta xente boa no mundo. Neste caso son un grupo de persoas que maquillan a outras e lles poñen unhas pelucas, pero estas outras son moi especiais, son persoas con cáncer. (Antía)
A lectura é o camiño cara unha infinidade de posibilidades. Todos merecemos poder ler!
Eu aposto pola cultura e aposto polo saber. Proxectos coma o de Otávio César de Souza Júnior fan escapar algún sorriso entre tantas malas noticias, que por desgraza abundan. Moitas persoas no noso mundo non poden estudar e coñecer os segredos do mundo que os rodea, e accións coma as de este home son moi necesarias. Unha fermosa historia pola loita dun dos dereitos máis importantes do ser humano: O dereito de poder ler un libro! (Esperanza)
http://cultura.elpais.com/cultura/2013/12/05/actualidad/1386272463_638640.html
Curso 12-13. Presentamos as nosas reflexións en forma de vídeo, de texto, de fotos:
O dilema: que é peor, o egoísmo ou o odio:
http://politica.elpais.com/politica/2013/04/21/actualidad/1366571205_520315.html
http://cultura.elpais.com/cultura/2013/04/21/actualidad/1366565947_876088.html
-Tanto o egoísmo coma o odio son cousas que todas as persoas sentimos cara alguén ou cara a algo en algún momento da vida, pero se falamos deles referíndonos á política ou a un dictador, a todos nos parece que son cousas que só alguén como Hitler podía sentir, asique non deberiamos sentirnos ofendidos. (Diego)
-Non me vou a decantar nin polo odio nin polo egoísmo,parécenme dúas características que calquera ser humano debe evitar. Creo que comparar ao lider da Alemaña nazi co edil do PP de Ourense carece de lóxica. Non creo que Baltar lle fixese dano a ninguén fisicamente nin psicoloxicamente polo mero feito de ser afeccionado a coleccionar coches antigos, a non ser que atropelase a algún cidadán(dato que polo de agora descoñezo). O paisano este (Laurencio Cousa) cree que o secreto de Adolfo era o odio, eu aumentaríalle dúas características máis que son a envexa e o afán de acadar o poder absoluto a escala mundial. O ``führer´´ da NSDAP acabou con milleiros de vidas humanas. Persoas inocentes tamén foron cruelmente asasinadas en todo o mundo durante os anos que abarcan a época de apoxeo Xitleriano,algúns destes foron os causantes:Mao Zedong, Xosé Stalin,Metaxas, Benito Mussolini, Oliveira Salazar, Fran Franco,pouco despois Perón,Castro...) . Quédome con estas palabras do historiador apaixóanme o estudos sobre os réximes totalitarios e paréceme que está moi acertado criticando a todopoderosa Unión Sovietica de Xosé Stalin na cal ata sendo fillo do propio lider ou sendo fiel ao réxime a túa vida corría perigo :"Stalin practicaba el carisma negativo, toda la imagen de Hitler le parecía una sandez. Con Stalin no había reglas para evitar ser asesinado. Nadie estaba seguro. En la Alemania nazi estaba claro quienes iban a ser perseguidos por el régimen, en la URSS estalinista no. Stalin unía con el miedo como Hitler con el odio"
Fixen un comentario pouco relacionado co tema,razonar sobre asuntos éticos non é o meu (Mateo Gil)
- Estes son dous casos de política que representan a política do pasado, marcada por medidas irracionais e inhumanas, e a política do presente, marcada polo egoísmo e a corrupción. A política para min é un dos sectores que provoca máis violencia e conflictos entre a xente, xa que nunca uns se poñen de acordo con outros e a única solución que ven é a violencia tanto verbal como física, moitas veces. Se a xente non lle dera tanto énfase ás ideoloxías, que o único que fan é someternos a conflictos, viviríamos nunha sociedade moito máis xusta e tranquila para todos. (O de Lamela)
-O egoísmo e o odio son sentimentos que están presentes na sociedade dende sempre, e que xa forman parte dela. O único que fan é provocar conflitos de todo tipo e que a sociedade se vaia degradando na súa ética. Recollín unha interesante frase dun artigo: “Es más fácil unir a la gente alrededor del odio que en torno a cualquier creencia positiva".Creo que esta deberíanos facer pensar sempre o por qué das cousas e se en realidade merece a pena que estes sentimentos formen parte da nosa vida.(Laura Fdez)
- Na miña opinión, o odio é un sentimento que ao igual que o amor, non se pode controlar, pero sí moderar segundo a importancia que lle demos. Sempre vai haber algo ou alguén que non nos guste, nos moleste ou incluso nos irrite, e este levaranos a desenrolar este sentimento, que non é para nada positivo, pero si inevitable. En referencia ao egoísmo, creo que a diferenza dos sentimentos, si o podemos controlar. Que un pode decidir baixo que actitude quere actuar. (Rita)
-Creo que o odio é algo que non podemos evitar, podenos gustar moito unha cousa ou polo contrario podemos odiala, máis ou menos, pero odiamola por non ser do noso agrado, en cambio o egoísmo é algo co que non nacemos, senon que adquirimos da sociedade, de nosos pais, cando somos pequenos a uns ensinanlles a compartir, a outros polo contrario ensinanlles a ser avariciosos e coidiciosos. Co tempo convirtense en egoístas. (Nerea)
-Considero que a política e o pilar fundamental dunha sociedade. Sen ela o que nos queda son dicturas ou similares, e eso non e bo. Efectivamente a política actual está moi estragada. Pero creo que está nas nosas mans, xovenes que nun futuro ocuparemos postos, máis ou menos importante, mellorala e para iso creo que debemos creer nela, non na política que hoxe os políticos fan en moitos casos basada na corrupción e en querer encher os petos, senon esa outra política que pasa por ser político por vocación e non por interesa. Chamádeme ilusa, pero o egoísmo e o odio son dous sentimentos que podemos mellorar e controlar, e penso que sí a persoas que poden ser políticas e non egoístas. (Rebeca Sesto)
-Creo que egoísmo e odio son sentimentos negativos pero non equiparables. Na segunda noticia preséntase a cara disfrazada do odio. Como a manipulación que exercía Hitler sobre a poboación consigue xustificar os medios usados para un fin concreto: a expansión do imperio alemán. Deste xeito, a xente intentaba aceptar o agravio que se cometía.
Doutra banda, recurrindo a un tema moi actual, a primeira noticia pon de manifesto a degradación á que se somete tanto a persoa que ofrece "favores" como a persoa que o agasalla con bens materiais. (Laura Gómez)
- O odio, a diferencia do egoísmo, non atende a razóns, é incontrolable. O egoísmo en cambio, é unha conducta que si podemos controlar, e sempre é evitable cun pouco de esforzo. A pesar disto os dous son sentimentos negativos que por desgracia están moi presentes na nosa sociedade, e non creo que se poida considerar un peor ca o outro. (Raquel B.)
-O egoísmo e o odio están presentes na sociedade e provocan malos efectos sobre ela pero como moitos outros sentimentos, non creo que se poida decir que un sexa mellor que outro só que o egoísmo é máis "controlable" digamos que o odio, aínda que penso que hai moitos máis sentimentos negativos e máis importantes que estes dous. (Calviño)
-Creo, sinceramente, que o egoísmo está impreso na natureza dos seres humanos e animais do mundo e só cunha ética forte pódese evitar. Sen embargo, o odio é un sentimento xerado por nós mesmos, un sentimento que se pensas dunha maneira racional pode ser evitable. Dous sentimentos tremendamente negativos de natureza diferentes. Os dous son peores. (Manuel Colmenero)
-Tanto o egoísmo como o odio, son sentimentos que todos temos dentro e que ,de vez en cando saen sen decatarnos. A diferenza está en que o odio podemolo evitar e o egoísmo está presente dende que un é un rapaz pequeno. Tamén está claro que ambos son sentimentos que un reflicte no momento que os aprende ou no momento en que algo lle parece inxusto. (Raquel Ferradás)
Realmente, isto está pasando?
-Estamos a chegar a un pumto no que calquera mínimo xesto dun home a unha muller xa se entende como abuso sexual ou maltrato. Non estou decindo que non exista, está moi presente nas nosas vidas e case todos os días vemos noticias sobre isto, pero creo que as porcentaxes son moi elevadas debido a que algunha xente se aproveita da situación. (Diego)
-Este estudo é un pouco fantasmilla,o abuso sexual dáse en sitios así rarillos como A Estrada e tal, xa que debido ao seu microclima teñen tod@s incontinencia sexual.PD:QUÉDOME CON UNHA FRASE INTERESANTE DE REBECA:Chamar abuso sexual a determinadas cousas podería ser sacar as cousas de contexto(Anónimo ) O/
-Que case a metade das mulleres sufran abusos por parte das suas parellas pareceme algo esaxerado. E máis se temos que conta que os insultos son considerados abusos xa que creo que a maioria das persoas insultan a sua parella de forma cariñosa.(Nerea)
-O titular da noticia é desmesurado. Chamar abuso sexual a determinadas cousas podería ser sacar as cousas de contexto. Que a túa parella abuse de ti é algo moi serio e debería haber prevención e educación ao respecto como a hai sobre as drogas ou o alcohol, pero ainda así esta noticia en concreto pareceme que demostra como hai que ler o miolo dunha noticia e non fiarse dos titulares, repito, desmesurado. (Rebeca Sesto)
-Os abusos cara as mulleres por parte das suas parellas é algo moi triste e moi presente na nosa sociedade, pero dudo moito que a porcentaxe de mulleres que os sufran sexa tan elevada. Inda que vistos os feitos tomados como abusos sexuais, os datos si que se poden acercar algo máis a realidade, pero na miña opinión moitos de estos feitos non se deberían considerar abusos. (Raquel B.)
- Creo que un tema como o do abuso a calquer persoa sexa do tipo que sexa é algo moi grave que non se debe tolerar, pero creo tamén que non se pode denominar abuso a determinadas accións. Co cal non quero dicir que estean ben, senon que deben ser encadradas dentro de outro termo, xa que o resultado de non facelo así, é que todos nos escandalicemos lendo o titular e as elevadas porcentaxes (44% de mozas). Para logo, ao rematar de ler a noticia, ter unha impresión ben distinta. (Rita)
- Os abusos sexuais son un tema moi delicado para a sociedade, e é algo que se debe tratar con moita sutileza, xa que o que comeza por ser unha broma ou un mínimo insulto, pode acabar nun caso de violencia de xénero. Os datos que nos aporta esta noticia son algo relativos, xa que a través dunha mínima enquisa non se dan sacado datos tan confidenciais e tampouco creo que se dean en tanta proporción como a que expresan. (Xan)
-Creo que na actualidade téndense a esaxerar as cousas, e isto é un claro exemplo. Un tema tan grave e delicado como o abuso sexual non pode ser usado de forma inconsciente. Dende logo, paréceme unha estadística completamente amarillista e sacada de lugar. (Manuel Colmenero)
-Pareceme un titular bastante engañoso xa que se teñen en conta, calquera tipo de insulto incluso despois de deixar a relación, sinceramente pareceme que non hai ese porcentaxe tan elevado ou iso quero pensar.(Calviño)
- Vendo este titular a primeira vista as cifras son esaxeradas, pero se analizamos os casos que escoitamos, e mesmo vivimos, xa non nos ha parecer tanto. Hai unha ausencia de romanticismo cara as persoas alleas, que formar parte da vida dun ou formaron, o que leva á violencia verbal e, quizais a longo ou corto prazo, a violencia física. Por iso, deberíamos ter sempre presente o respecto ante calquera situación. (Laura Fdez)
- Quizais sexa irreal e esaxerado falar dunha porcentaxe tan elevada pero o que si é incuestionable a aparición ou descubrimento destas prácticas nas parellas adolescentes que afectan especialmente ás mulleres, consolidándose unha vez máis a desigualdade entre os xéneros. Ademais, cómpre salientar que, os casos de violencia verbal que moitas veces non se tratan como tal e pasan desapercbidos, son os máis frecuentes na relación. (Laura Gómez)
- Esta cifra paréceme algo irreal;non podo comprender como se estás coa túa parella,e supostamente te quere, se leven a cabo certos abusos tanto verbais como físicos; por moi namorado que estes hai certas cousas que non se deberían tolerar.(Raquel Ferradás)
Os tempos cambian:
http://es.wikipedia.org/wiki/Netlabel
Novas formas de acceder á cultura. Novos tempos para a música. Tempos de NETLABEL.
-Dada a sociedade na que vivimos, cada vez máis avanzada, é normal que cada vez se vaian introducindo novas técnicas e melloras para a xente. Ademáis, así poderiamos resucitar a industria da música, que estaba desfalecendo coa chegada de internet ás nosas vidas. (Diego)
-Vivimos nunha sociedade que pouco lle falta para estar na mesma casa e comunicarse por móvil, a música igual ca tecnoloxía e algo que esta nas nosas vidas case por igual, ata agora a música un tanto ilegal, asique este novo metodo parece unha boa solución a esta ilegalida. (Nerea)
-Boa innovación para promover a venta Online e previr a piratería de música e derivados desta.(Mateo Hill Rodríguez)
-Cunha industria musical atrasada, que non funciona económicamente e que abusa dos artistas, a única maneira de poder vender discos de maneira máis ou mneos rentable é a través da rede. (Manuel Colmenero)
-Nestes tempos nos que nos atopamos é imposible parar as descargas ilegais con ningún método, asique penso que o beneficio que poden obter será pouco ou nada.(Calviño)
-Resulta ser un bo medio para repartir de forma gratuíta e libre música de todo tipo de xéneros a través da rede. Ofrécenos a posiblidade de descargar o que desexamos de maneira fácil e rápida fronte ao encarecemento dos medios tradicionais da industria musical.(Laura Rubita)
-Falamos de era dixital, somos a xeración das tecnoloxías e, polo tanto, se se quere chegar as nosas vidas, e conseguir a atención de millóns de persoas, que mellor que rede para facelo? Hoxe por hoxe, o NETLABEL pode ser a solución para esa industria en decadencia da música. (Rebeca Sesto)
-A día de hoxe todos botamos man das descargas de música a través da rede, por eso os NETLABEL parécenme a solución máis intelixente para enfrentarse a esta situación xa que a pesar de ser pouco pouco rentables, con eles ou sen eles as descargas seguirían existindo igualmente, pero de maneira ilegal, e isto si que non xeraría ningún beneficio. (Raquel B.)
