Lecto-escritura

Progresivamente dende os tres anos, os nenos e nenas van adquirindo os coñecementos e as habilidades que, respectando a seu ritmo de aprendizaxe, lles permiten comezar a ler e escribir. A través da aprendizaxe por proxectos o alumnado descubre a lectura e a escritura como ferramentas necesarias para aprocura de información e transmisión de coñecementos, o que fomenta o seu interese. Por medio dos contos, os nenos e nenas achéganse a parte máxica e lúdica da lectura.