Títulos para "Arias Xela"

6 Títulos para Xela Arias

Denuncia do equilibrio

Publicada en 1986, cuestiona a orde establecida e afonada con inquidanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre.

A poesía do retrato.

Máis de 40 retratos publicados por Xulio Gil en diferentes épocas de Xela Arias, combinados cunha escolma dos seus versos.

Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias

Xela Arias reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas

Diario a Dario

Libro de poemas de poemas dedicado ao seu fillo que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade.

Non te amola!

A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxectoa vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literiario ao lado da ilustradora Luz Beloso.

Intempériome

É o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte.