Non se modificarán os horarios habituais de recreos do centro, pero engadirase un primeiro turno (de 11:10 a 11:40) para o grupo de 4º de EI.
Educación Infantil e Primaria
Estableceranse dous turnos de recreo para garantir a distribución de espazos individualizada dos grupos de convivencia estable:
-1º Turno ( de 11:10 a 11:40h): 4º EI
-2º Turno (de 11:45 a 12:15h): 5ºEI - 6ºEI - 1º EP - 2º EP - 3º EP - 4º EP - 5º EP - 6º EP
Unha vez que sexa a súa hora de saída, o alumnado prepararase para saír á súa zona de patio correspondente, pola súa ruta e porta de uso habitual. Empezarán a saír por orde de curso, e ocuparán a súa zona de patio correspondente.
Estableceranse zonas de uso diferenciadas en cada un dos turnos, do seguinte xeito:
1º turno (11:10 a 11:40h):
-4º EI: patio de EI (Zona A)
2º turno (11:45 a 12:15h):
-5º EI: patio de EI (Zona A)
-6º EI:patio de columnas
-1º EP: Metade dereita da zona B do patio/ 2º: Metade esquerda zona B do patio
-3º EP: Zona F
-4º EP: Zona D
-5º EP: Zona E
-6º EP: Zona C
Unha vez que toque o timbre de subida as aulas, o alumnado colocarase en fila, gardando as distancias de seguridade, cada nivel na súa zona de patio correspondente, e subirese ás aulas por orde ascendente de curso. O profesorado de garda de recreo no patio vixiará que a volta ás aulas se realice nas condicións descritas.
Se, por circunstancias meteorolóxicas, non se puideran utilizar os espazos exteriores, cada grupo permanecerá na súa aula de referencia.
ESO.
O alumnado de 1º ESO usará o espazo C.
O alumnado de 2ª ESO usará o espazo D.
O alumnado de 3ª ESO usará o espazo E.
O alumnado de 4ª ESO usará o espazo F.
Durante o recreo do comedor o alumnado, dividido en dúas quendas, usará o espazo B.