Non é moi frecuente, ata o momento presente, encontrarnos en Galicia con adolescentes fillos ou fillas de migrantes subsaharianos/as.
Quen está chegando a España soen ser maiores de 16 anos, e os seus fillos, cando nazan, xa estarán no sistema educativo desde pequenos.
Estes migrantes, o que buscan ao chegar é xa ter un traballo, e os poucos menores que hai normalmente non acoden as escolas porque ven as clases como unha “perda de tempo”, ademais non saben o idioma e en moitos casos nin tan sequera o inglés ou o francés, que é o que lles permitiría usar os tradutores on line como apoio. E se a súa lingua é o wolof debemos ter en conta que é unha lingua oral.
Pensemos que en moitos destes países a escolarización non é obrigatoria, e que unha premisa cultural é que “o futuro fabrícase traballando”, e non se pensa en “investir” tempo en formación. Estamos ante unha cultura da inmediatez, e lles leva a pensamentos de autodiscriminación se non senten “realizados”.
Como recurso práctico -para os rapaces que si acceden á escola e que falan unha segunda lingua- é prover a este alumnado de tabletas para uso na aula, nas que eles poidan facer a tradución de español a inglés ou francés.
Presentarlles referentes doutros migrantes que lles falen da importancia da escolarización, soe dar bos resultados tamén.