No colectivo latino os rapaces e rapazas, e especialmente os e as adolescentes, sofren directamente o proceso de incorporación e adaptación a unha sociedade e cultura diferentes. En moitas ocasións esta incorporación forzosa (non hai que esquecer que as e os adolescentes inmigrantes latinoamericanos chegan ao noso país porque os seus pais os traen) lonxe de ser unha oportunidade para esta mocidade, é vivida como unha ameaza, como un risco de separación definitiva do entorno onde estaban (e quedaron) os seus amigos, as persoas coas que se identifican, o ambiente que lles é familiar e onde se senten seguros. Neste contexto as chamadas bandas latinas representan, ademais da súa compoñente violenta, unha forma de autoafirmación, busca de identidade e referente simbólico.
● A rapazada chega coa idea de que a integración en España será sinxela grazas ao coñecemento da lingua, e que isto habería de facilitarlles a inserción na escola e tamén os habilitaría para establecer novas relacións sociais e afectivas.
● Os e as inmigrantes latinoamericanos tamén chegan co convencemento de que comparten costumes e valores cos españois, de xeito que tenden a sentirse confiados en que este factor facilitaralles –en comparación con outros inmigrantes– a incorporación na sociedade receptora
Pero... o que ocorre en realidade é un enorme impacto ao comprobar que os españois non só poden ser fisicamente diferentes, senón que atopan unha cultura e unha lingua con diferenzas, con xiros e expresións que dificultan a comprensión por ámbalas dúas partes, e que chega a ser, en ocasións, motivo de burla coma por exemplo cando usan palabras e expresións coas letras Z e C. Esta constatación anima a algúns adolescentes a aprendizaxe das formas ou patróns de comportamento locais, para acadar un positivo e rápido proceso de integración. Noutros, en cambio, tomar conciencia desas diferenzas –ao lado doutros factores, como pode ser a exposición a experiencias de corte racista– da paso a unha postura de relativa resistencia á integración social. Prodúcese neles o que se chama choque cultural. O cristal co que se mira a realidade resulta entón posiblemente empanado a partir da subxectividade coa que os mozos e mozas procesan as experiencias iniciais no país de acollida.
Percíbense dúas actitudes:
1. Rebeldía, e autoafianzarse na súa propia cultura, con rechazo a todo “o español”. Hai unha exhibición de actitudes e comportamentos que desembocan no autocumprimento do imaxinario que a sociedade española formula sobre eles.
2. A actitude de quen tenta afastarse da imaxe negativa que eles mesmos pensan que proxectan, e así buscan aprender rapidamente usos e costumes... Aínda que isto leva, en moitas ocasións, a críticas por parte dos seus propios compatriotas, que din de eles que “xa queren ser como españois”
Pistas á hora de traballar con adolescentes latinos nas nosas aulas:
Debemos repensar o modelo de escola e buscar unha vinculación entre a parte académica e os intereses do alumnado, as vivencias e as realidades das familias, a vida do entorno.
✗ Partimos de que o desexable sería unha adaptación curricular, pero isto non é posible a curto prazo.
✗ A metodoloxía de facer dinámicas nas clases, axudarán á comprensión por parte deste alumnado
✗ Idealmente deberíase crear un ambiente de confianza, sen perder o respecto: buscar un achegamento. Se isto non se fai, o alumnado “desconectará” e buscará refuxiarse entre os seus iguais, co consecuente illamento.
✗ O profesorado, durante as clases, captará máis a atención deste alumnado se inclúe, en determinados momentos, referencias culturais aos seus países, palabras na súa xerga ... Esto provocará no alumnado una disposición mental de “alerta” case continua.
✗ Debemos pensar que é un alumnado acostumado a mostrar un serio respecto ao profesorado, e que en moitas ocasións non entende ben as actitudes que mostran falla de respecto por parte do alumnado local. A palabra dun ou dunha mestre é vista como unha “palabra guía”.
✗ O alumnado vería ben que se lle dera materia aparte para eles, cando entende que é polo seu ben e para poñerse antes ao nivel académico dos seus compañeiros.