Coñecer e poñer en valor a riqueza natural que nos rodea é algo esencial para a conservación do noso, por iso, este curso as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria converteranse en auténticos exploradores e exploradoras do noso mar, descubrindo os tesouros naturais, culturais e históricos que agochan as Illas Atlánticas.
Ao longo dos tres trimestres iremos coñecendo un pouco máis sobre Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, as catro illas que forman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Non obstante, entre todas, a illa de Ons será a nosa protagonista. En torno a ela xirará o noso produto final, no que poremos en práctica todo o aprendido: historia, natureza, arte, lingua, tecnoloxía… e moita creatividade!
Será unha aventura chea de descubrimentos, traballo en equipo e ilusión.