Estableceranse grupos de convivencia estable na Educación Infantil e Educación Primaria, nos que se terán en conta as seguintes medidas de carácter específico:
Poden socializar e xogar entre si sen ter que manter a distancia interpersoal de forma estrita.
Deberán evitar a interacción con outros grupos do centro educativo, limitando ao máximo o número de contactos, o que non faría necesario gardar a distancia interpersoal de 1´5 metros en aula.
Para o acceso ao centro:
Entrarán directamente á súa aula despois de baixar do autobús, respectando o recorrido e portas de acceso indicadas, para minimizar o máximo o contacto con outros alumnos/as e persoal do centro.
O alumnado dos grupos de convivencia estable menor de 6 anos deberá acudir ao centro con máscara, que quitarán dentro das súas aulas coa axuda das mestras unha vez colocados chaquetas e material nos percheiros e espazos correspondentes e rematada a limpeza de mans.
O resto de alumnado, de 6 a 12 anos, empregará a máscara de maneira xeral.
Todo o alumnado terá que taer ao centro unha máscara de recambio, así como un estoxo co nome de neno/a para gardar a máscara principal en caso de ter que quitala (por exemplo no comedor).
Dentro da aula:
Cada alumno terá o seu kit individual de traballo (caixiña plástica ou estoxo co seu nome con obxectos de emprego máis común).
Cando sexa necesario empregar material común, distribuirase en gabetas ou caixas para cada un dos grupos, tendo que ser desinfectado unha vez finalizado o seu emprego.
Limitaranse, na medida do posible, os movementos dentro da aula.
Existirán zonas ben diferenciadas para que os alumnos poidan gardar o seu material e cando este sexa gardado de xeito grupal, a mestra ou o alumno/a encargado/a de material segundo a idade, procederá á preceptiva desinfección de mans antes de levalo a cabo.
Se é preciso que un alumno empregue a pizarra, realizarase unha desinfección previa con xel hidroalcohólico do rotulador que empregue.
Todo o profesorado especialista que entre na aula deberá empregar máscara e facer unha correcta desinfección de mans.
Outros aspectos:
Nos cursos de EI e 1º e 2º de EP, poderán formarse grupos de traballo cooperativo estables, de tal xeito que se reduzan as interaccións físicas entre grupos. Deste xeito, tentaremos que dentro da aula o contacto directo únicamente se produza entre grupos dun máximo de cinco alumnos.
Nos momentos nos que todo o grupo poida estar xunto -recreos, traslados- o alumnado procurará portar máscara.
Ao trasladarse de aula para levar a cabo as sesións de EF, música ou saír ao patio, deberán respectar o percorrido deseñado para ese grupo en concreto e na orde de entrada/saída asignada.