- Na miña opinión as NETLABEL son a innovación que precisaba a industria da música para adaptarse aos novos tempos que corren e tentar facerlle frente ao mundo da piratería.(Rita)
- Nestes tempos de piratería e descargas ilegais en que vivimos, os NETLABEL poden supoñer unha moi boa forma de combatir contra estas ilegalidades, aínda que na miña opinión as descargas ilegais e a posterior piratería veñen dadas por un moi fácil acceso a este tipo de actividades e a única forma de cambatilas sería poñendo máis dificultades á hora de acceder a elas. (Xan)
- Todo vai evolucionando, e o mundo da música incluído, pero unha parte del evolucionou cara a piratería, cara as descargas gratuítas na rede, o que fai que este mundo decaia; por iso creo que os NETLABEL son unha boa forma de facerlle fronte a esta evolución desfavorable, xa que todos nos movemos na rede a cada minuto. (Laura Fdez)
- O "Netlabel" é unha gran vantaxe para estes tempos que corren nos cales as persoas intentan aforrar o máximo posible e queren escoitar boa música sen descargala ilegalmente. Se todas as discográficas fixesen isto, todo o mundo se poderia permitir escoitar música e a piratería non avanzaría tanto.(Raquel Ferradás)
Momento para "escraches":
- 198 formas de protesta non violenta parecen un método moi suxerente para enfrontar o descontento que se apodera da nosa sociedade cada día que pasa. (S)
-A calquera persoa, cun pouco de sentido, lle pareceria máis razoable defender os seus dereitos de forma non violenta. O fin a violencia so provoca daños físicos e moi poucas veces morales que é o que se intenta facer coa non violencia. (Nerea)
- O termo "escrache" pode definirse como un tipo de manifestación ou protesta non violenta na cal un grupo de persoas se dirixe ao domicilio ou lugar de traballo da persoa a que se pretende denunciar.No enlace de aí enriba podemos apreciar 198 tipos de protesta,algunhas carecen de legalidade,pero sen dúbida son unhas excelentes ocurrencias coas cales se pode sacar de quicio a un grupo de dirixentes políticos.De todos modos, opinando de unha forma moi diferente que a xente que está a favor de este tipo de ``violencia moral´´ por así chamalo,na actualidade ningún tipo de manifestación sexa violenta ou non violenta trae consecuencias positivas para o pobo.(Mateo Gil Rodríguez)
- As formas de protesta non violentas son, sen dúbida, o mellor método que ten a sociedade para mostrar o seu descontento. O dano moral adoita ser máis eficaz que calquer tipo de acción violenta. (Raquel B.)
-Esta modalidade de protesta creo que pode ser das máis efectivas, á par que orixinal. Chámoume a atención especialmente a número 57, a cal non dúbido, funcionaría! Creo que moitas delas, por accións moi pouco significativas que poidan semellar, acadarían múltiples logros se cada cidadán descontento as comezase a poñer en práctica. Se este movemento non violento se lograse extender, quen sabe cal podería chegar a ser a magnitude de efectividade e todos os obxectivos que o pobo podería conseguir? (Rita)
-É un bo método malia que a maioria delas non sirven de nada xa que me parecen un pouco sin sentido, hai algunhas que si penso que poden ser moi eficaces e por suposto e preferible usalas antes ca a violencia. (Calviño)
- Os escraches parecenme a mellor forma de protestar, sen violencia, xa que esta non deberia estar xustificada en nungun caso. Todos temos dereito a protestas e as 198 formas que se mostran nos escraches son, a maioría, interesantes, orixinais e, seguramente, eficaces. (Rebeca Sesto)
- O escrache, en galego coñecido como "tratorada", é un dos modos de protesta máis racionais da actualidade. Deixando de lado a violencia é capaz de influír moi intensamente en aspectos sobre todo políticos. A maioría dos tipos de escrache que dá este señor para min non teñen éxito, xa que algúns parecen un tanto mediocres, pero a través deste tipo de protestas pódense conseguir cousas moi productivas para unha sociedade, e o máis importante é que non se usa a violencia para nada, algo que se está a poñer de moda unha vez máis. (Xam)
-Coa violencia descartada, debido a seu carácter non civilizado, a única maneira de que o pobo poida expresar a súa opinión, cambiar o sistema, ou derrocar a un goberno é mediante a protesta pacífica, pero só é efectiva no caso de que sexa algo masivo, e no caso español, a pesar de que nalgúns casos xúntanse millóns de persoas, para que as protestas sexan efectivas deberían de ser seguidas pola gran maioría do conxunto pda poboación do país. (Manuel Colmenero)
"De realizarse unha protesta nun día ninguén a tomaría por lexítima e non se contemplaría como factible. Os escraches constitúen métodos de protesta contrarios á violencia que se basan na paciencia e perseverancia. Así, estes 198 modos de acción resultan útiles se se toman en serio e confianza. Parécenme destacables o 54 (darse a volta) e máis o 69 (desparición colectiva), entre case todos os demais.(Laura Rubita)
-Estou de acordo con todas as formas de protesta non violentas. Todos temos dereito a manifestarnos e expresar a nosa opinión, pois é un dereito do ser humano, e debemos exercer ese dereito sempre que non esteamos de acordo. Por suposto estou a falar sobre as protestas sen violencia, non debemos nunca sobrepasar os límites. (Diego vía WahtsApp).
- Cantas veces temos escoitado que: “A violencia non soluciona nada, nin trae resultados” senón que acarrea consecuencias non precisamente boas. Por iso creo que o termo “escrache”, que denomina un tipo de manifestación pacífica, é a mellor opción para conseguir o que se reivindica, xa que atentar contra a moralidade dunha persoa é máis eficaz. Neste artigo podemos atopar 198 métodos de protesta non-violenta, algúns máis eficaces ca outros, pero métodos onde a violencia non é a protagonista, que é o importante. (Laura Fdez)
- Escrache: manifestación pacífica,sen recurrir á violencia. Como ben di a definición o escrache é a mellor maneira de protestar por algo sen recurrir á violencia; a maioría da xente ten a man moi lixeira e en canto non lle gusta algo no primeiro que pensan é na violencia. E, tal e como nos dicían dende pequenos a violencia non resolve nada, deberiamos utilizar máis a cabeza e recurrir a estes métodos para resolver ou polo menos intentar resolver os problemas. (Raquel Ferradás)
Na prensa dixital tamén atopamos debates éticos, e lemos entre liñas:
1. "El día en que las palabras maricón, lesbiana, chupapollas, bollera, julandrón, tortilla, gay, comecoños o puta no se consideren insultos, sino opciones orgullosas de vida, serán por fin sinónimos de la hoy casi impronunciable palabra libertad." (Aníbal Malvar en www.publico.es, http://blogs.publico.es/rosa-espinas/2013/01/16/censura-lesbica/)
2"El presidente considera que [las parejas gais] deberían estar incluidas y que a nadie debería sorprenderle”, “Esto coincide con los principios defendidos por el presidente durante los últimos cuatro años. El presidente cree que los estadounidenses con parejas extranjeras del mismo sexo no deberían tener que elegir entre quedarse con la persona que quieren o en el país que aman". (Rebeca Sesto) http://internacional.elpais.com/internacional/2013/01/29/actualidad/1359493123_471169.html
3"Una democracia que vota bloques partidistas uniformados y no personas no es una democracia. Es una dictadura renovable cada cuatro años". http://blogs.publico.es/rosa-espinas/2013/01/26/falsocracia-socialista/ (Xam)
4 "El sistema económico manda más que el sistema político." http://blogs.periodistadigital.com/teologia-sin-censura.php/2013/01/21/p328052#more328052(Mateo)
5. "Antes los niños querían ser piratas, astronautas, bomberos, vaqueros, violinistas o fisioterapeutas. Ahora, si tienes un niño listo y le preguntas qué quiere ser de mayor, la respuesta es evidente: “Papá, yo de mayor lo que quiero es ser corrupto”/ "¿Cómo es posible que la oposición no hubiera observado rarezas antes? ¿Porque eran demasiado parecidas a sus propias rarezas?" http://blogs.publico.es/rosa-espinas/2013/02/02/rarocracia/ (Laura Fdez)
6. "Quiero ser útil para que cada chica, cada niño, sea educado" Preme aquí (Rita)
7. ¿Bebé salvador o bebé medicamento? http://odinasanz.wordpress.com/2012/03/30/bebe-salvador-o-bebe-medicamento/ (Nerea)
8. "Todos los humanos nos acogemos a esas cómoda amnesia selectiva que nos permite olvidar lo que no nos conviene." http://www.informador.com.mx/mexico/2011/287296/6/temas-para-reflexionar.htm (Raquel B.)
9. El ser vivo obtenido en el Instituto J. Craig Venter de Rockville (EE.UU.) es una bacteria dotada de un genoma artificial. Su genoma es una copia, con alguna pequeña diferencia, del de una bacteria real. La novedad es que este genoma se ha reconstruido en laboratorio a partir de instrucciones genéticas introducidas en un ordenador. La bacteria así concebida ha demostrado ser capaz de reproducirse como cualquier bacteria natural. El avanc e abre la vía a manipular genomas para crear microorganismos beneficiosos para la humanidad. Pero al mismo tiempo hace temer que se diseñen microorganismos perjudiciales, ya sea de manera deliberada por ejemplo, con fines bioterroristas o de manera involuntaria porque escapen al control de sus creadores.
Entrevista con André Comte-Sponville
Que foi o que máis che impactou das súas declaracións?
http://cultura.elpais.com/cultura/2012/11/23/actualidad/1353670784_257749.html
-Comparto a sua reflexion sobre o amor, non como "o amor romántico" senón como o que realmente representa: unha desilusion co paso do tempo que implica a perda de paixón na parelle mais transfórmase noutro amor distinto, basado na convivencia: aprendernos a querernos tal e como somos. (Laura Gómez)
-O que máis me chamou a atención foi cando di "¿ahora está enamorado? no, pero amo a mi mujer". Gustariame saber que opina a súa muller diso. (Calviño)
-Entrevista a un filósofo francés no que se tocan un montón de asuntos diferentes dos que me chama especialmente a atención e a súa visión sobre a paixón e o amor. (Colmenero, non era sen tempo)
-Interesante entrevista a este gran filósofo. Gustoume a súa reflexión acerca de que o paso do tempo non acabo con todo, senón que é a morte a unica capaz de facelo. Quédome ca frase "quisiéramos que el amor durase siempre; puede durar toda una vida, pero para mí, que soy ateo, no más tiempo que una vida."(Raquel B.)
-Gústame como pensa este home sobre todo respecto o amor: "Me ocurrió varias veces, sé el encanto que puede tener, pero no me siento muy normal, no me siento muy inteligente, muy lúcido, me siento un poco exaltado, y no me gusta mucho la exaltación" creo que poucos homes son capaces de admitir isto, e se o fan e como excusa para separarse da súa muller. (Nerea)
- Chamáronme a atención moitos aspectos da entrevista, pero quédome coa forma na que fala de sua nai: "Mi madre vivía por la apariencia". Neste punto explica que cando leu aos filósofos griegos descubriu a verdade: que a ilusión é o que fai que un sexa infeliz, e a verdade, o que fai que un sexa feliz. (Diego)
- Este filósofo, tendo ás súas costas moitas experiencias e entendendo a filosofía como a búsqueda da verdade, incítanos a pensar sobre emocións ou cousas da vida. As súas meditacións causáronme unha gran impresión, xa que normalmente vemos os temas que trata dende outro punto de vista, e escoitando ou lendo a súa entrevista, dámonos conta de que as cousas son tal e como el di. Creo que a súa reflexión sobre o amor e a paixón é moi profunda, xa que cre que o amor entre unha parella baséase na felicidade do día a día e na súa intimidade; e que este poderá durar o tempo que dure unha vida. Velaquí, unha das súas tantas reflexións que, sen dúbida, non teñen desperdicio ningún. (Laura Fdez)
--Un filósofo actual, e que da gusto escoitar. Quedome coa reflexión sobre a felicidade "la felicidad es el objetivo, pero la verdad es el camino" ainda que a súa maneira tráxica de ver o amor tamen me chama a atención, o amor non dura máis que unha vida (e isto como moito) xa que cando morres o amor marcha contigo e as persoas as que quixeches. Ninguen se acorda do amor que sentían as persoas fai 100 anos. (Rebeca Sesto)
-Cada individuo ten os seus argumentos sobre o amor e o desamor,este gran filósofo coméntanos a súa gran teoría dando unhas claves para entender as suas ideas moi ben razoadas.En conclusión,destaca a sua boa maneira de expresión e o seu talante duro e ``tajante´´como..(Mateo,Quen Senón?)
-O verdadeiramente interesante da entrevista é a súa maneira de pensar sobre a paixón amorosa, xa que amosa unha teoría moi convincente. Outra cousa que me impactou foi que a través da filosofía logrou coñecer outro mundo do que coñecera na súa infancia, moi dura no seu conxunto. (Xancinho)
- "Sen dúbida, unha entrevista moi interesante. Gústoume especialmente a súa opinión acerca da intimidade como algo que non debe pasar máis alá dos círculos de confianza de cada un e destacar tamén a súa teoría en relación ás parellas e a súa evolución co tempo." (Rita)
Proxecto Terra.
O respecto polo medio ambiente comeza aquí mesmo, en Trasdeza:
As nosas reflexións:
-"Cada quen dalle un valor o que posee e ás veces cae nun engano." (Raquel F.)
- Este cómic retrata o "auténtico" valor que se lle dá a nosa paisaxe, o único interés polo beneficio e o engano por medio da estafa a unha familia moi galega. (Laura Gómez)
- Isto seguramente pase hoxe en día en moitos sitios, como xente que está podrida de cartos segue estafando o cidadán que ten o xusto para ir vivindo. O peor e que o estafado neste caso pensa que fixo bo negocio. (Calviño)
-Esta obra non só nos amosa unha historia sobre o que cada un pode facer na súa propiedade, senón que tamén nos amosa a realidade de como alguns caciques modernos abusan da vontade dalgúns incautos. Esto é algo que non só pasa nesta obra de ficción, tamén pas na vida real, dende logo. (Brad Colmenero Pitt)
-Pasan nos por encima como queren e moitas veces nin nos decatamos, creemos todo o que nos din e non nos preocupamos nin sequera por facer pescudas, logo, así nos vai. (Nerea)
-" É a miña propiedade, podo facer nela o que queira". Parece mentira que alguén poida pensar así, pero non son poucas as persoas que o fan. Na miña opinión creo que deberiamos ter un pouco de conciencia medioambiental e non construir o que sexa, onde sexa polo simple feito de que nos beneficie.(Raquel B.)
