Quixemos saber por qué a maioría da roupa se fabrica en Asia...
Varios artigos e webs falaban de fábricas que cerraran porque se levaron a produción a Asia polo que buscamos qué é a desloczalización industrial e lle preguntamos á profesora de Historia.
Saeu o tema das malas condicións de traballo nestas fábricas e lemos o cómic de Oxfam sobre a traxedia de Rana Plaza. Tamén artigos que fan fincapé na dificultade de coñecer realmente de onde ven a roupa que compramos, aínda que se está a mellorar neso.
Buscaos información na web da ONG UNICEF que traballa en prol da infancia para darnos de conta con datos de que segue a haber traballo infantil e dalgúns consellos para frealo.
Neste punto achegámonos a varias iniciativas para ter conciencia de quen e como fai a nosa roupa, incluidas as das grandes marcas que están a traballar para facer unha moda máis sostible e xusta, aínda que falta traballo por facer.
Para rematar o apartado visitamos dúas tendas solidarias de roupa de 2ª man en Pontevedra, onde nos atenderon moi amablemente.
Aprendimos de preto como é o proceso dende a donación ata a venta e ideas de que facer cos tecidos sobrantes.
Chegados a este punto nos preguntamos: ¿PÓDESE RECICLAR A ROUPA E CÓMO SE FAI? que deu lugar ao derradeiro apartado do noso estudo: