Comezamos o último trimestre con alegría!
Lectura da obra literaria “Comando D Misión en Cíes”: o alumnado de 3º de primaria traballou durante o terceiro trimestre unha obra escrita por un dos mestres da nosa escola, Manuel Felpeto. A través desta obra traballouse a inclusión, ao tempo que se narran as aventuras dun grupo de nenos e nenas nun entorno tan especial como as Illas Cíes. O libro permitiu achegar ao alumnado valores como o respecto, a amizade e a convivencia, tendo como espazo protagonista as illas Cíes. Elaboramos este caderno para traballar cada un dos capítulos.
Creación de poemas relacionados coas Illas Atlánticas: o alumnado de 4º de Primaria elaborou diferentes poemas inspirados na paisaxe, a fauna, o mar e os elementos naturais das Illas Atlánticas de Galicia. A través desta actividade fomentouse a creatividade literaria e a expresión escrita.
Obradoiro de aves: participou nunha charla educativa sobre as aves e a súa importancia nos ecosistemas naturais. A actividade permitiu coñecer mellor diferentes especies, os seus hábitos e a necesidade de protexer a fauna do noso contorno. Como complemento á charla, os nenos e nenas elaboraron un niño para os paxaros.
Mural das Letras Galegas ambientada nas Illas Atlánticas.
Actividade de recollida de lixo na praia con voluntariado de diferentes países: o alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade de recollida de lixo na praia de San Tomé, acompañado por un grupo de voluntariado internacional procedente de diferentes países, como Francia, Bélxica ou Portugal. Esta experiencia resultou moi enriquecedora e gratificante, xa que permitiu concienciar ao alumnado sobre a importancia do coidado e conservación do medio natural. Durante a xornada recolléronse un total de 60,5 kg de lixo, contribuíndo á limpeza e protección da contorna costeira.
Maquetas das illas: coma produto final do PDI, o alumnado de 4º de primaria participou na elaboración de maquetas das Illas Atlánticas de Galicia, reproducindo diferentes elementos da paisaxe.
Visita ás illas Cíes: o alumnado de 2º ciclo realizou unha visita ás Illas Cíes, onde pudo coñecer de primeira man a riqueza natural e paisaxística deste espazo. Durante a saída, os nenos e nenas participaron en diferentes actividades de observación e aprendizaxe relacionadas coa fauna, a flora e a conservación do medio natural, converténdose nunha experiencia moi enriquecedora e motivadora.
Para a tarefa final do PDI o alumnado de 3º realizou un circuíto inspirado nas Illas Atlánticas, incorporando debuxos da fauna e da flora mariña para traballar co uso de robots e actividades de programación. A través desta proposta tamén se abordou o tema das máquinas, empregando lápices 3D e pezas LEGO para construír barcos e crear diferentes elementos relacionados co océano, combinando creatividade, tecnoloxía e aprendizaxe activa.