Ter en en conta a idiosincrasia de cada alumno ou alumna á hora de expor unha dinámica.
Por exemplo: se sabes que un alumno ou alumna ten unha baixa tolerancia ao erro e iso soe afectarlle significativamente chegando a perder o control de si mesmo, é mellor respectar esa parte máis vulnerable da persoa e que, por exemplo, non saia á pantalla a facer un exercicio, e que o faga no seu pupitre.
Pistas a levar a cabo:
Situar o foco da sintomatoloxía fóra da persoa. É dicir, non ver o problema como parte da personalidade do alumno ou alumna, senón como un síntoma do proceso de duelo no que se atopa.
Analizar a gravidade da situación... E ver se se pode reconducir ou se debe castigar.
Por exemplo: Un alumno amosa unha conduta desafiante, non quere abrir o libro, e se mostra pasivo-agresivo. Nestes casos, nos que non hai un dano persoal, pódese identificar a causa que está provocando dito comportamento; neste exemplo podería ser que o nivel de esixencia da materia sexa excesivamente alto para ese alumno, entón deberiamos rebaixar a esixencia con el dividindo as tarefas en pasos máis pequenos, chegando, se é preciso, a facer unha adaptación metodolóxica (non unha adaptación curricular, que aquí xa debería facelo o departamento de orientación).
Pero se esa conduta desafiante é ferinte e de carga machista cara a unha compañeira, por exemplo, (aquí si hai un dano persoal), iso consideraríase grave, polo que se lle pediría que, por exemplo, saia da aula, xa que esa actitude non se pode consentir (consecuencia negativa)