Da Idade de Bronce existe un verdadero tesouro de arte rupestre, en Outeiro do Cribo, representado por petroglifos que datan do ano 1000 a.c. e que representan labirintos, cervos, círculos, homes a cabalo e os máis variados tipos de xogos xeométricos. Situado perto do camiño de Santiago na súa variante marítima, antes de chegar ao mosteiro de Armenteira, é unha laxe granítica, inclinada cara ó oeste con 5 metros de lonxitude por 2, 5 metros de anchura.
Os únicos labirintos gravados nas rochas galegas polos nosos ancestros son este e máis o de Mogor, ao outro lado da ría de Pontevedra, case un enfrente do outro.
Moi preto do desvío ata os petroglifos do Outeiro do Cribo, Atópase este dolmen que conta con sete esteios na cámara e un no corredor. A mámoa apenas e visible coa vexetación e aínda así asemella partida pola metade xa que faltan moitas pedras da cámara. Unha vez identificado o lugar, é doado apreciar o túmulo e o corredor que ofrece unha perspectiva da dimensión que tiña esta construcción funeraria.