Para rematar nos preguntamos que se fai cos tecidos que xa non serven, se se pode reciclar, quen e como se fai, quen paga isto...
A fabricación de prendas de roupa está a contaminar o aire e as augas de moitos países. Moitas veces teñen leis medioambientais menos ríxidas e algunhas empresas se aproveitan diso!
Entrevistamos ao profesor de Bioloxía quen nos explicou que, aínda que levemos a contaminación lonxe para tratar de escapar dela, acaba estropeando ao planeta de todos e, ao lavar as prendas, contaminamos tamén as nosas augas.
Toda a roupa desbotada tamén é un problema para o medio ambiente.
Coñecemos un pouco máis sobre a Axenda 2030, que xa tiñamos visto noutras ocasións.
Trátase dos obxectivos que se puxo a ONU para facer un futuro sostible. O que pasa é que, aínda que melloramos moito, xa estamos a mediados do 2025 e estamos lonxe de conseguilos!
Preguntamos ao profe de Química que pasa cos téxtiles que non se reutilizan nin se reciclan, se por exemplo se deixan no vertedoiro que pasa ou se se queman que é o que producen.
Aprendimos que os concellos son os que xestionan e pagan a recollida selectiva de residuos, é dicir, o papel por un lado, o vidro por outro...
Dende este ano Europa mandou que tamén se recolla o téxtil nun sitio aparte. Preguntamos nos concellos se o fan e canto lles custa a maiores! Parece ser que cada concello o fai ao seu xeito e non nos deixaron moi claro como...
Limos varios artigos e novas de internet que dín que é moi difícil (e oi caro) reciclar o téxtil, parece ser que pola mistura de tecidos.
Este curso non puidemos ir a SOGAMA (a pranta de reciclaxe de Galicia) pero a coñecemos ben porque nos levan do cole case todos os anos. Limos no xornal que para o ano que ven estrearán unha nave especial para téxtil, polo que estudamos a súa web e os seus folletos para enterarnos ben!
Todo o que investigamos sobre este tema (e nos outros tres apartados do proxecto) acabou por convencernos de que o mellor é consumir menos, para producir menos e contaminar menos, pois reciclar algúns materiais é difícil, caro e ata contamina en certa medida.
Herdar a roupa, donala, vendela de 2ª man ou reutilizala para modernizala ou para facer outras cousas é mellor para o planeta!
AO FINAL NOS QUEDA UNHA ÚLTIMA PREGUNTA: ¿QUÉ PODEMOS FACER NÓS?
Temos algunhas ideas: reciclaxe creativo, recollida solidaria de roupa, intentar comprar menos e máis cerca, falar deste tema aos demais para conciencialos... en resumo, intentar aportar o noso graniño de area para que estes problemas relacionados co mundo da moda sexan cada vez menos!