Proxecto financiado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+
O proxecto "Museo do tempo" está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do CPI Mosteiro-Meis e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí espallada.
Fundación Antón Losada Diéguez e a xeración NÓS coas familias e veciños de Meis
Este proxecto forma parte da Obra Social da Fundación Antón Losada Diéguez que coordina conxuntamente co resto dos socios como parte do seu traballo non-profit para a promoción da Cultura Galega
Unha viaxe polo tempo
Dicen co patrimonio histórico é a linguaxe da alma dos nosos ancestros. As pegadas do tempo en Meis veñen de lonxe, moi lonxe. Dende a arte rupestre cun dos petroglifos de máis sona de Galicia, até a mística da vida monacal chea de misterios e lendas. Unha composición de diferentes estilos onde o paso do románico configurou un rosario de capelas e cruceiros marcando a senda do camiño marítimo de Santiago de Compostela. O medievo deixou en Meis mostras de arquitectura paciega impresionante, tanto pola súa envergadura coma pola enorme concentración de pazos. Na arquitectura popular destacan os muíños á ribeira dos regos coma Armenteira e Santomé, os hórreos, e construccións de cultivos que xiran entorno ao mosteiro de Armenteira, eixo da economía no medievo e dinamizador económico e cultural. Os roteiros de ribeira son espléndidas aulas da natureza pola riqueza dos bosques autóctonos, coma o son tamén os xardíns, concentrados principalmente no pazos, onde o cultivo da Camelia atopou unha riqueza merecedora de recoñecemento internacional. O val do Salnés, encabezado por Meis, foi configurado ao longo do tempo polo cultivo da vid. Ao estilo dos Chateau na Francia, os pazos máis importantes espallan as súas vides arredor, marcando o paso das estacións coa súa paleta de cores.