O primeiro problema en que pensamos relacionado co mundo da moda foi nas tallas, tanto cando son diferentes en cada marca como cando non atopamos a talla que necesitamos.
Neste apartado falamos de cómo a imaxe exterior afecta á autoestima, sobre todo na adolescencia.
Preguntamos nunha enquisa a todos os alumnos da ESO do concello se algunha vez se sentiron presionados para baixar de peso ou xulgados polo seu físico e fixemos unha entrevista coa P.T. do colexio e coordinadora do comedor escolar.
Neste apartado obtuvemos información sobre as consecuencias dos transtornos da conduta alimentaria na adolescencia falando cun médico e unha fisioterapeuta de Pontevedra...
Tamén conseguimos datos actualizados da incidencia destes transtornos a través da Escola de Enfermería de Pontevedra.
Neste apartado imos á farmacia do concello e ao centro médico de Portas para aprender máis sobre os medicamentos contra o sobrepeso tan de moda agora.
Para contrastar os datos preguntamos tamén nunha farmacia en Pontevedra e lemos artigos en revistas e xornais sobre o tema.
Para rematar o apartado vimos un vídeo sobre a polémica de a qué se lle chama "talla media" nas redes sociais e visitamos dúas tendas de marcas coñecidas en Pontevedra, Mango e H&M, para coñecer as súas opinións ao respecto.
Con todo o escoitado nos preguntamos: ¿COMPRAMOS MOITO MÁIS DO QUE NECESITAMOS? dando lugar ao noso 2º tema investigado: