ENTRADA:
O horario de entrada no centro non se modificará.
Os accesos ao recinto e ao edificio serán diferenciados segundo as etapas e niveis educativos, e realizaranse no momento da chegada sen esperar nin facer grupos na entrada, de modo áxil e seguro respectando a distancia de seguridade de 1,5 m.
Infantil, 1º e 2ºA de Primaria: Portalón A e porta do edificio 2 (antiga ampliación)
2ºB-3ºC Primaria e 1º ESO: Portalón A e porta do edificio 1 (acceso principal ao centro e escaleiras anchas da esquerda)
3º ESO: Portalón A e porta do edificio 1 (acceso principal ao centro e continuación polas escaleiras centrais do edificio).
3ºA e 3ºB de Primaria: Portalón A e porta do edificio 2 (antiga ampliación) e continuación por escaleiras biblioteca e acceso superior a edificio 1.
5º-6º Primaria e 2º-4º ESO : Portalón A e porta do edificio 3 (ampliación nova).
O acceso ao recinto a os traxectos ata as aulas estarán sinalizados e serán vixiados e regulados polo profesorado de garda de transporte. O resto do profesorado encargarase da súa recepción e control nas aulas neses momentos previos á clase.
Dependendo da forma de chegada ao centro, debemos ter en conta as seguintes normas:
O alumnado transportado, unha vez situado o autobús fronte ao portalón A de acceso ao recinto, baixará escalonadamente respectando a distancia de seguridade e dirixirase a súa fila de entrada correspondente.
Se o alumnado ven a pé accederá polo portalón, e dirixirase á súa fila sempre respectando a distancia de seguridade.
Se o alumnado ven en vehículo particular pode facer de unha das seguintes formas:
Baixar do vehículo na zona do pavillón ou na carretera xeral DP-1202 e acceder a pé coma no apartado anterior. (Nunca deixar o vehículo na via de acceso ao centro)
Seguir co coche a liña de chegada dos autobuses e deterse no portalón só o tempo imprescindible para deixar ao alumnado. (esta solución é a máis axeitada para o días de chuvia)
Entrada nas aulas. A medida que os autobuses vaian chegando serán recibidos polo profesor de garda de trasporte que irá dirixindo ao alumnado, en filas coa distancia de seguridade de 1,5 m, ao interior do recinto; o alumnado dirixirase á súa aula onde tomará asento e esperará a chegada dos compañeiros.
Nos edificios de Educación Infantil e Primaria estará esperando, 10 minutos antes da hora de entrada, o mestre titor en cada aula ou ben o mestre especialista que teña clase con ese grupo á primeira hora da mañá, para recibir aos alumnos/as, axudarlles a colocar os seus materiais nos percheiros e lugares indicados e axudarlles a proceder á desinfección das mans no caso dos máis pequenos, ou vixiar que a realicen correctamente no caso dos maiores.
Nas aulas da ESO estará esperando, 10 minutos antes da hora de entrada, o profesor que ten a primeira hora de clase, que recibirá ao alumnado, vixiará que boten xel desinfectante ao entrar na aula e controlará que se manteñan sentados nos seus pupitres.
SAÍDA:
Estableceranse horarios escalonados para este momento coa finalidade de evitar a aglomeración de alumnado nas portas de saída, do seguinte xeito:
Alumnado non usuario de comedor de Infantil e Primaria de 13:50 a 14:00 h.
Alumnado usario de comedor de Infantil, 1º e 2º de Primaria: de 14:30 a 14:35 h.
Alumnado usuario de comedor de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: de 14:35 a 14:40 h.
Alumnado de Secundaria: de 14:40 a 14:45, excepto martes que saen ás 17:20 h.
Na ESO, cando toque o timbre de saída o profesorado organizará na súa clase a saída en filas distanciadas do seu alumnado (se se está nunha aula materia non se permitirá acudir a aula de referencia); segundo vaian saíndo botarán xel desinfectante. O profesorado vixiará a saída do alumnado do recinto. O profesorado de garda de transporte tutelará a subida aos autobuses respectando a distancia de seguridade. Se quedara alumnado esperando a chegada dalgún bus, terá que estar no patio 2 coa debida separación de seguridade.