Educación Infantil

2º CICLO

A finalidade da Educación Infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social, cognitivo e artístico do alumnado. Ao mesmo tempo,xunto coa familia,constrúense as bases da educación en valores e dunha convivencia baseada no respecto.

Nesta etapa atendemos o crecemento afectivo dos nenos e nenas, procurando un clima de confianza en que se sintan seguros. É importante aadquisición de hábitos e rutinas que posibiliteno maior grao de autonomía posíbel en cada idade.Tamén que adquiran as habilidades da comunicación e da linguaxe que permitan as pautas elementais de convivencia e relación social.

Por outra banda, en Educación Infantil se lles abre ás crianzas a ventá para descubriren o mundo que lles rodea e sentirse parte del. Facilitando que as nenas e nenos vaian elaborando unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada, axudámolos a desenvolver todas as súas fortalezas posibilitando así a adquisición das bases para futuros aprendizaxes.

Nesta etapa, traballamos a transmisión daqueles valores que favorezan a responsabilidade, a solidariedade, a tolerancia e o respecto, así como a prevención de conflitos, a resolución pacífica dos mesmos e o fomento da igualdade.


SERVIZOS

Madrugadores

dende as 07:30h

Comedor

Escuela de música

Debido a situación provocada pola COVI-19 as actividades extraescolares quedan pendentes das instruccións dadas pola Consellería.

Construimos Con sentido Contigo