Tradicionalmente son mozos “pendencieros" no seu país, aínda que aquí, ata o momento, non se teñen detectado excesivamente estes problemas.
Cando se traballa en grupo, chámalles moito a atención que haxa actividades que se realicen sentadas no chan. Nos seus países non é común.
A relación co profesorado nos seus países é similar a que se mantén aquí. O bullying preséntase con similar frecuencia.
Relixión: non son moi relixiosos, seguen unha tendencia similar a España. A súa práctica é Ortodoxa.
Ao profesorado diríxense con respecto (vostede).
As relacións de xénero son similares as de aquí. Pero hai menos movementos feministas, e lles chama a atención todo o movemento feminista español.
O seu alfabeto (variante do cirílico) é diferente, pero aprenden pronto o que se usa en España porque nos seus países se estuda o inglés e iso fai que estean familiarizados cos caracteres latinos. Axudaría á aprendizaxe traballar cun abecedario que compare caracteres.
En Ucraína fálase ruso e ucraíno de xeito indiferente.
Formación en sexualidade: son máis pechados que en España. Nos seus centros educativos non se imparte educación sexual, só enfocado coa saúde. Resúltalles alleo todo o relacionado co colectivo LGBTQ+ e chámalles a atención a visibilidade que hai aquí. Alá existe un rechazo social aos colectivos homosexuais, incluso con exercicio da violencia cara a eles. Se comparamos Ucraína e España, podemos dicir que os rapaces en España están máis liberados. Os temas relacionados co colectivo LGBTQ+ non se tratan no seu ambiente educativo: a educación postsoviética segue presente e a educación escolar so mostra relacións heterosexuais.