Sementando poemas

Co gallo do día da poesía estamos empezando a preparar a nosa sementeira, pero non pensedes no horto, estamos preparando unha sementeira de poemas!

Xa vos advirtimos que dentro de pouco van aparecer poemas sementados en moitos lugares, os propios nenos e nenas do colexio os sementarán, no lugar menos esperado poden aparecer, e se atopades algúns xa vos digo que podedes axudarnos a espallar a sementeira. Só tedes que ler o reverso do poema e seguir as instruccións, e se facedes o que se vos pide pode que a fotografía sexa publicada aquí, xunto co lugar onde nos axudastes a sementar.

Aquí tedes o que aparece no reverso dos nosos poemas sementados:

1. Se atopas este poema, leo e goza del.

2. Se che gustou, déixao no mesmo lugar ou lévao para outro sitio para que máis persoas poidan gozar del.

3. Se o levas para outro sitio, colócao nun lugar visible, faille unha (1) foto e envíanola por WhatsApp ao 698 119 292, tenta que na foto non se vexan rostros, xa que así poderá ser publicada na nosa web.

4. Cando nos envíes a foto, indícanos o lugar onde está feita a fotografía (así saberemos por onde vai agromando a semente da nosa poesía e da nosa lingua).

5. Pedímosche, sobre todo, que non o tires nin o estragues, porque estarías esnaquizando un anaquiño de cultura e de ilusión de nenos e nenas, que son cousas que todas e todos precisamos.


MOITAS GRAZAS!!


Qué vos parece? Estades dispostos a axudarnos?

Poema elaborado por dúas alumnas de 6º B, do autor homenaxeado este curso o Día das Letras Galegas


Soltámolo na nosa visita á Xunta de Galicia en Santiago.


Poema de Fina Casalderrey elaborado polo alumnado de 6º A que foi soltado nun parque en Santiago de Compostela.

Alguén que o atopou fíxonos chegar esta foto e estas palabras: "Na Escola Infantil Tras Parlamento de Santiago de Compostela. Que bonita iniciativa!"

"Salve" de Florencio Delgado Gurriarán elaborado por alumnado de 5º de E.P.

Mirador Roc del Quer (Andorra)

15 de abril

Parece que este poema viaxou moito.

En San Sebastián (17 de abril)

Poema de 5º de Educación Infantil, deixado no parque infantil de Médico Ballina en Lérez. Se ampliades a foto veredes onde está.


Poema elaborado por 6ºB, "Acolá Enriba" de Rosalía de Casstro, está en Foz (Lugo)


Praza de María Pita

Poema soltado na Coruña

Rúa do Orzán. A Coruña

Ás poucas horas

Rúa do Orzán, 82

"Bo día, preciosa poesía de Rosalía que gozamos. Pasámoslla aos nosos veciños"

Rúa Ramón González, 47. O Porriño. É un poema de 5º de Educación Infantil.


Un poema de 5º de E.I. foi deixado na ponte peoníl da Illa das Esculturas.


Parque de Portonovo. Espiñeiro


Alguén o atopou no propio parque e mandou estas palabras: "Lido polo meu fillo Enzo no parque do Espiñeiro"


Alguén o deixou no "Café Nandy's" no mesmo parque


CEIP Nicolás del Río. Cedeira (A Coruña)


Poema soltado en A Tafona (Caldas de Reis)


O 13 de maio o alumnado de 1º e 2º fixo unha saída á Xunqueira de Alba...


Mirade o que sementamos... a ver se este poema viaxa...


Pois sí, ese mesmo día á noitiña, apareceu na Ponte do Burgo


Dous días máis tarde estaba no Campo da Torre


O 15 de maio alguén sementou un poema en Cabárceno (Cantabria)


Dous días máis tarde apareceu en Covadonga (Asturias)


Barrio de Navia (Vigo)

Alguén deixou un poema de 5º de Educación Infantil na cidadde de Vigo.

Como podedes ver uns poemas viaxaron moito e outros non volvemos saber deles.

O noso obxectivo está cumplido, espallar un pouquiño da nosa cultura polos diferentes lugares que visitamos no mes da lingua.