Psicomotricidade

O xogo, o movemento e o baile convértense na mellor ferramenta no proceso de socialización dos/as nenos/as, xa que, a través destes adquiren unha maior confianza, reafirmándose na súa autoestima, seguridade e relación cos demais creando unha imaxe axustada de si mesmos.

Ademais, acadan unha mellora do ton muscular e orientación espacial traballando a psicomotricidade fina e grosa.

Este tipo de actividades son fundamentais para a adquisición da lectoescritura, dado que se traballa a lateralidade, a coordinación motriz e a destreza manual.

Por outo lado, mediante actividades de relaxación mellora a memoria, a atención-concentración e a creatividade.

Cabe destacar, que está sesión será impartida en Inglés, apostando así polo proxecto Plurilingüe do centro.