- Está claro que non podemos facer o que queiramos nas nosas propiedades, existen unhas normas, pero tamen está claro que as normas son para todos e non é xusto que a algúns nos poñan trabas e que outros se sirvan de contactos para facer o que queren. (Diego)
-Somos nós donos do medio que nos rodea para facer del o que queiramos? En que medida nos importa a beleza deste? Podemos encontrar infraestruturas que estragan a beleza dos nosos paisaxes, eses que tempo atrás eran os máis fermosos. Agora as árbores, os ríos, a nosa fauna, nós… somos veciños de fábricas, hidroeléctricas, granxas… as praias donas dos bloques e bloques de pisos que se encontrar ao seu redor. Máis e máis infraestruturas que “sorprendentemente” orixinan beneficios económicos, como non? Cartos e cartos, din que son os que moven o mundo, e razón non lles falta; pero queremos que estes o movan, ou movelo nós? Como seres racionais, que se di que somos, fuxamos de chegar ao extremo de explotar a nosa terra. (Laura Fdez)
--Xa van sendo horas de que a poboación se conciencie que facer construccións adecuandas co lugar no que se atopan. Tanto por o seu impacto visual como polos efectos que pode causar as persoas que viven ou visiten o lugar. Cada cousa ten que estar no seu lugar, seguindo unhas normas. Se cada quen fai o que quere acabaremos vivindo rodeados de bloque e de alpendres feitos sen ton nin son. (Rebeca Sesto)
- Podemos facer o que queiramos coas nosas propiedades? Dende o punto de vista do mundo actual parece ser que si, xa que a cada paso nos enteramos de embargos e derrubamentos de construccións feitas de maneira ilegal e marcadas por unha sociedade corrupta. Agora ben, debémonos seguir deixando asoballar con este tipo de ilegalidades? Eu creo que para o noso futuro é mellor que non. (O Xan)
- "A regra de ``a miña propiedade é miña e fago o que quero nela´´está moi ben cando non nos inflúe directamente ou sacamos algún beneficio, pero cando os afectados somos nós mesmos? A ninguén lle gustaría que lle púxesen unha antena telefónica ou unha granxa, por poñer exemplos, ao carón da súa casa,non si?" (Rita)
- "Ata que punto teño dereito a intervir sobre o medio ambiente? Podo construír calquera cousa na miña propiedade? A natureza está aí para que eu me sirva dela economicamente sen restriccións de ningún tipo?" (S.)
-
-
-
A filósofa Marta Nussbaum, Premio Príncipe de Asturias, que dixo?Mira:
http://cultura.elpais.com/cultura/2012/10/10/actualidad/1349872927_880083.html
-"Hay que adoptar políticas que faciliten que el potencial femenino sea respetado y cultivado" (Laura Gómez)
-"Los estudios humanísticos son materias que nos aportan información sobre el mundo en el que vivimos". (Manuel Colmenero)
- "Necesitamos de la filosofía con la misma urgencia que la Atenas de Sócrates". (Diego)
-``Lo que mediría el verdadero desarrollo sería que la gente disfrutara del derecho a la vida ´´(Mateo Xil)
- "Aprendí lo que es de verdad vivir en la pobreza. No me pareció ni romántico ni atractivo. " (Raquel B.)
- "No veo cómo puede verse empañada una religión por la mala conducta de sus miembros". (Calviño)
- " La filosofía tiene una capacidad única para producir una vida examinada, es una fuente de razonamientos y de intercambio de argumentos." (Laura morena)
-" Las actuaciones de afirmación, como las llamamos en Estados Unidos, son necesarias. Las más urgentes son las que sirven para crear espacios de auténtica y completa igualdad de oportunidades." (Rita)
-"Fue una experiencia que me abrió los ojos sobre la importancia de los problemas de desigualdad, y me puso en contacto con gente de todo el mundo interesada en el tema".(Raquel F.)
-".. o del derecho a poder usar “los sentidos, la imaginación, el pensamiento y el razonamiento de una forma verdaderamente humana” (Nerea)
-"Estaba siempre triste y aquello tenía poco que ver con mis sueños, porque la pobreza mata las aspiraciones y te quita las ganas de vivir”. (Rebeca Sesto)
-"Nuestro clima político actual es histérico, dado a las invectivas más que a los argumentos". (Xan)
E todo cambia, ou todo segue igual. Eleccións autonómicas 2012.
Comenta a noticia:
JOSÉ MANUEL ROMERO Madrid
Con el mejor resultado de la historia para la izquierda 'abertzale', Urkullu consigue una victoria que le obliga a buscar pactos. Mariano Rajoy respira aliviado y ve cerrado en Galicia uno de los muchos frentes que mantiene abiertos (El País, 22.10.12)
-Resultados totalemente esperables. Se o desinterese e a indiferencia non resultan, cómpre tomar outras medidas mellorables: acudir co noso voto, gardado no sobre, baixo o brazo e demostrar que non só existen votos populares no territorio… Outra opción, converterse nun anti-sistema; quizais a máis sensata á que recurrir nestes días de hoxe. (Laura Gómez)
- De novo eleccións e outra vez o mesmo resultado, se a xente comezara a confiar máis nos partidos pequenos e nas súas novas ideas pode que a situación cambiara algo, mentres sigan gañando os mesmos todo seguirá igual. (Diego)
-O cambio que pide o pobo non se veu representado nestas Autonómicas,estamos no 2012 e a xente todavía ten a mentalidade algo atrasada,os que piden cambio deberían comezar por cambiar as súas ideas.(Mateo Xil)
-Tanta protesta e tanto pedir un cambio para que o final todo siga igual. A desinformación do pobo ou a elevada abstención poden ser motivos do triunfo do partido popular, inda así creo que nos deberiamos sentir bastante avergoñados como galegos tras este resultado. (Raquel B.)
- Dame bastante igual a política pero penso que se o PP fai recortes será porque é necesario senón non serian tan parvos de poñer a xente que os vota en contra digo eu, e en canto o resultado era visto que ía ocurrir iso. (Calviño)
- Votantes do PP silenciosos, xente que non emprega o seu dereito a voto, descoñecemento máis alá dos grandes partidos, lei d´hont... e velaquí o resultado. (Rita)
-Todo o mundo dicía que quería un cambio,pero despois de ver os resultados obtidos comprobamos que á xente realmente non lle importa nada quen goberne, nin o futuro desta nosa comunidade.(Raquel F.)
- Facemos folgas e criticamos ó goberno e cando temos a oportunidade de cambiar isto, quedamos nas nosas casas decindo "un voto non cambia nada" e así sairon os resultados. (Nerea)
-"Mentres Mariano Rajoy "cerra frentes" moitos españoles abren os seus portatiles para parodialo, as portas das suas casas para saír a rua a protestar e, por desgracia, moitos os seu frigoríficos para atopalos baleiros. Entre tanto os galegos seguimos facendo das nosas." (Rebeca Sesto)
-Sabor agridulce tralas eleccións galegas. Unha vez máis os grandes partidos con poucas solucións gañan. O punto positivo sen dúbida a esperanza de ter un novo partido con boas ideas. (Manuel Colmenero)
-Pois ao parecer todo vai seguir igual, os galegos estando como estamos dámoslle a maioría absoluta, se non hai un cheque en branco polo medio, parece. O que non se entende é, que despois de todas as protestas e queixas dos cidadáns da política de goberno, estes sigan votando ao partido que critican. Que pasou? Os cidadáns votan polas cores? Ou que motivos os levan a votar por aquel que cren que o esta a facer mal? Cada un vota polos seus motivos, así é a democracia. Sinceramente, creo que nos atopamos perdidos ante a situación. (Laura morena)
-Despois de tanta "intriga" tras estas eleccións, despois de que uns digan ser mellor que outros, uns gobernar mellor que os outros, os outros buscar unha solución para esta nosa economía, mais moitas máis de tantas mentiras que din estes nosos fermosos políticos, os únicos datos ós que verdadeiramente se lle pode prestar atención son: aquel que di que case o 40% da xente que pode votar quedou nas súas casas e aquel que reflicte a xente que dou o seu voto nulo, ambos como medida de protesta ante esta situación tan vergonzosa na que vivimos. (Xan)
-
Cadea perpetua (por Elvira Lindo)
http://cultura.elpais.com/cultura/2012/03/25/actualidad/1332695353_246448.html
-"Un home peculiar, con unha gran retranca ("amaba os terceiros lugares e odiaba o cosmopaletismo") que o tildaron de "Pobre" por conseguir aquilo que anhelaba: paz e unha pluma." (Pedro)
-"Determinar un xesto elegante estar no medio dun debate televisivo e levantarse decindo: 'Vou mexar'... non comparto a idea. Polo demáis, é de admiración un home que ata o último día loitou por conseguir a tranquilidade que quería. (Elena)
-"Encerrouse nunha casa para conseguir a tranquilidade que precisaba, sen importarlle o que puideran pensar ou dicir. Foi un gran loitador, que denunciou as inxustizas e pelexou por conseguir a paz que tanto buscaba."(Bea)
-"Deuse de conta de que a verdadeira literatura atópase fóra." (Sabela)
-"Desde logo é un home diferente que conseguiu o que quería por raro que fose: encerrouse nunha casa de campo para alcanzar a tranquilidade que desexaba dándolle igual que o tomasen por tolo." (Nerea)
-Este home fixo o que realmente desexaba, quixo alcanzar a tranquilidade para escribir o que realmente sentia (Isabel)
-Este home con cada xesto amosaba o que queria decir e iso é algo que moitos escritores nunca chegaron a conseguir (Laura)
-"Todos nalgún momento da nosa vida desexamos ter tranquilidade, e coller as ovellas e ir para o monte pero nin así o conseguiríamos, xa que, alí tamén nos encontrarían"(Tania)
-" Aínda que fose un escritor de éxito,o único que quería era atopar a paz para escribir." (Alismar)
-Un gran autor que se dou de conta do que realmente quería e de como alcanzalo (Rocío)
-" Martin Luther King tiña un soño. Este consistía en alcanzar a tranquilidade, ainda que en realidade este soño parece que aindda hoxe en dia non se puido conseguir." (Marta)
-Un coñecido e importante autor , que dou a coñecer o que de verdad quería. (Miriam)
-No arte da sutileza, o máis humilde e leve xesto pode ser sublime.(Jose)
"Paréceme admirábel o deste home, xa que non lle importaba como fose visto cara a socidade, mentres él consiguía a súa propia felicidade" (Pablo)
De maior quero ser ex-presidiario
Morreu un dos mellores.
Requiem por Antonio Tabucchi:
Citamos: Me viene a la mente Martin Luther King que sale a una ventana y dice "I have a dream" [tengo un sueño]; el pensamiento expresado con la palabra. En la ventana de enfrente hay un señor que también tiene un sueño y además un fusil. Y gana.
-"Neste país todo o mundo leva dentro un avogado-psicólogo-juez-sociólogo esperando a que chegue o momento de dar o diagnóstico definitivo."(Pedro) -"Lonxe quedan aqueles tempos nos que a palabra reinserción formaba parte do vocabulario do periodista.A lei do ollo por ollo segue sendo a máis solicitada."(Bea)
-Desde algunhas mentes que se consideran a sí mesmas progresistas solo cabe unha solución para os nenos-adolescentes asesinos ou ladrons : a cárcel sen fecha de caducidade. (Isabel)
-Hai temas que están condenados a enquistarse sen que a ninguén lle preocupen, sinceramente. E isto non é así ,todos teñen dereito a unha reinsercción. (Laura)
-"Deberían xogar máis cos titulares para que a xente os lese"(Tania)
-" A lei do menor parece que é na que menos se traballa, a pesar de que os menores son o próximo futuro. Se non traballamos na súa reinserción, na de quen imos traballar ?" (Elena)
-"A ninguén lle importa pararse a pensar que a lei do menor falla máis que unha escopeta de feira."(Nerea)
-"Hai temas que son impopulares porque reclaman de nos un nivel de xenerosidade que non estamos dispostos a conceder" (Sabela)
-"Hai veces que penso que eses cidadáns cargados de razón desexarían que os adolescentes que hoxe cometen delitos se converteses en eses anciáns que en países como EE.UU morren entre reixas." (Alismar)
-"Sempre é máis cómodo ter o xuízo formado antes que poñerse a pensar"(Rocio)
-" Todo acaba fallando, incluso a lei do menor e a ninguén lle preocupa." (Marta)
-"Non é menos importante saber que a ley do menor non sempre acerta!" (Miriam)
-"A Ley do Menor é un escandalo, sempre falla, non se deben dar de conta que nós somos o futuro."(Pablo)
-"A ley do menor falla cando se ve que por parte do delincuente non hay forma de reinsertalo ou de arrepentimento pola súa parte"(Jose)
O caso de Günter G.
- Günter Grass dixo...
-"Non xoga contra os xudeus, xoga de parte da paz, que non entende de prexuízos." (Pedro)
-"Prohibironlle a entrada en Israel por atreverse a dicir o que moitos pensan, pero que por medo calan. Oxalá que as súas palabras teñan algún efecto no relativo á hipocresía amosada por Occidente."(Bea)
-" Xa lle gustaría a moitos ter a valentía que el tivo e dicir o que realemente pensa sen ter medo ás consecuencias e críticas que isto lle traia."(Sabela)
-"Por fin alguén que di o que pensa sen ter en contra as críticas que vai recibir. Sen dúbida é un home valente."(Nerea)
-"Eu opino que ben o puido decir antese non agora despois de tantos anos."(Laura)
-"O que fixo foi un xesto de moita valentía xa que moitos outros calarían e non dirían todo o que realmente pensan."(Isabel)
-"Agora que é vello non lle importa dicir o que sinte, pero serve para algo a estas alturas?"(Tania)
-" É indudable todo o que moitos xudeus tiveron que sufrir fai xa unhas décadas, pero ese sufrimento non foi causado por ningún de nós. Pero creo que falamos dun tema a parte dende que a este señor, sen motivo aparente, se lle nega a entrada a un país. (Elena)
-"Que un alemán xulgue os alemáns pode parecer un mostra de racismo pero este home di o que pensa sen importarlle os demais." (Alismar)
-Claro está que agora a súa opinión non serve para nada,peo realmente foi valente ao dicir o que pensa (Rocío)
-" Todos podemos opinar, pero non tan tarde. Xa non se pode cambiar o pasado. " (Marta)
-Non todos teñen ese gesto de valentía como tubo él. (Miriam)
" Dixo unha gran verdade, ainda que agora é algo tarde"(Pablo)
Requiem
- Creo que os métodos do xuíz Calatayud son bastante efectivos a nivel moral, pois convivindo con aquelas persoas as que lle causan mal aqueles que cometen os delitos, poden chegar a comprender ata que punto actuaron de xeito incorrecto. (Alismar)
-Estou de acordo co xuíz Calatayud cando di que os delitos paganse servindo a sociedade. Calatayud non é igual ca un xuíz normal e corriente. Este implícase moito mais no seu traballo e ten toda a ilusión de mellorar día a día.(Isabel)
-"Realmente cando cometemos algunha infracción, e a multa supón unha pérdida dunha
cantidade de diñeiro realmente non nos concinciamos do mal que facemos de ahí que o que fai o xuíz Calatayud realmente consigue facer meditar un pouco o erro e en suma realizar un traballo para a sociedade".(Tania)
- Os responsables de megaupload enfróntanse a 50 anos de prisión mentras que o asasino dunha rapaza a 20, tendo en conta que seguramente non pase nin a metade deles no cárcere. Isto é xustiza ? Supostamente o obxectivo é a reinserción, e creo que o método de Calatayud vai por ese camiño.(Bea)
- Quizais estemos acostumados a xuices que sempre impoñen os mesmos castigos, pero Calatayud é distinto xa que se basa máis na educación que no simple castigo. Por exemplo, a un home que circulaba borracho mandouno visitar un día enteiro a parapléxicos, falar con eles e as súas familias para máis
tarde elaborar unha redacción. Probablemente aprendeu moito máis con iso que con un duro castigo. (Nerea)
"O que máis me impresiounou foi que hai xente que vive mellor dentro do cárcere ca fora". (Jacobo)
"O que máis me chamou a atención foi a forma de pensar, que pode cambiar no paso polo cárcere." (Nerea)
"No módulo de aislamento bótanche a comida no chan coma cans" (Sabela)
"O que máis me impresionou foi que na cárcere pódense realizar actividades como se se estivera en liberdade" (Marta)
"Pareceume moi interesante o seu punto de vista acerca da xustiza en España,tras o seu paso polo cárcere, xa que afirman que a maioría das penas deberían ser máis duras."(Bea)
"Eu tiña medo... e cheguei alí, e... bueno carallo! outro instituto máis!" (Pedro)
"Sorprendeume que no cárcere en lugar de concienciar aos presos do que non se debe facer, explicaban a maneira para que non os pillaran."(Tania)
"O que fagas unha noite de festa pode acabar determinando os seguintes 5 meses da túa vida." (Elena)
" No cárcere moitos ainda teñen máis luxos ca fóra" (Marta)
" Non me parece ben todas as comodidades que teñen na cárcere" (Jose)
" Agora tal e como están as cousas incluso é mellor estar no cárcere"(Miriam)
De maior quero ser muller-floreiro
- "O xénero que máis usa os produtos de beleza é o feminino. É normal". (Elena)
- "Como home identifícome coa xeralidade de que o fermoso é o feminino, pero por que se fixo así ao longo do tempo? Agora está claro que o que se vende como fermoso é feminino, <<os homes preocúpanse menos polo belo>>, e que se fan moitas máis cousas fermosas asociadas co feminino (abonda entrar en Bershka), pero por que ten que ser así?" (Pedro)
-Quitando o cheiro de pés e o colesterol,a publicidade de cuxos remedios a protagonizan homes,somos as mulleres as que damos sempre a cara nas ignominias.(Miriam)
- "A publicidade empéñase en poñer as mulleres como iconos dos seus productos e deixarnos quedar como as que teñen todos os defectos, pero isto non significa que os homes non o teñan, senón que a eles danlles igual mentras que nos nos preocupamos por ocultalos" (Alismar).
