Aprendizaxe baseadA en proxectos

O obxectivo da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, metodoloxía utilizada nesta etapa, é facer ao alumnado protagonista da súa propia aprendizaxe.

A través da procura das respostas as preguntas que eles mesmos se formulan, os nenos e nenas adquiren coñecementos, habilidades e actitudes mediante á resolución de problemas e a elaboración dun traballo final.

Así, seguindo o espírito de SIGNA, o noso modelo pedagóxico, respectamos as diferentes personalidades, necesidades, fortalezas e intereses do noso alumnado.