NUTRIMENTES: ALIMENTANDO O FUTURO DESDE A ESCOLA
No I.E.S. Frei Martín Sarmiento vaise levar a cabo, durante o curso escolar 2025-26 o proxecto “NUTRIMENTES: ALIMENTANDO O FUTURO DESDE A ESCOLA”, incluído no Plan Proxecta.
O proxecto “NUTRIMENTES: Alimentando o futuro desde a escola” está dirixido ao alumnado de Educación Secundaria e 1º de Bacharelato e nace coa intención de promover hábitos de vida saudables a través dun enfoque educativo e interdisciplinar.
Nesta iniciativa colaboran os departamentos de Educación Física, Lingua Galega e Literatura e Dinamización Lingüística, Lingua Inglesa, Francés e Debuxo, integrando contidos de saúde, comunicación e creatividade.
O equipo docente participante está formado por Mónica Vélez Tena e Margarita Torres Neira (Educación Física), Irene Santiago Martínez (Lingua Galega e Literatura e coordinadora de Dinamización Lingüística), Andrea López Iglesias (Debuxo), Sonia Rodríguez Portela (Francés), Yolanda Garrido Aguete (Lingua Inglesa) e María Castellano (Lingua Inglesa, coordinadora do proxecto).
Xuntos e xuntas traballamos para educar en nutrición, benestar e conciencia crítica, alimentando o futuro desde a escola.