-"Que a maioría dos anuncios teñan como protagonistas as mulleres é normal, nós preocupámonos máis polo noso aspecto así que tamén somos nós as que anunciamos os productos para melloralo." (Nerea)
-Que na maioría da publicidade sexan as mulleres as protagonistas é debido a que sempre estan no punto de mira e que teñen como a "obrigación" de coidarse máis cos homes.(Sabela)
-É como asociar a cor azul cos nenos e a cor rosa coas nenas.Dende sempre existen prexuízos deste tipo.Por que todo o que teña que ver coa beleza se ten que relacionar coas mulleres?E que acaso os homes non usan cremas nin teñen hemorroides?(Bea)
-"As mulleres dedicamos máis tempo ás compras e se algo ten boa publicidade comprámolo con máis facilidade".(Tania)
-A min pareceme esaxerado falar de machismo porque nos anuncios saian mais mulleres que homes, xa que as que máis venden son as mulleres e por iso os publicistas se aproveitan disto.Ademais,normalmente son estas as encargadas das compras,polo que maioritariamente van dirixidos a elas.(Rocío)
-""Está claro que as mulleres aparecen na maioría de anuncios televisivos pero non penso que sea debido o machísmo,senón que determinados artículos son máis comprados polas mulleres e elas preocupanse máis polo seu físico que os homes"(Jose)
-"Creo que isto vai enfocado hacia o marketing das empresas, xa que, unha muller vende e compra máis ca un home, pero na maioria dos casos non o asocio ó machismo aínda que sempre hai pequenas excepcións".(Pablo)
-Que as mulleres aparezan en todos o anuncios de beleza é normal xa que estes van dirixidos maioritariamente hacia elas, e non creo que isto sea un indicio do machismo". (Jacobo)
-"As mulleres aparen constantemente utilizando productos de beleza en anuncios como se elas fosen as únicas que os usaran"(Marta)
-Na actualidade creo que se terían que empregar en igualdade tanto as mulleres coma os homes nos anuncios xa que cada vez son máis os homes que se preocupan polo seu físico.(Isabel)
-Eu non creo que sexa un prexuizo o maior emprego da muller nos anunios xa que a maioría de productos de beleza, cósmeticos, cremas.... son utilizados polas mulleres.(Laura)
-Nos anuncios de calquera tipo sempre os protagonizan mulleres, agás os que son expresamente dedicados o xénero masculino, pero creo que os homes poden aparecer en calquera anuncio de televisión, xa que moitos nos que sae unha muller pode saír un home, porque o producto probablemente sexa consumido por ambos sexos. (Ana)
Xuíces exemplares
-Emilio Calatayud é o único xuíz que impón penas que implica un esforzo o seu cumplimento e que se cumplen integramente. A un hacker non creo que lle interese dar 1000 horas de clases de informática gratis por sobrepasar os sistemas de seguridade de varias empresas, ou a un conductor temerario acompañar a un policía local durante 100 horas de servicio. Quizais estas
sentenzas exemplares e prácticas den mellor resultado que un internado (do que dudo que teña eficacia algunha). (Pedro)
"Do cárcere sae xente licenciada en Dereito". (Pablo)
Onte (martes, 13) recibimos a visita de dous ex-compañeiros do Colmeiro. O pasado verán estiveron á sombra, nun "hotel con piscina" do concello de A Lama. A continuación contámosvos que foi o que máis nos impresionou de todo o que nos contaron:
"O que máis me impresionou foi saber que nun mesmo módulo podemos atopar un asasino e un ladrón de galiñas.Pareceme algo sen lóxica."(Alismar)
- Buscar novas emocións, iso foi o que fixo chegar a moitos xóvenes a formar
- A droga daba expansión mental, agora é un camiño para alcanzar un certo status social. Fumar ou beber son a única forma de ascenso para algúns, para outros unha decisión persoal que ás veces apetece. (Pedro)
-O xuíz Calatayud é un exemplo de xustiza. Grazas a el reducíuse o índice de delincuencia a través das súas medidas educativas. Este non se cansa de pretender a posibilidade de cambiar ó ser humano e polo tanto cabe dicir que é un xuíz exemplar.(Laura)
- Calatayud non se conforma con impoñer unha pena a aquel que cometeu un crime, senon que vai máis alá, pensando castigos que realmente axuden á mellora de ser e actuar do delincuente. (Elena)
- O método que leba a cabo o xuíz Calatayud, na miña opinión será o que realmente impoña xustiza. (Miriam)
-Non sei se os métodos de calatayud son os axeitados ou non peo dado o descenso das tasas de delincuencia xuvenil e o número de xóvenes que sacaron o graduado escolar logo dunha sentenza deste xuíz,parece que este vai por bo camiño.(Rocío)
-"Eu creo que os métodos do xuíz Calatayud son os axeitados e proba diso é que as súas sentencias son eficaces". (jacobo)
-"Estou totalmente de acordo coas innovadoras sentencias so xuíz Calatayud,por exemplo condenou a un menor rumano analfabeto a aprender español e doce meses de liberdade vixiada,porque este individuo residente en España recoñecera o crime no xuízo,pero o non ter nin idea do idioma e nunca ir a escola o adolescente non lle quedaba outra saída que roubar,e o xuíz impoñendo esta pena pretende cambiar isto,parécenme moi útiles os veredictos deste xuíz"(Jose)
-"Calatayud pareceme todo un exemplo para os demais xuices, xa que as súas condenas fan ver ó delincuente o verdadeiro dano que fixo ou puido chegar a facer".(Pablo)
-" O xuíz Calatayud fai que se cumpra a xustiza mediante castigos efectivos que sabe que axudarán a mellorar ós delincuentes" (Marta)
O dilema moralidade vs legalidade:
- O camiño de experimentar é o que leva a moitos adolescentes a implicarse no mundo das drogas.(Miriam)
- As drogas é un camiño plantexado moi fácilmente, ao que non lle vemos os inconvintes soamente as cousas "boas" que nos pode aportar. Unido a esto hai que ter en conta a certa facilidade coa que se fala deste tema, o que supón en moitos casos unha gran difusión, algo que ata o de agora era ben complexo pero... realmente e positiva esta expansión?".(Tania)
-Ás veces, os excesos xógannos malas pasadas. Pode que darlle unha calada a un porro, tomar unha cervexa... de vez en cando, non repercuta na nosa saúde notablemente. Pero se nos pasamos da dose adecuada... Coa aparición do SIDA, algún exceso viuse notablemente repercutido. (Elena.)
-O desexo polo prohibido fai que non nos demos conta dos perigos (Sabela)
- Que elixirías, o correcto e saudable ou o prohibido e descoñecido? Un gran dilema co que hoxe en día se atopan a maioría dos adolescentes. (Bea)
- As drogas aquela substancia irresistible para unha boa parte dos adolescentes, por qué? para pasalo ben,porque nos sentimos sós ou incomprendidos... debemos concienciarnos todos e dicir non. (Jose)
-Hoxe en día, escoller o prohibido (como as drogas) é tan fácil, que demasiada xente decide probar, ao principio por curiosidade, e despois algúns xa non darán saído. (Nerea)
-E certo que a mellor maneira de darse conta das cousas é pasando por elas e por moito que che digan ti nunca vas aprender do que fan os demais por iso non ten mal ningún provar cousas novas pero unha cousa é un dia, e outra moi distinta é comezar a facer algo por chulearse e acabar mal. ( Laura)
- En ocasións os adolescentes deciden percorrer o camiño das drogas por quedar ben cos amigos e demostrar que eles tamén se atreven co prohibido, pero cando se dan conta, moitas veces, é demasiado tarde.(Alismar)
-"O prohibido é un estímulo máis para que os xóvenes proven novas experiencias como o é o mundo das drogas". (Pablo)
-"Moitas veces o prohibido e o que máis nos chama a atención, como no caso das drogas". (Jacobo)
-A calquera persoa lle chama máis o prohibido, como o consumo de drogas. Os menores de idade atraenlle máis aquelas que non poderían consumir pola súa idade, pero conseguidas estas hai algunha persoa que tamén quere probar as demais que non están permitidas, e pol cal chaman máis, pero o problema non está en que se proben, senón en que se converta nun adicto e dependa de calquera delas. (Ana)
A SIDA (unha reflexión en vídeo, e unha invitación a protexerse):
parte do mundo das drogas e do sexo sen protección. (Marta)-Outro exemplo de conflicto entre moralidade e a legalidade é a nova lei antitabaco.Que tería que facer se encontro a unha persoa fumando nun bar ou nun parque público? Nada, porque pensando na legalidade debería denunciala, pero polo moral, eu non son quen pa denunciar a esa persoa.(Isabel)
20-N Eleccións Xerais (a miña primeira vez):
- "Foi a 1ª vez que fun votar , e non foi nada emocionante,como se pode pensar.Cheguei e tiven que esperar na cola detrás dunhas señoras,ata que me tocou entregar o DNI e puiden meter as papeletas na urna correspondente. Despois regresei para a casa" (Felipe)
- "Eu tamén fun votar por primeira vez, aínda que por obrigación. Que sensacións tiven? Ningunha en especial: cheguei, púxenme na fila, entreguei o meu DNI, e depositei as miñas papeletas nas urnas. A todos aquele
s que teñen ganas de votar? Sinceramente, non é nada fóra do normal." (Cris)- " Puido ser a miña primeira vez que ía votar... pero non o fixen, porque xa sabía que o meu voto ía ser irrelevante no resultado final das votacións." (Jose)
-"O domingo electoral fun exercer o meu dereito ó voto. Mentres agardaba para poder depositar as papeletas, unha dos compoñentes da mesa, por facelo chiste, díxome que tiña que depositar unhas cincocentas mil pesetas para exercer o voto, e mirei para el e pegoume a risa, e dixenlle que en tal caso me deberíanme de pagar por ir votar, é decir, que por comprar o meu voto, non por votar eu libremente. Antes de depositar as papeletas, tiven que entregar o meu DNI e alí uns papeis anotaron os meus datos electorais que outro lles ía decindo, e acto seguido devolvéronme o DNI e xa puiden depositar as papeletas. Como primeira vez non tivo nada novo, pero é outra experiencia máis. Anímovos a exercer o voto cando teñas a idade, porque aínda que pensedes que non, o voso voto conta." (Ana)
A paz é o camiño (comenta, comenta:)
http://mdiosdiz.blogspot.com/2011/10/sobre-o-linchamento-de-gaddafi.html
- A política eche unha cousa ben curiosa. (Suso)
-"Todos podemos chegar a comprender que se alguén nos fai algo malo a nós ou a algún ser querido, as ganas de facer sufrir a esa persoa podennos levar a pensar en facerlle o peor, pero realmente solucionamos algo torturando a esa persoa? Por desgracia,o feito, feito está e non imos arreglar nada torturando ao culpable."(Alismar)
-"Non creo que a solución esté en que cada un se tome a xustiza pola súa man.Deste xeito o único que conseguimos é entrar na espiral do ollo por ollo e dente por dente, o cal me parece do máis absurdo."(Bea)
-"Vivimos nun mundo no que se producen todos os días agresións"(Tania)- " O único que conseguiron asasinando a Gaddafi foi a demostración de que non podemos xulgar e castigar a unha persoa correctamente senón que o mellor é pagarlle coa mesma moeda, pero é iso algo xusto? debemos todas ás persoas tomarnos a xustiza como queiramos? pero o máis importante para que se queren leis se só as van cumprir uns poucos?"(Marta)
-"Tócalle gobernar aos que lincharon a Gaddafi... Sobra preguntar se se trata dalgún avance." (Pedro)
- "Gaddafi levaba anos facéndolles a vida imposible aos libios, e eles... estaban desexosos de pillalo! Ninguén cre que o que lle fixeron sexa o correcto, pero estou completamente segura de que nós tamén o fariamos." (Elena)
- Eu persoalmente opino que a violencia non é a mellor forma de solucionar as cousas, xa que, hai outros métodos mais eficaces. (Laura)
-"Empregando o método de violencia o único que se consegue e acumular máis problemas dos que xa había"(Miriam)
-Non vexo a xustiza cando se toma por man propia, xa que eso non é o máis xusto, e por iso existen as leis e merecen ser xulgados. Só hai que pensar en que se alguén de nos ou alguén que nos rodea fixese algo que non stivese ben para ó resto da sociedade non iamos querer un linchamento, senon que houbese un xuízo. Por iso todos estes linchamentos que houbo, hai e haberá senon cambiamos de parecer, serán moi inxustos por moi xustos que poidan parecer, por iso non está ben tomarse a xustiza por conta propia. (Ana)
-Eu penso que a mellor manenira de solucionar os problemas e mediante a fala, xa que somos persoas e estamos dotados desta capacidade. Si non gozáramos desta non pederíamos ser recoñecidos como seres racionais e dotados de intelixencia. Polo tanto si que penso que a paz e o camiño a seguir por todos.(Damián)
- " Gaddafi non era a mellor das persoas pero o que lle fixeron pareceme unha crueldade porque todo o mundo ten dereito a vida independentemente dos seus actos, cada un non pode tomar a xustiza pola súa conta senon esto seria un caos".( Sabela)
-"Ninguén ten dereito a matar a ninguén. Acaso se conseguiu algo matando a Gaddafi?Non, o único que se fixo foi sumar unha morte máis".(Rocío)
-" Estou totalmente dacordo co que di José Antonio Marina: que a maior conquista da humanidade é a xustiza universal, xa que nin a persoa máis cruel se merece un final así,porque o uso da vinganza e do ollo por ollo...foi a peor forma de resolver este problema"(Jose)
-"Creo que o linchamento de Gadafi e todas os terribles detalles que van saíndo, vai xerar moita violencia e morte en Libia durante anos. Gadafi era un líder, ten seguidores e estas humillacións non as van perdoar."(Isabel)
Interesantísimo artigo para comentar:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/10/11/0003_201110G11P35991.htm?idioma=galego
"Creo que hoxe en día as persoas non se lles pode conceder todo canto piden o momento, senón cando estes non logren algo que pretendan non saberán aceptar esta falta do obxecto desexado"(Damián)
Para pensar...ou non
Opin
" Os nenos que satisfán de inmediato os seus desexos materiais poden convertirse en xóvenes consumistas compulsivos" (Sabela)
"Un neno que sabe esperar e aguantar as súas tentacións serán os xovenes que alcanzan mayor madurez e éxito nas etapas posteriores da súa vida"(Jose)
"Se resistimos unha gratificación inmediata podemos recibir unha maior máis tarde." (Alismar)"Existe unha verdadeira relación entre reprimir impulsos e alcanzar unha madurez e éxito na vida?" (Isabel)
"Temos que aprender a controlarnos desde nenos, quizais isto nos axude en épocas posteriores da nosa vida" (Nerea)
"Os nenos que non controlan os impulsos inmediatos acabarán sendo xóvenes consumistas."(Marta)
"Os agasallos hai que dalos despois de facer algo, non antes." (Bea)
"Debemos aguantar as tentacións que se nos presentan se máis tarde imos ter unha satisfacción maior" (Laura)
"A un neno non podes darlle un premio a cambio de que logo faga unha determinada cousa, pero si poderías ofrecerllo para animalo a facer esa certa cousa, como unha chantaxe" (Elena.)
