A profesora de Debuxo estivera este Novembro pasado nunha estancia en Canadá do programa PIALE da Xunta de Galicia para ver como funcionaban as cousas alí.
No instituto Wexford Collegiate School for the Arts o que máis lle gustou foi a asignatura de Deseño de Moda, polo que ao volver deseñou unha unidade didáctica para o noso colexio.
Sen embargo, ao ir lendo sobre o tema, o que máis lle chamou a atención foi todo o que non é tan bonito do mundo da moda e propúxonos investigar un pouco máis en serio sobre iso.
Na web xa tiñamos os pasos para facer un proxecto de investigación de CEDRO e uns consellos para que resultase ben. Tamén pequenos titoriais sobre como facer unha bibliografía e como respectar os dereitos de autor e a protección de datos.
Primeiro repartimosnos o traballo, por eso fixemos catro apartados: Carla saúde, Uxía moda, Sara fábricas e Roberto contaminación. Sen embargo acabamos facendo todo un pouco o de todos.
A profesora creou un esquema para ordenar o proxecto pero a verdade é que non se cumpriu porque as cousas ian surxindo e nos iamos adaptando como podiamos.
Aproveitamos o que tiñamos cerca:
A Biblioteca do cole, libros xa colleramos moitas veces pero nunca tiñamos ido á parte das revistas de ciencias.
Fixemos primeiro entrevistas aos nosos profesores, porque cada un é experto nunha cousa e os tiñamos cerca.
Empregamos os xornais, especialmente La Voz de Galicia porque estamos no programa "Prensa na Escola" para traballar con ese xornal nas clases algún día á semana.
Fomos a entrevistar aos sitios de referencia no concello, por exemplo á farmacia ou o centro médico.
Buscamos na internet, porque é moi sinxelo e ten todo tipo de información. Intentamos buscar páxinas serias.
Visitamos na capital da provincia (Pontevedra) tendas de roupa, modistas ou tendas de 2ª man para preguntar directamente as nosas dúbidas.
Nos casos en que non puidemos ir en directo, mandamos as preguntas por outro ou chamamos por teléfono.
No caso de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) imos case todos os anos á súa pranta de reciclaxe, porén este curso non puidemos, co que tivemos que conformarnos coa súa web, os xornais e o seu libriño explicativo para informarnos.
Fixemos unha enquisa virtual e outra física, aínda que o profe de matemáticas nos explicou que esta última non nos daría información "representativa".
No apartado BIBLIOGRAFÍA o explicamos mellor e puñemos unha listaxe dos libros e un resumo das enquisas!
Grabadora, radio, entrevistas, busca de información, biblioteca escolar, prensa na escola...
Traballamos na aula virtual, porque é o que dominamos e nos era doado compartir a información entre nós e tamén coa profesora, pero á hora de poñela en formato web eran textos moi longos e todos moi relacionados e non dominábamos tanto a creación de páxinas web (aínda que hoxe en día non hai que saber programación nin nada) polo que ao final puxemos os textos en pdf.
Decidimos facer nós todas as fotos porque non estábamos moi seguros de quen fixera cada imaxe que atopabamos na internet e se o podíamos citar.
A todos os participantes lles preguntamos se podiamos grabar a súa voz, sacar unha foto e citalos no proxecto, agás na nosa 1ª entrevista (á farmacia) que non nos lembramos e por iso non puxemos fotos.
Respectamos a quen non dixo que prefería que non (as traballadoras das tendas de moda ou á colaboradora da tenda de Cáritas, por exemplo). No caso das enquisas pola rúa só puxemos fotos de espaldas, porque non tiñamos tempo para pedir permisos.
Cando fomos ao centro de día, tapamos as caras dos que non formaban parte do equipo.