Un novo trimestre, unha nova aventura polas Illas Atlánticas!
Traballos con textos e audios sobre as Illas. Esta vez traballamos as lendas e mitos, a noticia, poesía e o cómic.
Disfraces de Entroido: neste curso, os nenos e nenas do 2º ciclo convertéronse en mariñeiros e piratas das costas atlánticas, empregando materiais variados e reutilizados para a creación do vestiario e dos diferentes complementos. Esta actividade permitiu fomentar a creatividade, o traballo cooperativo e a concienciación sobre a reutilización de materiais.
Exposición sobre animais das Illas Atlánticas: O alumnado de 3º de Primaria realizou unha exposición sobre os animais que podemos atopar nas Illas. A través das súas investigacións e presentacións, deron a coñecer diferentes especies da fauna mariña e terrestre, compartindo información moi interesante.
A gran saída: Visita á Illa de Sálvora