"Se dominas os teus impulsos inmediatos acadarás un maior autocontrol e dominio persoal" (Tania.)
"A persoa que é capaz de controlar os seus impulsos consegue unha boa recompensa e tamén aprende a vivir o retraso da gratificación." (Ana)
" Simplemente, co tempo dás o que recibes, polo tanto, aprende a ser cos demáis como che gustaría que a cambio o fosen contigo" (Miriam)
- "Paréceme unha auténtica tontería levar ao psicólogo ao teu fillo porque non estuda, xa empezando pola pasta que che custa unha soa sesión. Ir porque te deixou a moza e pufff... no puedo vivir sin ella!! Bueno por favor! Aprede a educar ao teu fillo na casa, e que espabile e estude! Que o que se xoga é o seu futuro. E o que perdeu a moza e se lle cae o mundo encima... que madure, que iso non é motivo para ir ao psicólogo." (Elena)
- " O problema da nosa sociedade é que non sabemos ser felices e pensamos que con estudar, ter un bo emprego e poder conseguir as últimas tecnoloxias que saen ao mercado xa somos máis felices, pero esa non é a realidade, o importante é saber vivir a vida da mellor maneira sen preocuparnos se levamos grandes marcas ou cousas caras,e tamén parece que as únicas preocupacións que hai nesta sociedade non se poden resolver sen ter que acudir a un psicólogo"(Marta)
- "A depresión leva ao suicidio, non a unha baixa laboral." (Pedro)
-"Como diría o gran Joaquín Sabina: non existe unha vida máis luxosa que a de vivir sen teléfono e sen coche. A clave da felicidade non está en canto máis se teña, senón en saberse conformar co que se ten.E eso é algo que non se aprende no psicólogo."(Bea)
-"Deberíamos aceptar as nosas circunstancias, probablemente seriamos máis felices. A nosa felicidades non a pode determinar o que temos, senón o que somos."(Nerea)
- "Creo que a verdadeira felicidade é a que se ten cando non dependes de nada nin de nadie, e moito menos das novas tecnoloxías,que agora simplemente temos por gusto e non por necesidade"( Miriam)
-"Cada vez temos máis cousas, e cantas máis temos máis queremos e así e imposible que alcancemos a felicidade."(Alismar)
-"Digamos que aquilo que temos agora prodúcenos felicidade, pero os nosos antergos disfrutaban da vida sen tantos aparellos tecnolóxicos."(Tania)
-" Todos queremos chegar a felicidade absoluta e eso non existe por moito que pensemos que si, na vida hai obstaculos que hai que aprender a afrontar. Un rosa é moi bonita peo tamen ten espiñas" (Sabela)
-" Que este psiquiatra diga que hai o mesmo nivel de felicidade en África que en España, paréceme algo moi sorprendente, producto do materialismo que existe no primeiro mundo, e do escaso valor que lle damos o que temos"(Jose)
-"Hoxe en día a felicidade das persoas é moi variable, xa que esta felicidade está introducida por moitos elementos materiais como teléfonos de última xeración, ordenadores... e a medida que os imos tendo a nosa felicidade aumenta ou disinúe en caso de non conseguilos.(Damián)
-"A depresión e unha das causas do sufrimento e afecta a persoas de todas as cores, razas, posición económica e idade." (Isabel)
-"A felicidade debería estar no ser, non no ter." (Rocío)
Premio e castigo
"Un perxudica aos outros ao non obsequiarlle a posibilidade de dar" (Rocio)
"O abuso da dopamina provoca insatisfacción" (Pedro)
- "Somos como frechas no aire e para orientalas no mellor sentido debemos actuar conforme a nosa aprendizaxe."(Tania)
-" Educar é dar os instrumentos para co alumno poida liberarse da súa educación e da súa cultura, e ganar un xuicio propio." (Isabel)
-"A maioría dos estudantes ríxense por uns estereotipos, e ao final para o que estudan e para liberarse da súa propia educación."(Marta)
-"Un sistema de personas formadas y libres va a tender a ser autocorrector con las injusticias." (Ana)
-"A mayoría dos alumnos somos moi conservadores porque no fondo vimos moi pouco mundo. Regímonos moito por estereotipos e, ao fin e ao cabo, para o que estudiamos é para liberarnos da nosa propia educación".(Miriam)
-"A figura do profesor debe ser,en certo modo, representación de autoridade,deixando así unha certa distancia entre docentes e alumnos,sempre polo ben destes."(Bea)
-" Un sistema de persoas formadas e libres vai tender a ser autocorrector coas inxustizas. Calquera outro modelo pode derivar hacia formas que restrinxen as liberdades ou hacia o extremo totalitario."(Alismar)
- Os dereitos Humanos non son menos valiosos por ser eurocéntricos. ( Laura)
- "O método actual de ensinanza non pretende a <<emancipación intelectual>> do alumnado, non pretende que o alumnado pense, non busca formar, non busca o saber, busca o que outros escribiron nun libro... Busca o que xa se atopou." (Pedro)
-"O relativismo cultural vendeuse durante moito tempo como mostra de progreso, pero non ten porque ser así. Se o noso sistema democrático e bo, ten que ser bo para todos. A idea de que todo depende de cada cultura, de cada siglo, e moi debilitadora". (Jose)
Para ir dereitiños:
Presentamos unha sección de lectura para comezar a formarnos no mundo do dereito:
http://blogs.elcorreogallego.es/letrada/
"O verán trae moita calor".
Vede que cousas pasan:
a ti:-"A mai oría dos alumnos son moi conservadores porque no fondo viron moi pouco mundo. Réxense moito por estereotipos e, ao fin e ao cabo, para o que estudan é para liberarse da súa propia educación" (Rocio)
-"O obxectivo do profesor é mellorar a sociedade, e iso faise dende as aulas" (Suso).
- "Di o texto que: 'educar es dar los instrumentos para que el alumno pueda liberarse de su educación y de su cultura, y ganar un juicio propio'. É decir, e nsinar é aportarlle ao alumno a maneira de ser unha persoa individual en sociedade e actuar por si mesmo." (Elena)
"Todos somos iguais...ou quizais non"
(Parece que un grupo de inmigrantes á deriva foi abandonado no mar, pese a que pediron auxilio aos buques da OTAN que estaban próximos).
Máis información en http://www.elpais.com/articulo/internacional/OTAN/niega/portaaviones/aliado/dejara/morir/61/inmigrantes/Mediterraneo/elpepuint/20110509elpepuint_2/Tes
- "A vida humana pode ser empregada como moeda de cambio polos gobernantes". (Suso)
-" Tristemente, no noso mundo todo esta supeditado baixo os intereses económicos e todo aquilo que non teña que ver con eles parece que nin existe nin importa, aínda que sexan persoas." (Lucía)
- Independentemente da política de calquera país, ou da cor de pel, sexo ou relixión de calquera persoa que precise axuda, debena recibir como seres humanos que son, e non deixalos á deriva, sen comida nin bebida, durante días. (Kris).
-"Non me parece ben que organizacións como a OTAN, non acudan ao salvamento da vida das persoas e as deixen morrer, pero tampouco me parece ben que o noso país, coma outros moitos, sexa cada día receptor de emigrantes, e tal como están as cousas hoxe en día, co tema referido ao traballo, deberíanlles de prohibir a entrada, pero isto non xustifica que os deixen á deriva". (Natalia)
-"Non é normal que deixen a unhas persoas así a deriva, independentemente da raza a que pertenzan todos teñen dereito a recibir axuda. Por iso as organizacións deberian axudar a estas persoas." (Cris N.)
-"No día de hoxe, a OTAN comunicou que non recibira ningún aviso de barco algún con inmigrantes en deriva, mais a ministra de Defensa Carmen Chacón expuxo que as tropas españolas asistiran a tres barcos en costas do Mediterráneo. Entón pregúntome, quen está a mentir? Isto é causa da hipocresía, do narcisismo e do benestar dos intereses en política de Inmigración de cada país. Só pido SOLIDARIEDADE!" (Tania)
-Está claro que é unha "animalada", unha pena que hoxe en día pase esto, e o peor de todo, que sabemos que mañá poderá volver pasar. (Jorge Serrada).
-Sabendo que hai xente que precisa axuda e virar a cara como se non pasase nada é indignante. Cos medios cos que contamos na actualidade, non axudar a un barco, que está á deriva simplemente porque sexan inmigrantes non ten xustificación. (Sindy)
-Parece mentira, que estando no século XXI siga habendo as condicións infrahumanas que existen en países subdesarrollados como Mauritania,Senegal,Etiopía.. e que os países máis ricos non fagan nada para remedialo deixando como única consecuencia, que os seus habitantes teñan que emigrar, poñendo así as súas vidas en peligro e que nin aínda nestas circunstancias reciban axuda é totalmente indignante.(Lucía Presas)
-Saltarse desa maneira o dereito de todas as persoas a que nun momento de perigo sexamos axudados polos nosos semellantes, lévanos a pensar que estamos nun mundo no cal o egoísmo da raza humana sobrepasa todos os límites. Se nin tan sequera somos capaces de axudar a uns pobres inmigrantes que se encontran á deriva, pedir calquer tipo de cambio neste mundo é un soño. (Erea)
-É incrible que non lle prestaran axuda ningunha, e aínda máis que o neguen. Debería haber algún tipo de sanción cara aos responsables, pero claro, son eles quenes "mandan"... Menuda vergoña! (Pablo)
-O ser humano é capaz de ser tan irresponsable coa vida? No século XXI supoño que nos temos unha CONCIENCIA para decidir nas nosas accions.(SUSO2)
-Que desgracia que os países os que nos poñemos o nome de "civilizados" fagamos cousas como estas e deixemos morrer a persoas no medio do océano sen prestarlle ningunha axuda.(Felipe)
"Indignádevos!" (Unha recomendación de Patricia Blanco).
)-
Seguimos a invitación de Stéphane Hessel e queremos denunciar aquelas cousas do noso mundo que nos cabrean:-A min indigname que en pleno sèculo XXI haxa xente que morra de fame mentres outros esten nas sùas casas podres de cartos.(Alberto)
-O sistema económico responsable da crise que existe no mundo actualmente. (Natalia)
- A min indígname a indiferencia xeralizada da sociedade cara ós problemas que nos afectan tanto directa como indirectamente (fame, miseria, paro, corrupción, guerras, terrorismo, pobreza, contaminación...), é dicir, indigname a non indignación. (Lucía Domínguez)
- Indígname que haxa persoas que non loiten por saber máis cada día, e que se remitan a aprender soamente o que lles ensinan, sen molestarse en aumentar o seu coñecemento. (Cris N)
- A min indígnanme as relacións entre a política e a lei, e polo tanto as posibles corrupcións que se poidan establecer detras dun xuízo.(Mariluz)
- Indígname ver como, a pesar das denuncias interpostas aos maltratadores, a policía non faga practicamente nada para evitar que se sigan cometer estos crimes. (Kris)
-Indígname que os políticos impoñan leis un tanto ridículas como a lei Sinde, en lugar de preocuparse máis por saír da crise económica. (Sindy)
-Indígname o inxusta que pode chegar a ser a vida. (Jorge Serrada).
-Indígname a influencia que ten hoxe en día a sociedade nas nosas vidas.(Lucía Presas)
-A min indigname o egoísmo dalgunhas persoas que só pensan en si mesmos sen importarlle a quen teñen que pisotear para alcanzar o éxito social, económico...(Felipe)
-A min indígnanme as diferenzas que se chegan a producir nesta sociedade (Erea)
- Indígname este libro. A sociedade xa está molesta, creo que non fai falta que ninguén lle diga maniféstate, crea unha revolución. En vez de dar maís razóns para o enfado social, deberia poñer solucións e axudar coa súa experiencia a crear un mundo mellor. (Tania)
-Indigname que sepamos as millóns de razóns polas que nos deberíamos indignar e nos limitamos a escribilas aqui e esquecelas. Cambiar aquelo que está mal está nas nosas mans. Deixar de ser tan egoístas e ver un pouco máis alá do mundo que temos de baixo dos nosos pes sería a maneira de decatarnos que o mundo está mal construído. Realmente loitamos por ser os máis forte sen importarnos a quen pisemos. Ese é o noso gran problema. (Marta)
-Indígname a capacidade de moitas persoas para sentirse indiferentes ante tantas inxustizas e males desta vida. (Pablo)
-Indígname que nunha cidade como A Coruña, por exemplo, co presuposto do que dispón, non sexan capaces de acabar coa indixencia.(SUSO2)
"O meu corpo é o meu negocio"Reflexión crítica sobre a sociedade actual, onde parecer comeza a ser máis importante que ser.
