Somos o equipo de investigadores do CPI Domingo Fontán de Portas (Pontevedra).
Fixemos este proxecto para investigar un pouco os problemas que rodean o mundo da moda, xa sexa na saúde, no medio ambiente, nas condicións de vida das persoas, na economía...
Para investigar acudimos aos referentes do pobo: profes, farmacia, centro de saùde, concello... ademais da biblioteca escolar e internet, claro! Tamén fixemos enquisas.
Portas é un concello moi pequeno, non chegamos aos 3.000 habitantes, e nin temos tendas de roupa, polo que tamén fomos a informarnos á capital da provincia, Pontevedra, para ver se os datos coincidían.
Esperamos que vos guste o noso traballo. Está dividido en 4 grandes apartados: