O alumnado de 4 anos, dentro do proxecto das Illas Atlánticas, descubriu moitas cousas sobre a Illa de Sálvora, como por exemplo:
Sálvora como parte das Illas Atlánticas.
A lenda da serea Mariña.
A flora.
A fauna.
As normas para visitar a illa.
Que elementos meter na mochila para a excursión.
Lugares de interese: pazo, serea, aldea e faro.
Con motivo do Entroido fixemos un obradoiro de costura coas familias para elaborar os disfraces de peixes e desfilar diante do resto do colexio.
Creamos unha maqueta do arquipélago de Sálvora empregando diferentes materiais, e con motivo do IV certrame de podcasts do colexio, fixemos gravacións recollendo a información traballada sobre Sálvora, que se engadirá a dita maqueta por medio de códigos QR.
Con toda esta información elaboramos un lapbook como produto final do proxecto, incorporando diferentes tipos de propostas como produccións artísticas, orais (podcast e contos acumulativos), rexistros escritos (escritura espontánea, letras móbiles...) e procesos de identificación matemática de xeito gráfico.
Para pechar o noso proxecto realizamos unha saída á Illa de Sálvora onde puidemos ver todo o que aprendimos ao longo do curso.
O alumnado de 5 anos dentro do proxecto das Illas Atlánticas, prestou especial atención á Illa de Sálvora, da cal investigou aspectos coma:
A lenda da serea Mariña.
Acontecementos destacables coma o naufraxio do Santa Isabel.
A flora.
A fauna.
As normas para visitar a illa.
Que elementos meter na mochila para a excursión.
Rutas: á aldea e ó faro.
Lugares de interese: pazo, serea, aldea e faro.
Con motivo do Entroido fixemos un obradoiro de costura coas familias para elaborar os disfraces de peixes e desfilar diante do resto do colexio.
Creamos unha maqueta do arquipélago de Sálvora empregando diferentes materiais, e con motivo do IV certrame de podcasts do colexio, fixemos gravacións recollendo a información traballada sobre Sálvora, que se engadirá a dita maqueta por medio de códigos QR.
Con toda esta información elaboramos un lapbook como produto final do proxecto.
O ciclo de Educación Infantil centrou o seu percorrido polas Illas Atlánticas no coñecemento e posta en valor da illa de Sálvora. Tomando como referencia os contos de Illas á vista e Atlas de Galicia pequeniña, imos elaborar un lapbook onde recolleremos un resumo da información traballada sobre esta illa: mapa, lendas, fauna, flora e normas de visita.