Parece mentira que unhas adolescentes de apenas 18 anos, vendan o seu corpo, e estean orgullosas de facelo. Tamén costa crer, que nun país como é Italia, se vexan algúns anuncios en carteis co lema de "Móntame sen ningún coste". Non sei como o goberno ou as autoridades poden admitir cousas deste tipo. (Natalia)
Sendo Italia un dos países con un índice de paro dos máis baixos de Europa, non entendo como o papel da muller pode estar tan infravalorado e ser tratada simplemente como símbolo de beleza e erotismo. O que me parece aínda peor é que existan revistas para nenas de 12 anos dando "consellos sobre sexo oral". (Alba)
A pesar disto podemos ver neste tema un raio de luz, moitas das novas mozas italianas, buscan un novo futuro. Manifestándose e vendo na internet un novo medio de inspiración, pero para deixar claro que non se queren ver ridiculizadas. Piden tamén novas leis que garanticen a presencia fiminina en postos de liderazgo e unha igualdade de posibilidades. Estas mozas non queren ser unha vez máis simples bonecas da moda na telivisión. (Tania)
Paréceme incrible que nun país tan desarrollado como Italia e que presume de estar entre os paises máis desenvolvidos non se aprecie o traballo da muller tanto como o do home, e que ademais non supere a media europea en centros de acollida para mulleres maltratadas. A todo isto, súmanse as novas xeracións de rapazas italianas que ven como modelos a seguir as famosas velinas. (Lucía Presas)
A infravaloración do intelecto feminino para enxalzar as súas virtudes corporais como se estas fosen o seu único atributo, a pesar de ser totalmente indignante e machista, non sei porque nos sorprende, xa que non é unha realidade afastada. Isto non acontece só en Italia, tamén aquí os medios de comunicación venden un prototipo de muller unido á moda e á beleza. Está en man de todas nós doblegarse ante o modelo imposto para forxar unha personalidade propia, capaz de realizarse como muller e como persoa. (Lucía)
É asombroso que nun país como Italia as mulleres estén tan infravaloradas, pero o máis grave da situación é que iso non só ocorre alí senón que tamén ocorre noutros países e que os medios de comunicacón tamén infravaloran as mulleres. O que tamén é de admirar e como as estudantes italianas esixen igualdade e oportunidades laborais como as demáis . (Cris N)
Como pode ocorrer que nun país tan adiantado como Italia ocorran feitos coma estes? Ademáis parece un tema ser maior importancia para o goberno italiano vendo as cousas que estan á saír do seu propio presidente relacionadas con este tema.Creo que as mulleres que optan por ese camiño, o único que estan conseguindo é un desprezo cara a elas mesmas, xa que só parece que esas rapazas serven para acompañar a persoas adultas mentras que éstes lles ofrecen enormes cantidades de diñeiro a cambio da súa "compañia".(Felipe)
Como pode ser que desde os debuxos animados, dos libros de lecturas e revistas se lles esté dicindo ás máis pequenas que o máis importante é ser fermosas? (Kris)
-Rapazas de 12 anos non debería de estar lendo revistas nas que se dan consellos sobre o sexo oral, senon lendo revistas para nenos, donde hai debuxos e cousas desas. Menos unha rapaza de catro anos se comeza a maquillar. Se as mulleres se centraran máis no que de verdade sería necesario naquel país, como que se constrúan máis centros para mulleres maltratadas, que o número de mulleres no liderazgo político, máis leis nas que haxa igualdade... sería moito mellor aparte de que terían máis dereitos, a autoestima de moitas das mulleres non estaría polo chan se ven que non "cumpren os requisitos para ser fermosa". (Sindy)
As rapazas pequenas non terían que estar sometidas a un estilo de vida que as condicione para que de maior sexan dunha determinada maneira; o que deberían é poder vivir a súa infancia como nenas normais. Se de maior, contando coa maioría de idade e sen ningún tipo de presión, queren dedicarse a ser señoritas de compañia, sería distinto, xa que, o que elas decidan facer coa súa vida é decisión súa. (Erea)
A culpa non è das rapazas senòn da sociedade da que estàn rodeadas.Que è o optimo na sociedade?-o diñeiro,e se poden ganar grandes sumas de cartos tendo relaciòns con persoas que pagan por botar un "rato" con elas, elas aceptan porque o ven ben.E o fin e o cabo teña 17 anos ou 29 van facer o que crean mellor para si mesmas e para o seu beneficio vano facer e non hai que facerlle.(Alberto)
As rapazas deberían ter a súa infancia coma a de todos os nenos do mundo, na cal non teñan que facer esas cousas nin semellantes. (Jorge Serrada).
Poderíase dicir que son libres de facer o que queren, pero a esas idades non pode decidir tales cousas. Pode que a culpa sexa da sociedade que as rodea pero, ao final, a responsabilidade é dos pais, e se as controlan o xusto e necesario non debería haber problema. (Pablo)
-Na miña opinion isto entra en relación coa legalización da prostitución e cos dereitos individuais; a prostitucón é un traballo como outro calquera.(SUSO2)
MARTIN SELIGMAN (psicólogo norteamericano) di que se pode aprender a ser feliz:
o cadáver da súa compañeira de instituto Cristina Martín, unha moza de 13 anos, recoñeceron a súa culpabilidade e cumprirán a pena máxima que contempla a Lei do Menor, cinco e dous anos respectivamente. É a pena proporcional ao dano causado? (Suso)2. En 2009 nos EEUU un rapaz de 11 anos asasinou á moza do seu pai dun tiro na nuca mentres durmía. Acúsano de dobre homicidio, xa que a vítima estaba embarazada. Agora espérase a decisión do xuíz de xulgalo coma un adulto, de ser así, condenaríase ó menor a cadena perpetua sen revisión. Todo o mundo debe de pagar polos seus crimes, tamén os nenos, pero condenar a un rapaz de 11 anos a non volver a saír a rúa e non darlle, tan só, a posibilidade de rehabilitarse é como quitarlle a vida. Sendo aínda un neno é doado mudar de conduta, por iso, aínda que isto non xustifica que se suprima a pena, si debería ser reducida. Se non cremos na rehabilitación dun neno de 11 anos en cal imos crer? (Lucía)
3. Tres xóvenes, de Chihuahua ao norte de México, que teñen 17 anos enfréntanse a 15 anos de prisión por asasinar a unha activista o pasado día 3 de xaneiro. Como excusa polo feito dixeron que tomaran bebidas alcohólicas e outras substancias.Considero que estar baixo os efectos do alcohol ou outras substancias non pode servir como excusa polos seus actos e que lles debería caer máis anos de cárcere, porque en 10 anos xa andan por aí soltos e poderían volver a cometer outro acto coma este estando "baixo os efectos do alcohol e outras substancias". (Felipe).
4.Un neno de 13 anos, adoutrinado por perversos islámicos e retardados morais, inmólase ao paso dunha manifestación relixiosa chiíta en Lahore (Pakistán) mantando a 13 persoas, por pertencer a outro grupo musulmán. Que clase de relixión é esa que non condena con manifestacións masivas a abominable exaltación á morte e que adoutrina aos nenos a odiar a seus irmáns e correlixionarios musulmáns, odialos por mínimas diferencias, e que o odio é aínda moito maior cara os non-musulmáns? Os nenos normales de 13 anos pensan en xogar, en salir cos amigos, estudiar, en nenas. Só unha relixión de odio á alteridade, enaltecemento á morte, e repugnancia á vida pode conseguir que un neno se rebente para eliminar aos seus conveciños, e correlixionarios. (Pablo)
5. Dous irmáns de 7 e 9 anos mataron a unha nena de 2 anos en Arxentina. Parece ser, que os motivos que os levaron a cometelo crime, foron as escenas de malos tratos e violencia que eles mesmos vivían na súa casa por parte da nai. Por agora, non se lle fará nada ós nenos, xa que ata que teñan os 18 anos non poderán ser xulgados pola xustiza. Este caso paréceme xusto, xa que eu creo que estes nenos non se dan de conta do que acaban de facer, xa que son moi pequenos, e ao convivir con xente que os maltrata, aflora neles a violencia. (Natalia)
6. Dous adolescentes , de 15 e 12 anos, mataron a golpes e decapitaron a un centroamericano, o parecer hondureño no estado de Coauhila, fronteirizo con EEUU. Estes adolescentes atópanse baixo detención policial á espera de ser xulgados.
Este escalofriante caso que aconteceu no 2009 penso que deberia ser castigado ainda a pesar de que os seus autores sexan menores de idade, posto que de non ser así seria como unha falta de respeto cara a familia da vítima. (Mariluz)
7. En 1993, Jon Venables e Robert Thompson -que daquela tiñan dez anos- pasaron por un centro comercial de Liverpool e roubaron dulces, xoguetes, baterías, unha lata de pintura azul, e a James Bulger -que tiña entón 2 anos. Jon e Robert levaron a James ata as vías do ferrocarril e ali torturárono e asasinárono a golpes. É lamentable ver isto: nenos que matan a outros nenos, todos tan aparentemente inocentes, pero que, no fondo, non é así. Os nenos reciben esta educación do seu entorno, ou do abandono que sufran por parte da súa familia, e nesta sociedade na que vivimos, isto non debería ser asi. (Kris).
8. En 2009, Marlon un adolescente de 17 anos foi condenado asasinar a dúas adolescentes porqué pensou que eran unhas chivatas. Pero a parte deste asasinato, tamén foi condenado por outros crimes. Paréceme moi triste que haxa adolescentes así no mundo, que sexan capaces de matar, como neste caso simplemente por unhas suposición súa. Na miña opinión estes mozos deberían ser tratados ou sometidos a rehabilitacións. Porqué se non se garda a esperanza dun cambio nun rapaz que se pode esperar dos demais? ( Cris N)
9. Mary estrangulou a Martin Brown de 4 anos de idade, o 25 de Maio de 1968, un día antes do seu onceavo aniversario, críase que ela estaba soa no momento de cometer o devandito asasinato. A pequena declarou que o disfrutou, que se sentía máis forte ca el.
Para min é imposible entender como un neno/a pode asesinar a outro ou a unha persoa maior, é incomprensible! (Tania)
10. O caso de Jesse Harding Pomeroy coñecido como o Sádico bribón, á idade de 14 anos en Massachusetts, EE.UU, estrangulou e mutilou a unha rapaza de 10 anos. Un mes despois secuestrou a un neno de 4 anos ao que logo levou a un pantano e atacouno cun coitelo ata case decapitalo e recibiu puñaladas polo tórax, no ollo e puñaladas no escroto xa que o quería castrar.Todo isto ocorreu despois de que o Sádico bribón torturara a máis dunha decena de rapaces e ir a un reformatorio.Foi condenado á pena de morte pero a sociedade protestou por condenar así a un neno, polo que se reduciu a pena a 40 anos de cárcere. É incomprensible que un rapaz sexa capaz de mutilar, decapitar e torturar a unha persoa debe de ser algo moi duro,e ainda máis sabendo que disfrutaba facendolles dano. Saber que un neno é capaz de matar é inquitante. Cando este rapaz saia do cárcere nadie pode estar seguro de que non vai continuar matando e máis cando comezan dende tan pequenos.(Sindy)
11- Rafael García Fernández foi un dos catro condenados polo asesinato de Sandra Palo en 2003. Raptaron a xoven,violarona, atropellarona varias veces e queimarona ainda viva, Rafael tiña 14 años. É dicícil entender como unha persoa pode matar a alguén desta forma, pero é mais incomprensible cando o autor do crime é un neno de tan só 14 anos. Os asesinatos infantís poden ser unha mostra da mala educación que reciben algúns rapaces ou rapazas. A esto deberiaselle poñer fin de inmediato e se algún neno mostra síntomas de violencia o máis preciso sería tratalo canto antes para evitar futuros asesinos. (Marta)
12- Iria e Raquel de 16 e 17 anos respectivamente asestaron 18 puñaladas a unha compañeira de instituto por probar a experiencia de saber o que se sentía e para ser famosas. Este caso escalofriante ocurriu en Cádiz no ano 2000, as rapazas foron condenadas a 8 anos de internamento nun centro de menores e a 5 de liberdade vixiada. É incrible que dúas rapazas que podían ter unha vida exitosa decidan matar alguén polo mero feito de experimentar, pero o máis depravante e que fagan estas comunicacións na prensa decindo que o fixeron por ter uns minutos de fama. (Lucía Presas)
13-James, un rapaz de tan só 6 anos, tiña un día rebelde, non quería que o colleran en brazos, senón que quería andar polo seu pé. Mentras a súa nai facía os recados nunha carnicería, o rapaz colleu un coitelo que o tiña á man e apuñalou a outros dous rapaces que se encontraban na carnicería nese devandito momento. As cousas que se poden ver na vida son incribles, coma este caso, co riquiños que son os pequenos... (Jorge Serrada).
14.Mary Flora Bell naceu o 26 de maio de 1957 en Newcastle, Inglaterra. Foi unha nena maltratada dende su salida do ventre materno.Aos seus 11 anos empuxou ao seu veciño, e como todavía estaba vivo estrangulouno. Case sempre estes asesinatos ocorren debido a que os rapaces que os cometen estaban dentro dunha mala educacíon por parte dos seus pais ou estaba sometidos dende pequenos a maltratos, por iso o importante é unha boa situación familiar.(Erea)
15-Ricardo Anuar de 16 anos e Xosé Alfredo asesinan nun intento de roubo a un ancian no municipio de Madero, Coahuila. Foron nenos con moitos problemas na infancia e agora seguen o camiño da delincuencia para poder sobrevivir. Estes rapaces foron criados con experiencias negativas que provocan respostas violentas; o ancián morreu debido a que non se deixou roubar. Na miña opinión que un adolescente asasine a unha persoa ten conflictos de caracter social; pódese reintegrar na sociedade sen risco para os demais? Merece a pena darlle unha segunda oportunidade?, son respostas que dependen de cada persoa. Para que non ocurran mais este tipo de feitos por adolescentes débeselle aplicar unha correcta educación e implantarlle unha serie de valores morais e eticos.(Suso2)
16.Detido un menor como autor do asasinato da nena de Arriat. R.V. de 17 anos matou cunha pedra a María Esther, de 13, e escondeu o seu cadáver. O sospeitoso, según fontes da investigación, propiciou a María Esther polo menos tres fortes golpes na cabeza cunha pedra do tamaño dun melón. O móbil do asasinato segue estando pouco claro, aínda que algunhas fontes apuntan a motivos sexuais. Paréceme incrible como alguén pode asasinar a sangue frío, asestándolle tan brutales golpes e deixándolle a cara e a cabeza desfeitas.(Alba)
"Claro que non hai probas, pero facer, fíxeno" (Caso José Carnero)
-Ainda que unha persoa se auto inculpe non e motivo de castigo se non hai probas, xa que pódese culpar por diñeiro ou sometido.(Alberto)
-Inocente, inocente? (Suso)
-Non entendo como unha persoa que admite que matou a alguén pode andar por aí e non no cárcere, que é onde debería estar.Considero que estas palabras son unha burla á familia da vítima. (Felipe)
Informámonos na rede e recollemos os seus consellos:Para Seligman un simple feito que lle da a felicidade è a xardineria. Pòdese pasar horas è horas diante das plantas e eso garntelle a felicidade.Por iso se di que a felicidades esta nas cousas màis sinxelas.(Alberto)
Igual que os cociñeiros collen os mellores ingredientes para lograr a excelencia, nós tamén debemos de escoller entre as distintas posibilidades que nos ofrece a vida, para lograr ser o máis felices posíbel. (Natalia)
Para este home alcanzar a felicidade é pensar en que todo se pode mellorar. (Jorge Serrada).
