Tomar a temperatura e facer a avaliación (que figura máis abaixo) clínica; se o neno/a tivera algún dos síntomas ten que quedar na casa e hai que chamar ao colexio para dar aviso.
As familias terán que firmar unha declaración responsable pola que se comprometen co punto anterior.
Asegurarse de que o neno/a vai ao colexio con dúas máscaras certificadas e en bo estado e un estoxo para gardalas. Recoméndase o uso da máscarilla ao alumnado de Infantil.
O material escolar non se poderá compartir entre o alumnado, coiden que cada quen leve o seu material na mochila. Tampouco se permite compartir comida ou dulces (para celebrar aniversarios, por exemplo).
Colaborar na concienciación da importancia de manter as medidas de hixiene e seguridade para a saúde de todos.
Nas reunións de titoría e nas comunicacións por outros motivos coas familias priorizarase o uso do teléfono, videochamada ou videoconferencia.
As citas poderán concertarse por teléfono (881867015) ou mediante a aplicación Abalar móbil.
As familias que teñan que acudir ao centro evitarán facelo no momento dos recreos:
10:40 a 11:00
11:10 a 12:15
12:40 a 13:00
As titorías de Infantil e Primaria levaranse a cabo os martes de 16:20 h a 17:20 h., con cita previa empregando as canles habituais: abalarmóbil, axenda do alumnado, chamada telefónica.
As titorías serán preferentemente telemáticas e, no caso de ser presenciais, terán lugar nun espazo amplo que haxa dispoñible nese momento e coas seguintes medidas:
Emprego de máscara.
Hixiene de mans ao acceder á aula.
Separación que garanta a seguridade.
No caso de ser preciso a revisión dunha proba escrita, solicitarase previamente para ter unha copia e evitar a manipulación conxunta de documentos.
O uso da máscara é obrigatorio durante todo o horario lectivo para os maiores de 6 anos.
Para os menores de 6 anos o uso da máscara é recomendable.
O alumnado terá que levar ao centro unha máscara de recambio, así como un estoxo para gardar a máscara principal en caso de ter que quitala (por exemplo no comedor).
A máscara ten que ter a certificación mínima requerida polas autoridade sanitarias, as chamadas máscaras hixiénicas ou quirúrxicas, UNE 64:2020 ou UNE 65:2020.
Deberase cumprir coas especificacións de seguridade das máscaras: usalas só o tempo especificado (normalmente 4 horas) e, se son reutilizables, lavalas diariamente.