PLURILINGÜISMO

Desde os tres anos os nenos e nenas teñen unha profesora nativa de inglés que complementa a materia ordinaria e así, dun xeito lúdico, familiarízanse co idioma.

O castelán, o galego e o inglés forman parte da vida diaria na aula. Consideramos que as linguas son un grande instrumento que favorecen as estruturas mentais, converténdose nun importante medio de socialización e enriquecemento cultural.

Por iso, a presenza de diferentes linguas na aula desde unha idade temperá, é un factor decisivo para o desenvolvemento adecuado da competencia comunicativa.