"A felicidade non só é posible, pode cultivarse identificando o mellor de nós mesmos desenrolando estes aspectos". O concepto de "optimismo aprendido" é o máximo representante da psicoloxía positiva. (Alba)
Deixanos unhas preguntas interesantes para matinar sobre como actuar fronte a nosa felicidade: Como valorala? Por momentos ou por recordos, ou hai que medila pola satisfacción da vida? A curto ou a longo prazo? (Tania)
"A psicoloxía non consiste no estudo dos danos mentais ou da debilidade psíquica, senón que se trata fundamentalmente do estudio das forzas positivas e das virtudes humanas." (Cris N)
A felicidade é un termo enganoso que non se pode medir. Por iso Seligman propón descompoñela en cinco elementos definidos que permitan a súa cuantificación. Así, falamos de felicidade cando existen emocións positivas, sintonía co entorno, pertenencia a un grupo ou altruismo, logros e metas. (Lucía)
Este psicólogo dinos que se pode aprender a ser feliz pero que para chegar a esa felicidade cómpre practicar e que debemos aspirar a ter máis felicidade incluso para os que están ben para que se sintan mellor.(Felipe)
Para Seligman, unha forma de levar á práctica a felicidade non é só paliando o sufrimento humano senón procurando que os que están ben poidan nun futuro estar mellor. (Mariluz)
Os seus fillos estudan na casa ata os 14 anos, porque é ata a adolescencia cando mellor lles pode inculcar as ferramentas para que sexan positivos. (Kris)
"Podese ser feliz, pero hai que practicar", segundo Seligman para ser felices hai que practicar os cinco elementos nos que se divide a nosa felicidade, axudar aos demais é unha das formas de ser máis felices, xa que un sintese máis contento con un mesmo. (Sindy)
"Se alguén basa a súa vida exclusivamente en atallos e descoida os outros aspectos da súa vida, como o desarrollo persoal, acabará sacrificando a súa felicidade a largo prazo." (Lucía Presas)
Seligman aínda que se define como pesimista afirma que "Pódese aspirar a máis, non só a paliar o sufrimento, senón que os que están ben estén mellor" (Erea)
O optimismo consiste en ter a esperanza de que, a través da forma de actuar, un poderá cambiar calquera dificultade. Lexos de ser unha resposta emocional ou un pensamento hacia as cousas, o optimismo constitue un enfoque da vida que nace no máis profun do ser.(Marta)
Para Seligman, a ambición de felicidade non é mala, pois só así seremos capaces de acadala. (Pablo)
-A familia e o traballo son fontes potenciais da felicidade.(SUSO2)
"Asasinos infantís"
1. O crime de Seseña, que provocou un terremoto social no principio do ano 2010 neste pobo de Toledo, quedou resolto para sempre. As dúas menores acusadas de asasinar e esconder
-Que caso tan extraño, acusano de presunto asasino e el negao, despois excúlpano e el admite que o fixo. É moi raro, está claro que, tal como el mesmo declara, non está ben da cabeza. (Lucía)-Unha persoa que admite desa forma o que fixo e fala claramente do sucedido, vese que non esta ben. As autoridades debían darse conta diso e axudalo dalgunha forma ou ingresalo nalgún centro especial; porque eu dudo de que nun ataque non vaia a facer algo parecido ao que fixo. (Erea)
Unha persoa que actúa como o fai o autor deste crime ben se ve que necesita axuda psicolóxica,o cal me parece unha falta de respeto cara a familia da vítima que despois dun par de anos do acontecido lle ande a recordar os escalofriantes feitos.(Mariluz)
-É unha situación totalmente atípica, tanto por parte dos avogados e do xuiz, como por parte do agresor. Os primeiros por non dar demostrado un caso tan verídico e o segundo por ser quen de enganalos. (Natalia)
- Unha persoa que é capaz de recoñecer o seu crime desa maneira e falar con tanta tranquilidade sobre o tema é que non está ben psicoloxicamente e precisa ser atendido por psiquiatras. ( Cris N)
-É outro caso no que se demostra a penosa xustiza que hai no noso país neste momento. (Jorge Serrada).
-Considero que o home non pode estar ben da cabeza, porque ter tanta sangue fria como para facelo e falar sobre eso como un acontecemento calquera e algo propio de alguen que non teña todas as suas capacidades mentais. Deberianlle facer probas mentais e no caso de que padecera algunha enfermidade ingresalo nun psiquiatrico, que é o sitio dos enfermos mentais non a cárcere. (Marta)
-Eu empezo a creer que a xustiza e mais xusta para os criminais que a xente benefatora; cométese un crime e non hai probas para demostrar a culpabilidade do asasino, e queda libre. Que tipo de xustiza nos espera? (Suso2)
-Entendo que este señor non poda ser encerrado pois, por moito que o afirme, non existen as probas necesarias. Aínda así, penso que é un perigo para a sociedade que unha persoa que (cometera o crime ou non) relate con tales detalles o ocorrido, e que debería ser ingresado nalgún tipo de centro mental. (Pablo)
- Este caso é desconcertante: afirma que non o fixo, e vai ao cárcere; agora, uns anos despois, sae e di que si o fixo, que estaba mal da cabeza e non o fixo querendo. As probas non confirman nada. Penso que esta persoa debería ser internada nun psiquiátrico, e a xustiza seguir afondando no tema. (Kris)
- A verdade é gracioso que un "tolo" engane a xustiza. Pero ese "tolo" foi sospeitoso dun crime que el afirmaba. Considero que esa entrevista no xornal, non se debeu publicar, para a familia das víctimas ten que ser moi doloroso lelo, xa que el non está ben psicoloxicamante. (Tania)
-Unha persoa que admite que matou a unha persoa xusto cando o exculpan e que anteriormente o negara, ten que ter problemas de saúde mental. Xa que confesou debería tomar medidas e encerrar ao asasino pois seguro que a outras persoas por menos están no cárcere e son inocentes. ( Sindy)
-Todo o relacionado con este caso é moi raro primeiro dí que él non o fixo e despois que sí, nin el mesmo se aclara, creo que deberían volver revisar este caso e aínda que non vai o cárcere que o internen nalgún sanatorio porque o único que está facendo na miña opinión e burlarse da familia e da víctima. (Lucía Presas)
Máis información sobre a "autoinculpación" no ámbito xurídico en:
Modificación do artigo 48 do Código Civil.
(Idade mínima para casarse: dos 14 aos 16 anos).
-Os rapaces aos anos aínda que teñen uso de razón non poden tomar decisións tan drasticas na súa vida.(Alberto)
-Estou totalmente dacordo coas opinións dos meus compañeiros sobre a idea de que o máis sensato sería subir a 18 anos a idade mínima para poder casarse. (Jorge Serrada).
-Non me parece normal que unha lei che permita casarte aos 14 anos, agora aos 16, e non se poida votar ata os 18.É entón que si temos capacidade para casarnos pero non para votar? (Felipe)
-Paréceme unha reforma totalmente necesaria. É moi cedo para casarse ós 14 anos porque se se contraen matrimonios a esa idade pode ser por presións familiares ou doutro tipo, ademais un menor pode casarse cunha persoa adulta según esa lei. Ós 16, aínda que segue sendo cedo, xa se é máis consciente e máis maduro como para escoller por un meso, non obstante, podería establecerse ós 18, xunto coa mairía de idade. (Lucía)-Creo que se debería de ampliar ata os 18 anos a idade para poder casar, xa que non me parece que unha persoa con 14 ou 16, estea capacitado para tomar esa decisión. Aínda así, nestes tempos, páreceme demasiado precipitado casar con 18. (Natalia)
- Non creo que nin os 14 anos nin os 16 se teñen as ideas claras para tomar unha decisión como a de casarse. Pero non todos temos as mesmas costumes, e aqui casar con ata 16 anos sería algo precipitado mentres que noutros lugares é o normal e hai que respetalo xa que casando tanto con 14 ou 16 non lle fan mal a ninguén. (Marta)
-Se para facer outras cousas, como sacar o carne de conducir, necesitas ter 18 anos, penso que para casarse é o mesmo. Un rapaz\rapaza aos catorce anos, está máis motivado a casarse por obriga de seus pais ou outra xente que pola súa propia vontade, como ocorre en moitos casos, e permitir iso é permitir outras cousas que derivan diso. (Erea)
-Subir a idade mínima para casar aos 16 anos paréceme unha medida moi razoable peo aínda así eu penso que se debería de poñer os 18 anos, posto que é con esta idade cando unha persoa está totalmente formada para por exemplo sacar o carnet ou para votar.(Mariluz)
- Na miña opinión a idade mínima para casarse deberíase subir ata os 18 anos, xa que unha persoa con 14 e 16 anos non é consciente nin o suficiente responsable para poder casarse o igual que non o é para sacar o carné, nin votar... pois tampouco ten tanta capacidade como para casarse. ( Cris N)
- Casarse é un compromiso que con 14 nin 16 anos non ten a madurez necesaria para tomar decisións, pero sempre existirán os matrimonios concertados nos que a familia decide por ti incluso antes de nacer; para min da igual a idade, o que importa é que se amen. (Suso2)
-Estou de acordo coa reforma, pois unha persoa de menos de 16 anos non sabe o que quere; pero considero que a idade mínima deberían ser os 18 anos, unha idade na que se supón que somos totalmente responsables dos nosos actos e podemos ser totalmente independentes. (Pablo)
- Un rapaz de tan pouca idade non debería ter o dereito a casarse, xa que a esas idades practicamente non se é responsable do que fai. Esa decisión debe ser meditada, e non tomala asi á lixeira. A idade para se poder casar, no meu parecer, deberiase aumentar. (Kris)
- Unha rapaza de 16 anos non pode ter a decisión de elixir sobre o seu futuro como nai, afirman moitos sobre a reforma do aborto. E a idade mínima para casarse modificase para os 16 anos, e antes estableciase en 14.
En difinitiva estamos preparados para tomar unha decisión tan importante como a de casarse e non para abortar? Creo que teñen gran similitude estes temas. Que términos establece o goberno para decidir sobre temas tan importantes? Xa que a idade importa para uns temas e para outros non. (Tania)
-Ainda hai xente que se casa a esa idade? Non creo que rapaces de 16 anos sepan o que queren facer de verdade coas suas vidas, como estar casado a esa idade. Ainda que sendo desa maneira todos os que teñan 16 anos sería xa conscientes para votar, sacar o carnet e máis cousas que tan só se pode facer aos 18. (Sindy)
- É incrible que existan leis que che permiten casar os 14 anos pero que sin embargo non che deixan votar hasta que tes 18 é completamente absurdo, aínda que suban a idade os 16 anos para casarse pareceme moi prematura xa que ainda que un se vai facendo unha idea máis amplia cos 14 non ten plena consciencia de todo o que implica un matrimonio. (Lucía Presas)
Informando: O ministro Caamaño, quen é e que anda a facer?
-Ocupouse de negociar algún estatutos de autonomía e facerlle reformas no sistema de votación das eleccións locais para permitir o voto dos extranxeiros que vivían en España.(Alberto)
- Nacido en Cee e formado en Compostela, anda empeñado en reformar a administración da Xustiza. (Suso)
-Foi profesor da USC ata que en 1993 foi asignado como letrado no Tribunal Constitucional e obtivo a súa cátedra na U
niversidade de Valencia. (Cris N)-O ministro Caamaño só ten un defecto, que é ministro. Pero aínda así, é un apasionado do seu traballo. (Natalia)
- Na súa mocidade Caamaño tocaba o baixo en Asixo con outros catro amigos de Cee e na actualidade escoita rock galego como pode ser: Bonovo, Don't forget me in the ocean. (Tania)
- É licenciado e doutor en dereito. En canto ó persoal, está casado e ten dúas fillas. (Lucía)
- Actualmente é o ministro de xustiza, doctorouse en dereito na USC no 1990; foi director da Fundacion democracia e Goberno local e publicou obras coma por exemplo: "A garantia contitucional da inocencia" no 2003. (Suso2)
- Ten máis man esquerda ca os seus predecesores no cargo. Está inmerso en "acabar co de volva vostede maña". (Alba)
-É un home conciliador e mesurado según fontes do Goberno. (Jorge Serrada).
- Ten a Medalla do Tribunal Constitucional. Tamén, escribiu entre outros libros: 'El mandato parlamentario' (1991), 'El sistema político de Galicia' é 'El control de constitucionalidad de disposiciones reglamentarias' (1993). (Mariluz)
-Foi o artifice de buscar unha solución do voto para as eleccións municipais dos estranxeiros residentes en España. (Felipe)
-E militante do PSOE e foi nomeado por Zapatero secretario de estado de Relacións coas Cortes, posto no que se ocupou de negociar algúns estatutos de autonomía. (Erea)
-Foi codirector da revista "Cuadernos de Derecho Locañ" e figurou en diversos consellos de redacción doutras publicacións sobre dereito público e constitucional. (Lucía Presas)
-Dende o 24 de febreiro de 2009 é ministro de Xustiza, en sustitución do dimitido Mariano Fernández Bermejo. (Sindy)
-O ministro Camaño é un dos dous galegos no gabinete de Zapatero. (Marta)
- Foi codirector da revista Cuadernos de Derecho Local. (Kris).
PARA SABER MÁIS:
Buscando sentido á nosa propia vida:
Dous alumnos de 1º de bacharelato reflexionan sobre o cotián, reflectindo a súa propia vida.
Sobre vivos e mortos. Sobre heroes e tumbas.
Reflexión galega sobre o sentimento tráxico da existencia en Galicia.
"En Galicia vivimos un tempo de futuro pretérito. Por iso a arquitectura máis viva é a dos tanatorios". (Manuel Rivas)
-Aqui as persoas maiores miden a popularidade pola cantidade de xente que visita o tanatorio cando un morre, (As persoas maiores botan a vida no tanatorio para que despois a xente vaia cando eles morran)(Alberto)
-A vida é así, o seu fin é a morte, debémolo aceptar como persoas racionais que somos. (Jorge Serrada).
