Nas aulas

En educación infantil e na educación primaria estableceranse grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán criterios de limitación de distancia. A distancia a manter entre postos escolares será a máxima que permita a aula, para a aplicación do criterio de medición a distancia realizarase dende o centro das cadeiras

Segundo o punto 3.3.A. do Plan de adaptación a situación COVID 19 na súa última versión (06.07.2021) «nas etapas de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Formación Profesional establécense as seguintes medidas de conformación das aulas:

a) Os postos escolares manterán, con carácter xeral, unha distancia de 1,2 metros respecto de todos os postos que o rodeen medidos dende o centro da cadeira. Se fose preciso retirarase outro mobiliario como andeis ou colgadores que limiten o espazo dispoñible .

b) Os postos escolares estarán orientados nunha mesma dirección.

c) Cando o tamaño da aula non permita a distancia entre postos buscaranse espazos alternativos onde sexa posible gardar a distancia de 1,2 metros. Noutro caso, poderase habilitar o espazo dispoñible mediante a utilización de mamparas de separación sempre que se respecte unha distancia mínima de 1m respecto dos postos que o rodeen, medidos dende o centro da cadeira.

d) Cando non sexa posible ningunha das accións anteriores desdobrarase o grupo.»

Atendendo a esas medidas e para garantir o espazo de separación de 1,2 metros en Secundaria vímonos na obriga de facer cambios na distribución das aulas, que queda do seguinte xeito:

Planta baixa

Planta alta