Todo comezou como unha Iniciativa Oficial parte do traballo social sen ánimo de lucro da Fundación Antón Losada Diéguez rexistrada e autorizada polo Departamento de Educación de España na República de Irlanda. A Fundación viaxou a Meis e reuniuse co CPI Mosteiro-Meis e o Concello de Meis no ano 2015, entregando a Proposta Marco e ofrecendo seus servizos e proxecto Erasmus + ao CPI Mosteiro-Meis. O CPI aceptou a oferta converténdose así no seu Coordinador Xeral no que colabora o Concello de Meis como Entidade Asociada. A Fundación consegue e asina o acordo cos nosos socios no estranxeiro, dá tantos pasos como sexa necesario para o éxito da iniciativa e, xunto co CPI Mosteiro-Meis, escribe as solicitudes felizmente aprobadas pola Axencia Erasmus + en España SEPIE. Dende entón a Fundación Antón Losada Diéguez colabora intensamente co CPI Mosteiro-Meis na coordinación e evolución dos seus proxectos Erasmus + '' Museo do Tempo '' e a súa continuación co actual '' Programa botánico de selección e mellora participativa '' sendo decisiva para a aprobación e éxito de ambas iniciativas. Unha preciosa historia de colaboración sen ánimo de lucro Fundacion-CPI Mosteiro-Meis que exemplifica o verdadeiro valor da Cultura Galega dende o nivel local ata o internacional.
Levada a cabo polas escolas CPI Mosteiro-Meis (Galicia) e Colaiste Iognaid (Galway) entre 2017-2020.
Agradecemos o apoio prestado polas bodegas Pazo de Señoráns e bodegas Laureatus
Agradecemos o apoio do Concello de Meis e da Galway City Hall