- Non hai vida sen esperanza, non hai futuro sen paixón. Non podemos avanzar na escuridade, por iso debemos seguir buscando, onde sexa, algún retallo de luz. (Suso)
- Parécenos que estamos rodeados de bens mobles, e ao final, todo queda reducido ao baleiro. (Natalia)
-En conclusión todo o que nos rodea é o baleiro, por iso debemos fuxir del e encontrar a esperanza para poder seguir adiante. (Cris N)
-Deberiamos preguntarnos cal é o noso futuro nun país onde a maior produción é o baleiro. Como se pode progresar partindo da nada e indo cara a nada?? Tanatorios que gardan a morte, polígonos industriais desertos, obras faraónicas para albergar baleiro... NADA, iso é o que nos agarda. (Lucía)
- Moitas persoas na nosa terra pensan máis na morte ca na propia vida, xa que reservan a súa tumba moito antes de chegar á xubilación, págando para ser enterrados xunto á súa familia. Deberíase pensar máis no feito de vivir ca no negocio dos tanatorios. (Alba)
-Hoxe en día morrer é un negocio para algúns posto que se mercan flores, cómpranse tumbas... so para que estea todo preperado para o día do enterro, cando o que nos agarda despois do enterro é nada. (Felipe)
-Non existe futuro para un país no que todo xira entorno a morte, e no cal, as súas xentes pensen máis nela que na súa propia vida,e a visita a un tanatorio sexa como un xeito de reunión. Admiro a todos aqueles que viron un raio de luz para Galicia, e que intentaron buscarlle un futuro mellor.(Erea)
-"Producimos menos leito. Menos barcos. Menos investigación. Mais somos os campións na produción de baleiro" en resumo todo o que nos espera é a nada. (Sindy)
- A miña opinión é diferente a de Sindy, galicia é unha gran productor de leite con respecto a investigación ten razón pero hai investigadores moi bos no extranxeiro; eu creo que Galicia vai cara a diante paulatinamente. (Suso2)
-Morrer é un negocio para moita xente, por iso se inviste en tanatorios... (Pablo)
- Polo visto, todo nesta vida se converte en negocio. Ata coa morte se negocia. Pero despois desta, non hai nada, polo que non entendo que tanta "obsesión" de facer negocios. (Kris)
- Se este é o noso porvir A NADA debemos buscar alternativas, iniciativas. Nós temos que buscalas, nós a mocidade. É necesario ter un futuro que non sexa pretérito e encontralo en Galicia! Como di Suso "Non hai vida sen esperanza", temos que tela! (Tania)
-As persoas maiores consideran de importancia vital facer presencia nos tanatorios principalmente porque o falecido fora a un familiar seu con anterioridade o pa non dar que falar.(Lucía Presas)
Un novo proxecto audiovisual:
POLA COEDUCACIÓN (para un futuro non sexista).-
Fixemos unha viaxe ao Parlamento de Galicia:
Para que vexades que duro é ser actor:
- Navega, pero seguro (contra o cíber-acoso):
-Deberian controlar máis a idade das persoas que acceden ás redes sociais(Alberto)
- Non debemos introducir nunca nas redes sociais os nosos datos completos verdadeiros. (Suso)
- Deberiamos ter tino coas fotos que colgamos nas redes sociais, nunca se sabe quen as pode empregar na nosa contra nin en que momento. (Lucía)
- Debemos de ter coidado é poñer unha contrasinal con certo grao de dificultade, xa que, nunca se sabe quen nos pode entrar en calquera das nosas redes sociais. (Natalia)
- Debemos ter tino coas persoas ás que agregamos ás nosas redes sociais, xa que moitas veces, pódese tratar de persoas que nos queren vacilar, ou se queren aproveitar dos nosos despistes, intentando obter información privada, como un número de conta, ou outro tipo de finalidade, como o grooming ou sexting. (Kris)
" A lei de Kentucky di que ningunha muller debe aparecer en traxe de baño en ningún aeroporto de este Estado a menos que sea escoltada por oficiais ó menos que vaia armada cunha porra. As disposicións de este decreto serán aplicadas a mulleres que pesen menos de 90 libras (aprox. 40kg) ou máis de 200 libras (aprox. 90kg), nin serán aplicadas a ieguas". (Lucía)
"En Atlanta vai contra a lei atar unha xirafa a un poste del teléfono ou a unha farola" (Ana Mato)
"A lei de Alabama di que é ilegal levar un bigote falso que cause risas nunha igrexa"(Felipe)
"Unha lei de California dí que é ilegal que un vehículo sen conductor alcanze os 60km. hora"(Lucía Presas)
"No estado de Washington é ilegal finxir que os teus pais son ricos"(Lucía Presas)
"Segundo a lei aplicada no estado de Idaho, é ilegal que un home lle regale unha caixa de bombóns á súa muller que pese menos de 50 libras (23 kg)." (Sindy)
"En Corning, Iowa, é un delito menor que un home pida á súa muller que monte en calqueira vehículo a motor." (Kris)
"En Denver é ilegal prestar a aspiradora ao veciño." (Kris)
"En Blythe , California, unha ordenanza declara que unha persoa debe poseer ó menos dúas vacas para poder levar botas de cowboy en público.(Mariluz)"
- Para saber máis sobre a nosa forma de goberno, fomos ao Parlamento de Galicia, e alí:
- Moito ollo coas cousas que colgamos e a xente coa que falamos nas redes sociais e outras páxinas, pois non sabemos o que nos pode esperar. (Pablo)-Debemos ter coidado tamén con que nos relacionamos polas redes, porque nunca se sabe a intención que pode ter a outra persoa (Erea)
- Un ollo con esas cousas e máis coa posible información que damos do lugar onde nos atopamos, etc, deixando ver que a nosa casa pode estar baleira. (Jorge Serrada).
- Con esto do ciberacoso, deberíase andar con máis coidado nas redes sociais. Por exemplo a hora de poñer datos persoais, fotos... , xa que esta información están o alcance de todo o mundo. (Cris N)
-Hai que ter moito coidado coas cousas que contamos nas redes sociais.Non entendo como pode existir o acoso por persoas adultas a uns rapaces(grooming)(Felipe)
-Deberíamos ter tino ó darlle a calquera persoa o noso contrasinal, tampouco deberíamos compartir o noso espazo na rede social con outra xente.(Lucía Presas)
-A privacidade das redes sociais, debería ter máis información, xa que calquera podería obter datos da nosa vida privada, e usala con fins perxudiciais e para facernos dano. (Sindy)
-Deberíase ter coidado coas fotos que se suben, todo o mundo terá acceso a elas, ademais podense editar para parecer que a foto teña outro sentido do que orixinalmente tiña. (Suso2)
-Acepta só a persoas que realmente teñan un nome real e os coñezas, non a grupos socias que non sabes quen está detrás e non sabes para que queren a túa amizade na rede "amigo\a" (Tania)
- Antes de crear unha páxina, como tuenti , debemos pensar o a información que estamos dispostos a ofrecer de nós. Nunca colgues información comprometida porque estará a disposición de quen o queira ver. (Marta)
LÉXICO:
GROOMING: Acoso sexual a menores por parte de persoas adultas.
SEXTING: Envío de contidos estrictamente sexuais entre menores.
- Buscando a felicidade sen coca-cola:
Lendo unha entrevista ao psicólogo Javier Urra (máis información en www.javierurra.com), chamounos a atención o seu pensamento claro e directo:
"Non existe ninguén absolutamente feliz" (Kris)
"Os rapaces de agora non son da Xeración Ni-ni. Os medios de comunicación inciden demasiado nos casos negativos." (Sindy)
"Os galegos teñen morriña, valoran o bo da súa terra cando se atopan lonxe." (Natalia)
"Debemos aproveitar o tempo, non queimalo" (Marta)
"A vida dache unhas cartas, pero ti debes xogalas con valentía" (Lucía)
"Non hai receitas para a felicidade senón actitudes" (Tania)
"Debemos aprender a non angustiarnos co que quizáis nunca chegue a ocorrer" (Anamato)
"Non disfrutamos do tempo; necesitamos o equilibrio oriental" (Cris N)
"A felicidade non existe sin o outro" (Lucía Presas)
"As situacións malas deben optimizarse"(Felipe)
"Todo o mundo encontrarase coa dor e coa morte, os que sofren moito demostran a súa calidade humana" (Erea)
"Cada persoa pode elixir o seu camiño á felicidade" (Mariluz)
"A muller evolucionou moito pero o home ten que dar ainda algúns pasos máis." (Alberto)
"Ó final da nosa vida preguntámonos: Por quen vivín? Cal foi a razón da nosa existencia?" (Suso2)
"As mulleres deben compartir tarefas" (Pablo)
"Necesitamos feminizar a sociedade" (Jorge)
- O país da liberdade (reflexións sobre curiosas leis dos EEUU):
"A lei de Massachusetts sobre nudismo, cuxa violación supón falta leve, castigada con seis meses nun correccional, 200 dólares de multa ou ambos."
"A lei de Virxinia prohíbe ter unha bañeira na casa; debe de estar no xardín." (Natalia)
"A lei de Chicago prohíbe comer nun lugar que esta ardendo" (Suso2)
"A lei de Oklahoma prohíbe subir unha botella de soda sin a supervisión dun enxeñeiro con título" (Suso2)
"Nova York ten unha ordenanza que prohíbe aos homes levar chaquetas e pantalóns que non vaian a xogo." (Kris)
"Carmel, Nova York, teñen unha ordenanza que prohibe aos homes levar traxes e chaquetas que non combinen. (Marta)
"En Florida, é ilegal bicar os peitos da túa muller." (Jorge Serrada).
"En Arizona, o sexo oral considérase sodomía."(Alberto Pereiras).
"A lei de Iowa prohíbe que un home con bigote bese a unha muller en público" (Cris N)
"A lei de Louisiana di que te poden deter por facer unha falsa promesa" (Cris N)
"A lei de Virginia prohíbe o sexo coa luz encendida e non usar outra posición que non sexa a do misioneiro"(Tania)
"A lei do Estado de Pennsylvania prohíbe cantar na ducha" (Tania)
"A lei de Arizona di que é ilegal rexeitar un vaso de auga que che ofrezan" (Erea)
"A lei de Arkansas di que un home pode pegar legalmente á súa muller, pero non máis dunha vez ao mes" (Erea)
" De acordo coa lei do estado de Kentchuky, cada persoa debe bañarse ó menos unha vez ó ano" (Lucía)
"En Florida no se pueden tirar pedos en lugares públicos después de las 6 p.m. de los jueves" (Pablo)
-Estivo moi ben, aparte estivemonos cachondeando todo o rato do parlamento mais do magnifico funcionario que se nos asignou.(Alberto)- Pois estivo ben coñecer o lugar onde se decide parte do futuro dos galegos, pero para a próxima habería que ir a un pleno, sería máis interesante. (Lucía)
-Un sitio novo para nos e tal, parecía moi serio pero ben ben, unha boa experiencia, está claro.(Jorge Serrada).
- Gustoume moito a visita, sobre todo a gran amplitude das distintas salas e a decoración con alfombras e cadros tan bonitos. (Pablo)
- Pareceume moi interesante visitar o Parlamento, unha das cousas que máis me gustou foi a biblioteca e máis a sala na que nos recibiron.(Cris N)
- Gustoume podelo visitar e saber un pouco mais sobre él, ademais encantáronme os cadros que tiñan expostos, e a entrada principal.(Lucía Presas)
- Unha experiencia interesante, quen diría que o parlamento tiña tanta arte dentro del!!! ademais ten un xardín botanico que da ganas de quedarse alí, recomendovos que o visitedes. (Suso2)
-Foi unha visita moi interesante. Sobre todo o que máis me gustou foi entrar ao hemiciclo, aparte claro da entrada principal.(Sindy)
-Gustoume moitísimo a visita ao parlamento, a lástima foi non poder ver ningún pleno en persoa, a pesar de que o vimos retransmitido nunha televisión, non sería o mesmo. Hai que volver! (Natalia)
-Gustaríame volver posto que ademais de ser un lugar moi interesante é moi acolledor.(Mariluz)
-Unha visita moi interesante e educativa. Eu tamén me uno as persoas que querían ver un pleno en directo. Ainda así é recomendable que para outros anos os rapaces poidan seguir descubrindo o mundo interno do Parlamento, as salas dos diferentes partidos, o hemiciclo, como está decorado..etc.. (Tania)
-Unha visita entretida, xa que coñecemos con bastante detalle o Parlamento e todo o que nel suele suceder: onde se senta cada deputado, as salas, a biblioteca... (Kris)
-Visitas coma estas a sitios de Galicia témolas que facer máis a miúdo, porque ademais de aprender entretémonos. (Erea)
-Non mo esperaba tan grande, foi divertida a excursion, e as camisetas que nos deron o mellor xunto coas alfombras!!!. (Marta)
-Interesante visita.O que máis me chamou a atención foi a sala presidida por uns cadros enormes dos Reis,pero o que máis me gustou foi poder sentarnos nas sillas dos deputados e sentirnos por un momento coma eles.(Felipe)
- DOSSIER CACHAI
O luns fomos ao teatro.
Estas son algunhas das frases que nos fixeron pensar:
"Unha baixa porcentaxe da poboación mundial pode disfrutar de auga potable" (Jorge Serrada)
"Non se pode ir ao baño durante a obra" (Anamato)
"Non é que non haxa recursos para todos, o problema é que están mal repartidos" (Lucía)
"Vós vistes a alguén distribuir a riqueza? Eu só vin acumulala" (Tania)
"Hai máis cordura no mundo dos mortos ca no dos vivos" (Marta)
"Ao saír, a porta fai ruído. Ademais entra unha claridade que nos despista e desconcentra a todos" (Pablo)
"No mundo dos mortos non hai nichos senón apartamentos" (Erea)
"Comer é unha necesidade, que ao final nos acabará comendo" (Suso2)
"Cabalguei e cabalgáronme toda a noite" (Alberto)
"Todo o mundo vai ao Paraíso, excepto os banqueiros que van ao purgatorio" (Felipe)
"Repartir media barra de pan cortándoa pola metade é solidariedade". Dar o 0,7% é caridade" (Sindy)
"De tanto andar para buscar comida, rompéronlle os zapatos" (Kris G.)
"Por moi rico que sexa un país, ninguén nos pode librar de caer na pobreza" (Mariluz)
"Formades parte de 4 de cada 100 persoas que cursan cursos superiores no mundo, e aínda así, tedes dereito ao paro" (Natalia)
"Xa non tedes 12 anos, sodes bastante grandiños" (Lucia Presas)
"Non o ides creer pero non podo abrir a maleta"(Cris N.)
E a ti que che preocupa?
Envíanos ao noso e-mail (eticolmeiro@gmail.com) as túas queixas ou propostas para mellorar a convivencia no centro.
(O nome ou e-mail d@ remitente será totalmente anónimo).